A Alcaldesa Eva García iniciou cunha reunión nas instalacións de “Nueva Pescanova” no polígono de As Gándaras, unha rolda de visitas ás principais empresas radicadas en Porriño que vai desenrolar ó longo deste mandato.
No encontro con Santiago Gómara, director da fábrica, tamén participaron Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns; Enrique Vaqueiro, xefe do gabinete da Alcaldía e David Sobral, xerente dos polígonos industriais de A Granxa e As Gándaras.
Santiago Gómara trasladou á alcaldesa unha serie de peticións vencelladas con mantenemento do polígono, limpeza, estado dos viais como espazos de aparcamento, así como outras demandas máis complexas. Entre elas a posibilidade de ampliación da estrada de acceso ó polígono na curva que aparece nunha imaxe adxunta onde os camións pasan moi xustos, xusto antes da recta do polígono.
A Corporación Local de Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro. Asimesmo determinaronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto. A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18 horas. Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións municipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns. Finalmente haberá sete comisións informativas: Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras Economía, Fazenda e Persoal Contas Seguridade, Policía, Protección Civil e Mobilidade Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados Deportes, Cultura, Xuventude e Festas E finalmenete Servizos Sociais e Igualdade. En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.
O derradeiro punto da orde do día determinaba as adicacións e retribucións do mebros do goberno municipal. Haberá 6 adicacións exclusivas que corresponden á Alcaldesa Eva García e ós concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso, polo PSOE, e Pedro Pereira e Ana Belén Crespo, polo BNG como resultado do pacto de goberno que está prácticamente negociado entre ambas as dúas forzas políticas.
As retribucións dos membros do goberno municipal serán as mesmas contempladas no Orzamento Municipal en vigor sen o incremento que debería engadirse polo que determina o Real Decreto 24/2018. Ese natiz deu lugar a un debate intenso entre os voceiros do BNG e EU Son. Finalmente Os votos dos 8 concelleiros do PP e os 2 de EU Son Porriño, derrotaron a proposta que votaban PSOE, BNG e Manuel Carrera. Deste xeito e ata a elaboración dun novo orzamento Municipal, as retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018.
A Alcaldesa do Porriño cumpriu co seu compromiso cos veciños de A Vaquería e xa remititu unha carta coas reivindicacións á titular da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia. Na misiva que a conselleira Ethel Vázquez xa tén no seu poder, Eva García escribe “solicitoche do xeito máis atento nos informes sobre os avances no proxecto de asfaltado da estrada programado para o mes de setembro”.
E a continuación engade a carta da alcaldesa á conselleira: “a comunidade de montes da dez días para a resposta (…) polo que en caso contrario, espero que entendas que a miña obriga é estar da man dos vecinos para que teñan liñas descontinuas, isletas, pasos de peóns…”
A Alcaldesa advirte que “os vecinos ameazan con mobilizacións nas portas da Consellería e o meu compromiso é con eles”. Lembremos que Eva García comprometeuse cos veciños de A Vaquería a trasladar ós demáis grupos municipais que apoien ás movilizacións dos veciños que “se levarían ata Santiago de Compostela”.
Actualmente os veciños deste barrio da parroquia de Budiño están a cortar diariamente o tráfico, nun carril da estrada, dúas veces ó día.
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño reclamará por carta á Xunta de Galicia o proxecto de reforma da estrada PO-510 que comprometera a Consellería de Infraestructuras cos veciños de A Vaquería para resolver o problema de inseguridade vial que denuncian. Se non hai resposta en dez días, a Alcaldesa trasladará ós demáis grupos municipais da Corporación que apoien ás movilizacións dos veciños de A Vaquería que “se levarían ata Santiago de Compostela, ás portas mesmas da Consellería co noiso apoio e presenza”, declarou Eva García. A rexedora municipal trasladou a unha comisión veciñal de A Vaquería “o pleno respaldo da Alcaldía ás súas reivindicacións”. Asimesmo Eva García comprometeuse a mandar “de inmediato” unha carta a Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestrcuturas para lembrarlle que durante a pasada campaña electoral o PP prometera realizar e entregar ós vecinos, nun prazo de 15 días, un proxecto de mellora da de seguridade vial na travesía da estrada autonómica PO-510 “do que non hai noticia”. Na súa misiva, a alcaldesa requiere á conselleira unha respota no prazo de dez días. Os veciños deste barrio da parroquia de Budiño reclaman pasos de peóns, semáforos e isletas. Como as súas peticións no foron atendidas ainda pola Xunta, están a cortar diariamente o tráfico, nun carril da estrada, dúas veces ó día.
