A campaña de loita contra a ‘Vespa Velutina’, que empezara a mediados do mes de febreiro, e que consistirá en repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atraínte deste insecto, en todas as parroquias do Porriño, deu coma resultado a eliminación de máis de 25.000 exemplares de raíñas.
Hai que lembran que a finais da campaña do 2017, as trapas lograran acabar con algo menos de 4.000 raíñas, polo cal o concelleiro de Medio Ambiente, Marcelino Coto, non dubida en cualificar o resultado deste ano de “espectacular”.
Hai que lembrar que nesta campaña o Goberno local optara por involucrar ás veciñas e veciños dirixidos por avicultores, coma José Pampillón, Antonio Pérez Oliveira e José Porto, que foron os encargados de que houbese, a ,lo menos, dúas persoas en cada unha das parroquias que colocasen as trampas nos lugares máis acaídos de cada unha, se asegurasen que tiñan sempre o atraínte, controlasen o número de exemplares que caían nos mesmos e, ao final da campaña, recuperasen as trampas, que poderán empregarse, de novo na vindeira campaña.
Os tres subliñan que a colocación das trampas, “algunhas delas ata a 40 metros de altura”, fíxose “no momento e nos lugares axeitados: dende mediados de febreiro a principio de maio e onde hai flores da camelia, que é a onde acoden a velutina estes meses”.
Este feito deu coma resultado, engaden os apicultores, “fixo que este ano teñamos un 45% menos de vespa asiática no Porriño”, un resultado que Marcelino Coto sinala que é o mellor de todas as campañas que levamos realizadas e que “amosa que aquela idea de ‘mobilizar’ aos veciños para loitar contra especie invasora, está a funcionar”.
Coto lembra que xa o ano pasado, no que se eliminaron seis veces menos de vespas raíñas que neste 2018, a Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo felicitará ao Concello do Porriño polo seu traballo de loita contra este insecto, o cal sinala que “temos emprendido o camiño correcto para enfrontarnos contra esta ameaza”.
Neste eido, os apicultores, logo de agradecer a axuda e o compromiso do Concello, advirten que hai que seguir co traballo de loita que, dende este mes centrarase nas zonas que están preto sa colmeas das abellas, ás que a Velutina acoden “na procura de alimento para as súas larvas”.

Programa
Ás 10 e media será o momento da ‘Animación na rúa’, coa actuación da Charanga OT. A mesma dará paso, ao mediodía, ao pregón, que este ano será a cargo da cociñeira porriñesa Marta Rodal, que compaxina o seu posto de directora da Escola de Cociña ‘O Xogo da Ola’, co traballo no Restaurante Jorge Lorenzo. No mesmo tmén intervirán o concelleiro de Comercio, Marceino Coto, e a alcaldesa, Eva García de la Torre.
Ás 12:30 horas empezará o show cooking ‘Maridaxes do Pan do Porriño con produtos artesáns’, a cargo das alumnas e alumnos da Escola EFA A Cancela.
O concelleiro sinalou que as pasadas edicións foron un “éxito” e que agardaba que neste 2018 seguise na mesma liña. Para facelo posible, engadiu, conta coa colaboración “total” do Concello que este ano, ademais da animación na rúa, coa actuación de charangas, tamén farase cargo da colocación dunha carpa de 150 metros cadrados, do sistema de son e do corte do tráfico, por medio da Policía Local. Ademais, haberá inchábeis, de balde, para que as cativos e cativas “poidan divertirse, tamén”.
A apertura estivo presidida pola alcaldesa,Eva García de la Torre, o deputado provincial Carlos López Font, o concelleiro de Medio Ambiente, Marcelino Coto, e representantes da Agrupación Apícola de Galicia e a Agrupación de Apicultores de Pontevedra.
A feira, que abrangue xornadas técnicas e un mercado no que pode mercarse mel, material de apicultura e produtos artesáns, iniciara este venres con actividades nas que participaron alumnas e alumnos do CEIP de Atios, ademais de talleres sobre trampas para vespas velutinas e elaboración de xabrón con mel.
Dende as 10 da mañá deste sábado, arrancaron as xornadas técnicas nas que se debaten temas coma os métodos de recolección –a cargo do doutor Félix Adanero-; control da mortalidade e produción intensiva –por David Sousa Alonso, técnico apícola en Eco Abeja S.L.-boas prácticas na alimentación apícola –con Fina Gonell Galindo de Pajuelo Consultores Apícolas S.L.-ou un taller de nutrición e alimentación das abellas.
Estas son algunhas das conclusións ás que apuntan os estudos dos arqueólogos Francisco Alonso, Oria Ferreiro, Mario Fernández-que está a facer a súa tese doutoral- José Carlos Sánchez e Tania Rial, pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela (USC), e que durante o seu traballo sacaron a luz restos dunha edificación e restos de tellas, cerámica e vidro que, segundo indicaron, poderían ser da época ‘tardo-antiga’, á que os científicos refírense coma ‘séculos escuros’, un dato que podería ser confirmado cando un laboratorio estadounidense remate as probas do ‘Carbono 14’.
A intención de Marcelino Coto é que o Concello, xunto coa Deputación de Pontevedra, impulse e facilite a continuidade do traballo, que se leve adiante un “proxecto de conservación e recuperación neste lugar” e que o mesmo sexa visitado polos porriñeses con especialistas que expliquen a súa importancia e a súa historia.
O concelleiro salientou o feito de que coma indicaron os arqueólogos, ata hoxe non se fixera unha escavación así nun xacemiento semellante en toda Galicia, e que se tratase dunha ‘acrópole’ que formaba parte dunha construción composta por tres ‘coutos’, con tres liñas de murallas, que puideron ocupar, en conxunto, unhas 11 hectáreas, facendo do Faro de Budiño, coma salientou Mario Fernández, “unha grande fortaleza” en altura.