Finalmente son 210 os deportistas inscritos para o Tríatlon Concello de Porriño que se celebrará mañá sábado 8 de xuño. Cun percorrido total de preto de 26 kilómetros que discurrirán dende o río Miño ata a praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do consistorio porriñés onde estará situada a liña de meta.

A saída da proba masculina será ás 17 horas, en Tui e para a proba feminina, dez minutos despois.

As estimacións da organización que apuntaban que esta sexta edición superaría os 200 participantes, cumprironse o que ratifica a capacidade de convocatoria que tén este evento deportivo. Ademáis, a circunstancia de que o ano pasado non se disputara polo loito oficial decretado en Tui polas víctimas da explosión pirotécnica de Paramos, engadiu máis interese no retorno da proba.

O Tríatlon Concello de Porriño “tén unha especial sona entre os deportistas” segundo ponderou na recente presentación da competición, Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Tríatlon que valoraba que “esta é unha das probas populares mellor consideradas de Galicia e de España pola súa esmerada organización”. Os especialistas valoran de xeito especial as características técnicas e deportivas deste triatlón dado que inclue as transicións de Tui, no río Miño, onde a Comandancia de Mariña; na rúa Domingo Bueno en Porriño para deixar as bicis e pasar a carreira a pé polo casco urbano porriñés ata a praza do Concello.

O tramo de natación sprint é de 750 metros, desenrolase no Miño fronte a sé da Comandancia. O tramo de bici é de 20,2 kilómetros entre Tui e Porriño e despois o tramo de carreira pedestre tén 5 kms de lonxitude. Na edición deste ano a iconografía e cartelería realizouse sobre un fondo de cor morada “como unha homenaxe ás mulleres deportistas”, segundo afirmou Eva García, alcaldesa de O Porriño na presentación que pola mesma razón de fondo, tivo como madriña á ciclista porriñesa Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona de España e de Galicia de BTT Master 40.

No palmarés de anteriores vencedores do Tríatlon Concello de Porriño destacan Martín Carrera, triatleta del Club Natación Riveira que gañou duas edicións, Diego Paz e o exciclista profesional Gustavo Rodríguez que se impuxera na primeira edición, en 2013. En categoría feminina Aida Valiño, unha das mellores traitletas de Galicia gañou en 2014 e inscribiu o seu nome nun palmarés no que aparecen tamén Iria Huertas e María Martínez, entre outras.