Ata o domingo, 22 de abril, a Policía Local do Porriño súmase á campaña de control de velocidade posta en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico.
O obxectivo da mesma é o de reducir o número de mortos e feridos causados polo exceso de velocidade: segundo os datos de Tráfico, transitando a unha velocidade axeitada poderían evitarse a cuarta parte de todas as mortes que se producen, anualmente en todo o país, en accidentes de circulación
A campaña, que se impulsa, ao mesmo tempo, en 25 países europeos por medio da Organización Internacional de Policías de Tráfico (TISPOL), quere mandar a mensaxe de que hai que respectar os límites de velocidade, considerando que no 21,5% dos accidentes mortais ocorridos no ano 2016 a velocidade foi un factor determinante.
O aumento do número de mortes por mor do exceso de velocidade aumentou, principalmente, en vías urbanas, cun crecemento do 18% o que fixo que en 2016 un total 386 peóns faleceran atropelados, o que representa 19 mortos máis que o ano anterior e preto do 25% de todas as vítimas de accidentes de tráfico.
Neste eido, a Organización Mundial da Saúde vén de facer público un estudo no que se indica que o risco de norte entre peóns é do 80% se son atropelados a 50 quilómetros por hora; por riba dos 80 quilómetros por hora as posibilidades do peón de sobrevivir son nulas mentres que a unha velocidade de 30 quilómetros por hora o risco de norte é do 10%.
A Lei de Seguridade Vial e o Regulamento Xeral de Circulación aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos, establece que o incumprimento destas normas está tipificado coma infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 100 a 600 euros.
O artigo 379 del Código Penal, establece que “o que conducira un vehículo de motor o un ciclomotor a velocidade superior en 70 quilómetros por hora en vía urbana ou en 80 quilómetros por hora en vía interurbana á permitida, será castigado coa pena de cadea de 3 a 6 meses e á de multa de 6 a 12 meses e traballos a prol da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, á de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a 1 e ata 4 anos”.
Por último, a Lei do Permiso por Puntos contempla a perda de entre 2 e 6 puntos por esta infracción, dependendo do del exceso de velocidade cometido.