XXVI FESTA DOS CALLOS: VENDIDAS 22.000 RACIÓNS

O vindeiro xoves día 3 de outubro, Concello do Porriño, a asociación de comerciantes ACIPOR e a asociación de hostaleiros AHOSPOR farán balanzo da XXVI edición da Festa dos Callos que se celebrou onte.
Os datos provisionais “son moi satisfactorios ainda que a choiva, sobre todo na tarde, restou algo de participación, a pesares de que Porriño estaba de bote en bote” valorou Sergio Casal, concelleiro de Comercio.

José Manuel Fernández, presidente de AHOSPOR cifrou en 22.000 o número de racións de acllos vendidas polos 37 establecementos que este ano participaron na Festa dos Callos. “Non chegamos ás 25,000 que agardábamos por culpa do tempo”, indicou.

Non obstante o vindeiro xoves “realizaremos un balanzo máis polo miudo” manifestou Noelia Conde, xerente de ACIPOR aproveitando a reunión que xa ten convocada.
Ese día, ás 18 horas,o concelleiro de Comercio e os dirixentes de ACIPOR a AHOSPOR reuniránse no salón de sesións do Concello para iniciar os preparativos da vindeira edición do “Pinchorriño”.

Concello do Porriño renova o parque móbil municipal para mellorar a seguridade dos traballadores e garantir a eficiencia enerxética

O Goberno Municipal do Porriño licitou a renovación total do parque móbil do Concello mediante o sistema de “renting” para garantir a seguridade dos vehículos e dos traballadores municipais empregando criterios de eficiencia enerxética e aforro do gasto público. A operación rematou esta semana coa firma dos contratos cunha vixencia de 4 anos.
O parque móbil do Concello ten unha media de 15 anos, pero hai vehículos que superan as dúas décadas de antigüidade. Especialmente o que atinxe os vehículos adscritos ó departamento de Vías e Obras que “teñen unha idade media de 25 anos cun evidente mal estado e obsolescencia”, segundo un dos informes técnicos recabados polo goberno municipal.


A necesidade de renovar o parque móbil era tal que o comité de seguridade e saude do persoal do Concello tiña denunciado que se atopan “nun estado de uso lamentable cun mantemento inexistente, con filtracións de gases e auga no interior dos habitáculos e cunha quilometraxe que nalgúns casos supera o medio millón de quilómetros” segundo denunciou a representación laboral nun comunicado que se adxunta.


Precisamente o goberno municipal cando prantexou a renovación do parque móbil do Concello consultou con todos os xefes de departamentos para consensuar as necesidades de servizo e canto persoal ía utilizar os vehículos.

Deste xeito determinouse un prego de condicións para renovar o parque móbil con 25 vehículos mediante concurso público que se iniciou con data 26 de marzo deste ano.
Na licitación estableceronse cinco lotes. Presentaronse un total de seis empresas, ningunha delas de Porriño. Eran da provincia de Pontevedra, doutras provincias galegas e tamén había firmas doutras comunidades autónomas.
Catro lotes foron gañados por “GrupiVazgle”, de Lugo e o restante pola firma “Rodosa”, de Vigo. A firma lucense é proveedora de vehículos en “renting” para concellos gobernados polo PP en Galicia e Asturias como O Vicedo e Arteixo ou cidades como Oviedo ou concellos gobernados polo PSOE como Lourenzá ou Xixón, ademáis de proveer a outras administracións públicas en Andalucía e Cataluña.
Conforme faculta a vixente Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público as empresas participantes podían realizar melloras. A razón social “GrupiVazgle” ofreceu melloras de calidade nos vehículos, de maior gama, mellor motorización, con quilómetros ilimitados, incluindo seguros, reparacións e vehículo de sustitución e cumprindo coa normativa “Euro 6” de eficiencia enerxética. Todos eses aspectos baremados decantaron no seu favor a decisión da mesa de contratación.

“Amazon” rematou a selección de persoal e agarda abrir a central loxística en outubro

Hoxe xoves 26 os 40 aspirantes elixidos para traballar na central loxística de “Amazon” que abrirá en Porriño, viaxaron a Barcelona para iniciar a súa formación.  A axencia “Manpower” realizou a selección de persoal entre centenares de peticionarios. A plantilla ampliaráse en datas de maior demanda como “Black Friday”, campaña de Nadal e rebaixas de inverno.

Namentres “Amazon” acelera os preparativos para a apertura da súa central loxística que se producirá en outubro. “Se todo va bien en torno o 7 de outubro” manifestou David Alonso, concelleiro de Emprego.

