Programación cultural de outubro do Concello do Porriño: CONTACONTOS INTERACTIVO EN INGLÉS

A programación cultural do Concello do Porriño do mes de outubro rematará coa sesión da Contateca que albergará o vindeiro xoves 31 unha función chamada “Contacontos interactivo en inglés”.

Trátase dun espectáculo de Beatriz Alonso Cabaleiro mediante a lectura dun conto ilustrado e a realización de actividades plásticas. Segundo explica “Hey there, it´ s storytime! Leremos un conto ilustrado e realizaremos actividades plásticas relacionadas cos nosos personaxes favoritos mentres cantamos cancións infantís en inglés. Un plan divertido e apto para todos os niveis”.

A función será a partir das 18 horas con entrada de balde ata completar aforo na Biblioteca Municipal.

 

Rematou o ciclo de teatro para adultos

O concelleiro David Alonso, en representación do goberno municipal, e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta, asistiron á función final do ciclo de teatro para adultos.
Ó longo do mes de outubro foron cinco sesións, incluídas na programacion cultural do Concello de Porriño.
O grupo “Atrezo” representou “A decisión de María” no Centro Cultural Municipal.

Realizase a tala de outras catro árbores do Parque do Cristo

Persoal e maquinaria da concesionaria “Ascan” co apoio de funcionarios e técnicos municipais realizan hoxe a tala de outras catro árbores do Parque do Cristo que presentaban risco de derrubarse.

Estánse a retirar un plataneiro situado dentro do recinto de xogos, e tres tilos. Un centenario e outros dous máis xóvenes que están diante do acceso principal ó Hotel Parque. Primeiramente retiranse as polas e logo se talarán os troncos pola base.


Estas catro árbores eran as que presentaban maior grado de deterioro e polo tanto risco de caída segundo a avaliación realizada pola consultora “Adoa” e súmanse ós cinco que xa talaronse en semanas anteriores.
O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal que acudiu en muletas debido a unha recente intervención cirúrxica, sinalou que en breve recibirá un informe máis amplo da consultora para determinar cantas árbores máis están podres e polo tanto son susceptibles de ser talados tamén.
Na actualidade no parque do Cristo quedan 25 árbores, a meirande parte son tilos.

O Ministerio de Fomento da luz verde á cesión do tramo da N-120 en Cans pedida polo Concello do Porriño

Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ó Concello do tramo da N-120 ó seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.
A cesión solicitouse en 2015 por acordo da Corporación Municipal porriñesa, a instancias da veciñanza de Cans que recolleu firmas e trasladou a proposta ó enton concelleiro de Obras, Marcelino Coto.
Recentemente, o pasado 11 de setembro, a alcaldesa Eva García lembrou por carta ó ministro de Fomento, José Luis Ávalos esta reivindicación que finalmente será facilitada polo Ministerio de Fomento segundo a resposta remitida por Javier Herrero, Director Xeral de Estradas do Ministerio, tamén a través de carta que acaba de recibirse no Concello.

Lembremos que segundo o acordo plenario que se adoptou hai catro anos, que ese tramo da N-120 sexa cedido á titularidade municipal é fundamental xa que ata de agora calquera veciño que quere acometer unha obra ten que solicitar autorización ó Ministerio. Asimesmo a cesión ó Concello permitirá acometer a humanización dese vial e sacar o tráfico pesado desa zona, con cargo a unha partida do propio Ministerio de Fomento, segundo se solicitaba.

Por outra banda, nesa mesma misiva, o responsable ministerial contesta a outra demanda do Concello de O Porriño que ven requerindo a mellora do acceso á Autovía A-55. A resposta de Fomento condiciona unha solución ó proxecto de novo trazado da Autovía A-52 entre O Porriño e Vigo que conlevaría remodelar o enlace de Sanguiñeda coa A-55, “o que redundará nunha mellor conexión co Porriño”. Dito proxecto require tramitación ambiental, será sometido á información pública unha vez que se aprobe provisoriamente.

O Concello retirará a simboloxía franquista da Igrexa de Santa María aproveitando as tarefas de limpeza

O Concello de O Porriño procederá a retirar a simboloxía franquista da Igrexa de Santa María unha vez que reciba autorización da Comisión Provincial de Patrimonio. O Concello instou ese permiso ó tempo que tamén solicitou autorización para limpar a fachada da pintura rosa que fora arroxada o pasado 18 de xullo. A limpeza da fachada efectuaráse con vapor seco, segundo require a Xunta de Galicia da que depende Patrimonio.

Ambas actuacións consensuaronse polo goberno municipal porriñés coa diocese de Tui-Vigo e co cura párroco da igrexa de Santa María. Asimesmo consultaronse cos grupos políticos do BNG, EU Son e UDDL.

A actual Igrexa de Santa María data de 1913. Fora construída sobre o antigo templo que amenazaba ruina, baixo deseño do arquitecto Felipe Quintana. A obra foi financiada por catro filántropos porriñeses Ramón Gónzalez, Servando Ramilo, Manuel e Enrique Rodríguez.

Convocadas tres comisións informativas para preparar o vindeiro pleno municipal

Eva García, alcaldesa de O Porriño convocou para este xoves 24, de tarde, tres comisións municipais que deberán informar diversos asuntos para o vindeiro pleno da Corporación Local.

A primeira comisión será a de Economía, Facenda e Persoal (19 horas) que leva asuntos financieros de gran trascendencia pois trátase de desatascar o pago de facturas e servizos por un importe global de preto de 2.700.000 euros.

