A Alcaldesa de Porriño reunirase mañán xoves, ás 18 horas, co comité de empresa da plantilla de “Levantina y Asociados de Minerales” que pedirá á primeira autoridad municipal ó seu apoio ante o expediente de regulación de emprego da firma granitera que se propón eliminar 33 postos de traballo da factoría porriñesa.
Con carácter previo á reunión coa alcaldesa, a plantilla de “Levantina” realizará ás 17,30 horas, unha concentración na praza Arquitecto Palacios para que a veciñanza de Porriño coñeza e tome conciencia do risco que corren os seus empregos.
Dende a súa adquisición por un fondo de pensions británico, a plantilla de “Levantina” en Porriño temía recortes que agora xa están enriba da mesa. Unha proposta de ERE que a empresa xa tén presentado e que deixaría sen traballo ó 20% do personal que tén a factoría asentada no polígono das Gándaras e que os traballadores rexeitan.
Como fixera con anterioridade ante conflictos laborais similares (lembremos o caso de “Frigolouro”) Eva García de la Torre accediu á petición de reunión que realizou o comité de “Levantina”. Os sindicatos que representan á plantilla da empresa, un dos principais referentes industriais da comarca, demandan ás administracions públicas un exercicio de responsabilidade para protexer os empregos e a capacidade productiva instalada en Porriño.
Cunha facturación anual superior ós 30 millons de euros, a factoría porriñesa de “Levantina” (antigamente “Graninter”) está considerada como unha empresa líder do sector da pedra en Galicia.