Este martes, día 15 de agosto, coincidindo co día festivo, non haberá o habitual mercadiño do Porriño, como informa o concelleiro Orlando Márquez.
Este martes, día 15 de agosto, coincidindo co día festivo, non haberá o habitual mercadiño do Porriño, como informa o concelleiro Orlando Márquez.
De cando se celebra
Art 1.- A FESTA DO STO CRISTO 2017 celebraráse nas datas do 22 O 25 de setembro e RECRISTO dende 30 e 1 de outubro do 2017, dende 11h ata 04 h da madrugada de venres 24 e o luns 25 dende 11h ata 03h da madrugada . O día sábado 30 de 11h ata 03,30h da madrugada e domingo 1 de outubro dende 11h ata 02h da madrugada. Fora desas datas e horario non se permitirá a apertura de ningún posto na rúa asi mesmo da música dos locais.
Art 2.- A festa extenderáse polas seguintes rúas e plazas: rúa Ramón Gonzalez e Manuel Rodriguez, at bar Colleo con pinzas, praza Arquitecto Antonio Palacios e Barrio San Benito e San Sebantian , rúa Pio XII e Servando Ramilo e como derradeira rúa Domingo Bueno , Avelino Villasuso e rúa Ramirans. .
Art 3.- Fora do recinto establecido non se permitirá o asentamento de ningún posto na rúa nin a venda ambulante de ningún producto.
II.- DOS POSTOS DE VENDA
Art.1.- Estableceránse catro clases de postos de venda:
Art.2.- non se admite a palla, este elemento decorativo non está permitida .
Asi mesmo o uso de animales.
Art. 3.– A instalación dos postos dos barrios San Benito e San Sebastián , de degustacións, que dispoñan de cociñas, bombonas, asadores, parrillas ,brasas, deberán estar protexidos xa que poden supoñer un perigro para as persoas. A organización non se fai responsable dos danos ocasionados por este tipo de instalacións.
Os toldos soamente serán de cor brancos, granates ou negros, ou ben de teas de saco.
Art. 5.- Non se permitirá música, fora do horario esteblecido poila lei..
Art 6.- Todos os postos deberán presentar a maior hixiene e limpeza posible.
Art 7.- No momento da procesión do Sto Cristo as terrazas e todos os obstáculos que poidan ocasionar a boa organización de dita procersión non estarán permitidos.
III.- DA SOLICITUDE DOS POSTOS DE VENDA
Art 1.-
Prescricións : Para obter posto de venda na festa DO STO CRISTO hai que porse en contacto no tf 986335000 (Concello do Porriño) onde se facilitará información xeral de dita festa en horario de luns a venres de 09h ata 14h, dende o día 03 de AGOSTO ao 15 de SETEMBRO.
Rematado dito prazo , e unha vez aceptado o posto , informaráse o correspondente pago de taxas previsto na Ordenanza municipal en vigor,.
Aceptacións: Unha vez cumprimentado o pago de ditas taxas no Oral (Deputación Provincial de Pontevedra)o lugar correspondente de ocupación, o asinará a empresa organizadora de distribucións de ditos postos.
Ditos impresos e xustificacións de pago entregararánse nas dependencias do Concello do Porriño en horario de luns a venres de 09h ata 14h. dende o 15 ata o 18 de setembro incluídos.
Non se admitirá ningún posto sen o recibo xustificante de pago .
Taxas.- Ordenanza reguladora da taxa por instalación de postos, situados en terreo público , asi como industrais na rúa ambulantes estipula a cota de aplicación por posto de venda que será de 1,32 € /m2 día .
Asinación de postos.- O día 13 de setembro asinarase o lugar exacto onde se ubicará dito posto, dita responsabilidade quedará a cargo da empresa productora asinado para elo.
Queda prohibido tasantemente o aluguer ou cesións a terceiros dos postos asinados.
IV.- DA MONTAXE DOS POSTOS DE VENDA
Art 1.- Todos os postos de venda deberán estar montados entre o día xoves 21 ao venres 22 de madrugada de setembro nas festas do sto Cristo.
Art 3.- Non se poderá ampliar os postos con mesas adicionaes ou plataformas, toldos etc. Apertura o venres 21 ás 10h da mañá.
Art 4- Durante o desenvolvemento de dita festa , quedará prohibido a entrada e saída de vehículos, nin obstáculos dentro dos recintos da festa.
V.- DAS MERCANCIAS
Art 1.- Os productos de venda deberán ser naturaes, autoctonos feitos a man, ou elaborados na casa, de caracteristicas artesanaes, e ancestraes.
Art 2.- Queda totalmente prohibido a exposición e uso de animaes vivos.
VI.- DAS COMIDAS
Art 1.- Os postos de comidas deberán coidar estremadamente os seus menús e o servizo, tendo en conta as seguintes normas:
VII- DOS VENDEDORES MONTAXE E DESMONTAXE RECRISTO
–Art 1.- Unha vez rematada as festas o día da madrugada do luns 25 de setembro, todos os postos da venda deberán estar desmontados e o seu recinto limpo. Asi mesmo nas festas do RECRISTO horarios de montaxe na madrugada do xoves 28 de setembro e desmontaxe o domingo dia 1 de outubro de madrugada. As barras dos establecementos non teñen que ser desmontados durante a celebración das festas.
Art 2.- A organización a través da empresa organizadora así como a Policía local e protección civil do Porriño velará polo estricto e riguroso cumplimento das presentes bases
No Porriño 02 de agosto do 2017
Alcalde acctal
O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, xunto coa concelleira Soledad Girón e o concelleiro Orlando Márquez, acompañaron este xoves ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz, na visita que fixeron ás obras iniciadas pola Confederación, na beira do río Louro ao seu paso pola vila.