A tal fin propónse a aprobación definitiva de dous créditos extraordinarios para aboar 1.738.000 euros de facturas da conta 413 e para pagar 473.000 euros para facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.

Ademáis propónse para aprobación inicial, un crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.

Asimesmo levanse a esta comisión a ratificación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño que fora aprobada en maio polo pleno municipal. E tamén vai a esta comisión a ratificación da partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da base 27 dos orzamentos municipais prorrogados).

Por último o grupo EU Son traslada a esta comisión informativa dúas mocións, unha delas relativa a operación de renting de renovación do parque móbil municipal cuia revisión prantexa.

Comisións de Limpeza e Servizos Sociais

A seguinte Comisión Municipal convocada para mañá xoves (19,30 horas) é a de Limpeza, Parques e Xardíns que informará sobre a aprobación dos costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño. Tamén vai nesta comisión a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan”.

Finalmente haberá unha terceira comisión municipal, de Servizos Sociais e Igualdade (20 horas) que tan só leva na orde do día a adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF).

O Concello estuda colaborar co CD Pontellas para a viaxe do plantel a Tolosa para a eliminatoria da Copa do Rei

Marta Costas, presidenta del CD Pontellas mantivo hoxe na Alcaldía unha reunión con Eva García e co concelleiro de Deportes, David Alonso. A directiva solicitou axuda económica e loxística do Concello para afrontar a histórica participación do CD Pontellas na Copa do Rei. O equipo local deberá xogar unha eliminatoria a partido único o vindeiro 13 de novembro contra o Tolosa.
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes comprometeronse coa presidenta do CD Pontellas a que o Concello estudará a viabilidade de sufragar co cargo ó erario municipal, a viaxe e aloxamento do plantel en terras vascas.
Lembremos que no caso de superar esta previa, o CD Pontellas xogaría na seguinte ronda da Copa do Rei contra un equipo de Primeira División que tería que vir a Porriño. O teórico rival non sería ningún dos catro que están a xogar a Champions League (Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid ou Valencia).

O Concello agarda que a Xunta concrete dotación orzamentaria para a execución da variante da PO-510 que semella “boa e ilusionante”, segundo a alcaldesa

A Alcaldesa valorou como “boa e ilusionante” a alternativa que a Xunta de Galicia está a prantexar para resolver o problema de tráfico e seguridade vial no barrio de A Vaquería en Budiño. Eva García reuniuse hoxe cunha representación veciñal para comentar a proposta de variante da estrada PO-510 que a Xunta trasladou onte a veciñanza. Segundo esa proposta a Xunta pretende resolver o problema mediante un vial que conecte a PO-10 coa Autovía A-55 sobrevoando o polígono industrial de A Granxa.
Unha solución de semellante natureza que carece de momento de dotación económica nos Orzamentos Xerais de Galicia para 2020 requerirá establecer acordos co Ministerio de Fomento para realizar a pretendida conexión e cos empresarios do Polígono de A Granxa para resolver os accesos a fábricas e empresas afectadas.
A alcaldesa informou ós veciños que agarda manter en breve unha reunión con Francisco Menéndez, director xeral da Axencia Galega de Infraestructuras que foi o interlocutor da Xunta de Galicia coa veciñanza de A Vaquería. “De feito esta alcaldesa tomará a iniciativa a pedirei a reunión canto antes pois co proxecto de Orzamentos de Galicia 2020 xa en trámite parlamentario non haui tempo que perder”, dixou Eva García.
Por outro lado a rexidora indicou que dará traslado deste asunto ó grupo parlamentario do PSdG-PSOE na cámara autonómica para que faga unha enmenda os Orzamentos da Xunta para 2020 que contemple unha partida para facer o proxecto de execución ou ben os preliminares necesarios”, engadiu a alcaldesa.

O Concello do Porriño subvencionará con 3.000 e anuais ó piloto Yago Martínez, campeón de España de motocross sub 18

David Alonso, concelleiro de Deportes anunciou hoxe que o Concello subvencionará cunha achega de 3.000 euros anuais ó piloto porriñés Yago Martínez, campeón de España de motocross sub 18.

O piloto local, orixinario de Atios, acudiu hai dúas semanas ó Concello do Porriño, acompañado do seu pai para tratar co concelleiro David Alonso e co xefe do servizo de Deportes, Julio Bernárdez de esa posible colaboración municipal con este xoven deportista.
Yago Martínez proclamouse campeón de España sub18 de Motocross na tempada que rematou en setembro pasado coa undécima proba do calendario disputada en Molina de Segura (Murcia).
Yago corre con moto “Yamaha” pero non é piloto oficial polo que a súa familia costea os seus gastos co apoio de alguns patrocinadores.
O concelleiro de Deportes decidiu unha achega municipal de 3.000 euros anuais para que este piloto inclua no seu mono, casco ou gorra publicidade de “Porriño, O Concello do deporte”., segundo comunicou David Alonso.

Cartel do XIV Pinchorriño

Finalmente serán 36 os establecementos que participarán no vindeiro mes de novembro na 14ª edición do “Pinchorriño” cuio cartel difundiu a asociación patronal “ACIPOR” que organiza este evento coa colaboración do Concello do Porriño.

O “Pinchoporiño” está prantexado para promoción da hostalaría local, contribuir a desestacionalización do turismo e que siga a ser un reclamo para visitantes do resto da área metropolitana.

Como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.

Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 euros.