“Amazon” que dispon de licenza de obra dende o 1 de agosto, realiza a reforma da antiga nave de “Arcelor” que mercou para establecer a central loxística no polígono industrial de Prado-Budiño. Estáse a reformar unha nave preexistente de 1927 metros cadrados construídos dentro dunha superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar.

A Policía Local do Porriño informa de cortes e restriccións de tráfico para o venres 27

A Policía Local informa dunha serie de cortes e restriccións de tráfico que se realizarán mañá venres co gallo de diversos eventos deportivos, no abeiro da programación das Festas do Cristo. 

Tratase dos seguintes eventos: Marcha Popular e Exhibición de Patín en Liña; a Milla Urbana de Atletismo e finalmente o Criterium Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo, que cumpre a súa 42ª edición e que é popularmente coñecida como “A Nocturna”.

A continuación detallamos os cortes e restriccións

 

Comeza o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música do Porriño

Dende este xoves 26 de setembro, permanecerán expostas as listas coa orde da matrícula para o curso 2019-2020 que se poden consultar na Escola Municipal de Música e no Centro Cultural Municipal do Porriño.

O periodo de matrícula para o vindeiro curso iniciase o luns 30 de septembro ata o xoves 3 de outubro en horario de 16 horas a 20,30 horas nas mesmas instalacións da Escola Municipal.

O curso comezará o luns 7 de outubro para todas as especialidades.

Para calquera cuestión poden remitir un mail a emmporrino19@gmail.com

https://www.facebook.com/escolademusicamunicipalporrino/photos/a.120671719328812/120671682662149/?type=3&eid=ARCnRdOiU_NkP6SR0mMltRkfZWuGFqrdWw7NUogt9F6jynEIGygeQ2JZeoMOHg-oKY1pvE6JRv1EkjwP&__xts__%5B0%5D=68.ARCbzrMyt_8bdY5HufMlWoga52s7WFavVnPOOUDcagt8gF_LmtTmSBRNAu87G5shcCqmdC6w-kVkeRO0VwGVEAJZPltA91io0RxiZAzEL8lqQF09_Iu8Y3TlUmVB2dzw7W7EeuGYU0zxBaXklUbPXDAcsRF0A7-URq_YASobPZbNnicBS2iEH62-P2uJeBscslppSnyjUc4LMo3f73Y7sG2Guhx9uYAbF3rE1OIXGDLzYF_ko3-Q-1AKfNFMrryrfO4y8B7bAsuptaDucdTx3ZqQsEMq89JE7KoyzZwMSu5vv-tE_J9mGFRhQdzjz-aWCxjop_LfOQOXqLqV-keX_JwJ8qi4nyodsVN-_k7W2s1SlWxz_zAQJJBUJojq0KGOFmVXUl5cfInayEw70DRbidY-OeRWkkAAaTcx1N02FscLyuiWphkRdJHEzg6QpxfQKhtsxof8HoeycZvZX8PuoB7KLxXBzDgSGuzcl7IGLWzO2a2qosG3xj3SoQ&__tn__=EHH-R

O primeiro Rally Mix Concello do Porriño discurrirá pola Graña e A Risca

As dúas mangas no que estará dividido o primeiro Rally Mix “Concello do Porriño” discurrirán entre o centro da vila, A Graña e A Risca, ó longo da tarde do sábado 28 e a mañán do domingo 29. 

Os detalles da proba deronse a coñecer hoxe nunha roda de prensa presidida pola concelleira de Seguridade, Lourdes Moure na que participaron representantes da escudería “Surco” organizadora do evento; Federación Galega de Automobilismo; Xunta de Galicia e Concello de Porriño. Tamén estiveron representados os patrocinadores privados, os concesionarios “Gumerjo”, “Rivada” e A Banca.

“Promovemos o Rally Mix Concello de Porriño coa intención de que se consolide na programación das Festas durante o derradeiro fin de semana, é dicir durante o chamado “Recristo” e tamén coincidindo coa Festa dos Callos e cos milleiros de visitantes na nosa vila”, dixo Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.

Iván Corral, presidente da FGA suliñou que “o chamado rally mix é unha fórmula low cost que ven de Irlanda e que permite incoporarse ó mundo do automovilismo a moitos afecionados dun xeito económicamente moito máis doado”.

Trátase dunha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto na que poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo sen matricular o que simplifica as inscripcións.

Na mesma liña Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes enagadiu que “a Secretaria Xeral do Deporte conveniu coa Federación patrocinar este tipo de probas das que hai dúas na provincia (Cuntis e Porriño) como achegamento a este deporte”.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, David Alonso agradeceu “a colaboración dos veciños do barrio de A Graña que nos permiten realizar esta proba e son moi comprensivos a pesares das molestias”.