O proxecto, que ten un orzamento total de de 62.000€, abrangue varias actuacións en diferentes treitos que suman, en conxunto, máis dun quilómetro de lonxitude e que reforzarán as beiras máis afectadas pola subida das augas nas épocas de choiva.
Para as mesmas empregaranse troncos, estacas verticais, de piñeiro, e a parte superior estará recuberta de terra vexetal que facilitara a reforestación da mesma con especie propias da zona. Así mesmo, haberá unha actuación na senda, que ten partes moi danadas e que, coma lembrou o alcalde accidental, é moi empregada no so polos porriñeses, senón polos peregrinos, dado que a mesma é parte do Camiño Portugués a Santiago.
A actuación da da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil estará completada por outras cinco que porá en marcha o Concello do Porriño nas vindeiras semanas para a mellora de camiños, e que contarán cun orzamento duns 45.000€.
Este xoves, día 3 de agosto, ás 9 e media da noite, na Prza Arquitecto Antonio Palacios, ‘Trolls’, unha película do ano 2016, para todos os públicos.
Coñecidos polos seus pelos de cores, tolos e máxicos, os Trolls son as criaturas máis felices e alegres que irrompen no mundo da canción. Pero o seu mundo de arco da vella e cupcakes cambiará para sempre cando o seu líder Poppy (Anna Kendrick) debe embarcarse nunha misión de rescate que a levará moi lonxe do único mundo que sempre coñeceu.
A vindeira fin de semana, sábado e domingo, 5 e 6 de agosto, organizada pola Comisión de Festas San Blas de Budiño 2018, a parroquia de Budiño celebra a Festa na honra a San Salvador. A mesma empezará ás 11 da mañá do sábado coa misa cantada pola Coral Polifónica do Centro Cultural A Forna e a procesión co grupo de gaitas ‘O son da Forna de Budiño’.
O domingo, logo da misa, ás 2 da tarde chegará a hora do ‘Xantar Popular’ no Torreiro da Forna. Pódense facer as reservas chamando aos teléfonos 605 209 580, preguntando por Balbino, ou ao 653 623 037, preguntando por Vanessa.
Dende as 6 da tarde ‘Verbena’ amenizada pola Orquestra Estrellamar e o Trío Surprise.
O vindeiro domingo, 6 de agosto, Chenlo celebrará a “IX Festa do Cabrito ao Espeto”. O campo de fútbol, en Chan da Carreira, será o escenario deste evento que permite recuperar a forma tradicional de cociñar o cabrito nesta zona.
A implicación de todos os vecinos que participan na organización consiguen que, na súa novena edición, a Festa do Cabrito de Chenlo sexa xa un referente na provincia. Dende a organización esperan repetir o éxito das pasadas e recibir a unhas 2.000 persoas .
A partir das 11 da mañá terá lugar unha degustación de pinchos, e dende primeira hora, a comisión organizadora comezará a asar os cabritos que, arredor da 1 e media da tarde, se servirán na comida popular.
Os prezos serán os mesmos da anterior edición: 20€ por cada ración de cabrito, 12€ a ración de churrasco, 180€ un cabrito enteiro e 90€ medio cabrito. Todas as racións inclúen empanada, patacas, bebida, pan, café e un pedazo de rosca.
Durante toda a xornada amenizará a festa un grupo de gaiteiros e, xa pola tarde actuará o grupo musical ‘3.COM’ e levarase a cabo o sorteo dun Cabrito dos Cabreiros de Chenlo e varios agasallos entre todos os asistentes.
O evento completarase coa Ruta Cabalar que se desenvolverá pola tarde, a partir das 5, e a actuación musical e dj Mark Novo.
Porrrigalia 2017 rematou este domingo con varios dos eventos máis agardados destes días de festa: a final dos Xogos, que este ano consistiron en Tiro de Corda, Tragabolas, Cuadrigas, Tres en Raia, Canasta, Tiro, Esquis Comunitarios e Tiratacos; o Desfile das comparsas, e o espectáculo de luz e fume de Troula Animación.
As finais dos xogos desta edición de Porrigalia estiveron moi disputados e houbo que agardar seica ata as últimos intres das distintas probas para coñecer aos gañadores, que recibiron os seus trofeos e medallas de man da alcaldesa, Eva García de la Torre.
Se os xogos levaron a emoción as gradas do ‘circo’, instalado na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, o desfile dos romanos, galos, exipcios, vikingos, celtas, castrexos e gregos, estivo aínda máis discutido, posto que todos eles amosaron a súa imaxinación, a súa arte, a súa orixinalidade e a súa forza.
O agardado desfile da Garda Pretoriana, xusto antes do apagado do Pebeteiro, co que se remataba o Porrigalia 2017, foi un dos espectáculos máis aplaudidos destes días xunto co impresionante montaxe de ‘Troula Animación’.
Orcos, trolls e animalias… seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolveron aos asistentes no seu delirio de bengalas, instrumentos de percusión, fume, iluminación, levando aos presentes a unha peregrinación eterna, sorprendente e fantástica polas rúas do Porriño.
A noite dixo adeus ao son de ‘Pa ti na ma’, coas mellores versións de flamenco, para despedir esta edición de Porrigalia que viuse completa coa Animación na rúa, a cargo da Asociación Cultural Os Zoqueiros do Porriño, a Charanga Os Imperiais a Asociación Cultural San Xurxo de Mosende e Os Festicultores.
Ademais, os miles de asistentes tiveron a oportunidade de coñecer a arte dos Oficios Tradicionais, da Loita Romana, do rock dos galegos de Astarot ou comprobar que Obús segue soando como hai tres décadas.