O pleno ordinario de setembro marcado polo cambio climático

A corporación local do Porriño aprobou ata tres mocións diferentes para expresar a súa preocupación pola situación de emerxencia climática que terá expresión na participación o vindeiro venres na Xornada Mundial contra o Cambio Climático. Escolares e estudantes de todos os centros de ensino do Porriño concentraránse ante o consistorio a mediodía e contarán coa adhesión do Concello.
As mocións aprobadas polo pleno municipal son coincidentes no seu corpo argumental ainda que teñen matices. Foron presentadas polo PP, BNG e EU Son.

No que atinxe a outros asuntos, a petición de realizar cambio de sentido do tráfico na rúa Salgueira, prantexada por EU Son desestimouse.
A moción presentada polo PP sobre un suposto incumprimento de contratos da empresa “Ascan Servicios Urbanos” quedou enriba da mesa, a proposta do propio voceiro popular. Alejandro Lorenzo argumentou que prefería pospoñer o debate ata disponer “dun informe que revise os contratos o seu grado de cumprimento”.


Por unanimidade aprobouse establecer como os dous festivos locais no calendario laboral de 2020, o luns 13 de xullo (porque San Bieito caerá en sábado) e o 28 de setembro, Luns do Cristo.
Nesta sesión despidiuse como concelleira Ana Belén Crespo, do grupo municipal do BNG o que se comunicará á Xunta Electoral para iniciar o proceso de sustitución por outra integrante da candidatura do partido nacionalista.

A concelleira de Educación asistiu ó acto central do Día Europeo dos Minerais

Lourdes Moure, concelleira de Educación representou ó Concello no acto central do Día Europeo dos Minerais que se celebrou en Porriño, na canteira da firma “Blockdegal”. 

Un grupo de estudiantes do IES Ribeira do Louro participou nunha visita guíada pola canteira que é unha das máis grandes adicadas a extracción de granito “Rosa Porriño”e que se manten en funcionamento. 

O acto foi organizado polo Centro Tecnolóxico do Granito para afondar no coñecemento da actividade mineira, especialmente, a través da mocedade porriñesa. 

A concelleira dirixiu unhas palabras ós mozos e mozas que participaron na visita ás instalacións para que tomarán conciencia “da importancia que tivo e ten para O Porriño o sector da pedra e derivados que poden supoñer para algúns de vos unha futura saida profesional”, indicoulles Loures Moure. 

 

 

 

 

O mércores 25, pleno municipal ordinario da Corporación Local do Porriño

A sesión ordinaria correspondente a setembro celebrarase mañá mércores 25. Comezará ás 18 horas.

Salientar que ademáis da aprobación de actas de sesions anteriores e dación de conta de decretos da alcaldía, incluense 4 mocións e a comunicación da renuncia da concelleira Ana Belén Crespo, do grupo municipal do BNG.

Asimesmo se tratará fora da orde do día unha proposta de acordo, como asunto urxente, que presentará o goberno municipal. Tratase de determinar os festivos locais para o ano 2020 que serán 11 de xullo, San Benito, e 28 de setembro,  Luns do Cristo.

 

Terá prezo único a 5 € PORRIÑO AGARDA DESPACHAR 25.000 RACIÓNS NA XXVI FESTAS DOS CALLOS

Trinta e sete establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame é o principal evento gastronómico do ano en Porriño e constitue un dos principais reclamos dos festexos do Cristo que rematarán ese día 29.

Agárdanse a milleiros de visitantes coa previsión de que “os establecementos cheguemos a vender 25.000 racións de callos”, dixo José Manuel Fernández, presidente da asociación AHOSPOR, superando deste xeito o rexistro de 2018 que foi de 20.000.

Organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial ACIPOR coa colaboración do gremio de hostalería. Os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso protagonizaron a roda de prensa de presentación xunto coa xerente de ACIPOR, Noelia Conde e o devandito José Manuel Fernández e Fran Castiñeiras, en representación de AHOSPOR.

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos. Hoxe tamén presentouse o cartel anunciador da Festa. O acto rematou cunha degustación gratuita de callos para asistentes e público en diversas preparacións elaboradas por varios de los establecementos participantes.

O concelleiro de Festas, David Alonso lembrou que o domingo haberá animación de rúa e por barrios da vila en horario matinal con dúas charangas e tres grupos  folklóricos e de gaitas. Pola tarde dous concertos musicais, un espectáculo de maxia para nenos e pola noite as dúas últimas verbenas coas orquestras “Solara” e “Tango”.

E ademais habera varios eventos deportivos entre os que destaca como novidade o Rally Mix Concello do Porriño cuios detalles serán presentados mañá mércores en roda de prensa no consistorio, a partir das 10,30 horas.