Zona Franca sacou a concurso o estudo de implantación da futura Cidade do Transporte que o presidente deste organismo público, David Regades xa anunciara que desexa implantar no Porriño. De feito o estudo de arquitectura que gañe o concurso, ademáis de se embolsar 300.000 euros, terá o encargo de redactar o proxecto sectorial e de urbanización, segundo as bases da convocatoria publicada o pasado 4 de xuño e que rematará o 8 de xullo.
A Cidade do Transporte deberá acoller un gran parking para camións, hotel, restaurante, gasoliñeira, taller mecánico e de reparacións. O propósito é desaloxar de Vigo o aparcamento indiscriminado de camións e trailers ofrecendo ós camioneiros unha alternativa cómoda e próxima ás principais vías de comunicación. Precisamente a elección de Porriño facilitará as conexións coa autovías A-52 e A-55 así como coa Autoestrada do Atlántico AP-9.
Finalmente son 210 os deportistas inscritos para o Tríatlon Concello de Porriño que se celebrará mañá sábado 8 de xuño. Cun percorrido total de preto de 26 kilómetros que discurrirán dende o río Miño ata a praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do consistorio porriñés onde estará situada a liña de meta.
A saída da proba masculina será ás 17 horas, en Tui e para a proba feminina, dez minutos despois.
As estimacións da organización que apuntaban que esta sexta edición superaría os 200 participantes, cumprironse o que ratifica a capacidade de convocatoria que tén este evento deportivo. Ademáis, a circunstancia de que o ano pasado non se disputara polo loito oficial decretado en Tui polas víctimas da explosión pirotécnica de Paramos, engadiu máis interese no retorno da proba.
O Tríatlon Concello de Porriño “tén unha especial sona entre os deportistas” segundo ponderou na recente presentación da competición, Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Tríatlon que valoraba que “esta é unha das probas populares mellor consideradas de Galicia e de España pola súa esmerada organización”. Os especialistas valoran de xeito especial as características técnicas e deportivas deste triatlón dado que inclue as transicións de Tui, no río Miño, onde a Comandancia de Mariña; na rúa Domingo Bueno en Porriño para deixar as bicis e pasar a carreira a pé polo casco urbano porriñés ata a praza do Concello.
O tramo de natación sprint é de 750 metros, desenrolase no Miño fronte a sé da Comandancia. O tramo de bici é de 20,2 kilómetros entre Tui e Porriño e despois o tramo de carreira pedestre tén 5 kms de lonxitude. Na edición deste ano a iconografía e cartelería realizouse sobre un fondo de cor morada “como unha homenaxe ás mulleres deportistas”, segundo afirmou Eva García, alcaldesa de O Porriño na presentación que pola mesma razón de fondo, tivo como madriña á ciclista porriñesa Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona de España e de Galicia de BTT Master 40.
No palmarés de anteriores vencedores do Tríatlon Concello de Porriño destacan Martín Carrera, triatleta del Club Natación Riveira que gañou duas edicións, Diego Paz e o exciclista profesional Gustavo Rodríguez que se impuxera na primeira edición, en 2013. En categoría feminina Aida Valiño, unha das mellores traitletas de Galicia gañou en 2014 e inscribiu o seu nome nun palmarés no que aparecen tamén Iria Huertas e María Martínez, entre outras.
A Xefatura da Policía Local informa dos cortes de tráfico así como a prohibición de estacionar nas vías públicas que se mencionan, debido á celebración do VI Triatlón Concello do Porriño que terá lugar na tarde do sábado 8. Adxuntamos os dous carteis informativos distribuídos pola Policía Local para coñecemento xeral de conductores e veciños.
Informes da Policía Local de Porriño confirman que onte á noite rexistrouse unha avaría nas barreiras do paso a nivel no centro da cidade que durou aproximadamente 90 minutos. Durante ese tempo mantívose a circulación de trens, pero cunha evidente reducción da velocidade de paso, a consecuencia de que o xestor ferroviario ADIF fora alertado da incidencia.Os atestados sinalan que a Policía Local de Poio recibiu varias chamadas que alertaban de que as barreiras do paso a nivel non baixaban. Unha patrulla policial acudiu ó lugar (ás 22,45 horas) e verificou a incidencia, avisando de inmediato a ADIF. Mentres a patrulla permaneceu no lugar, comprobaron que dous convois ferroviarios pasaron a menos velocidade da habitual como precaución ante o fallo das barreiras.Ás 0.15 ADIF notificou á Policía Local de Porriño que solucionara a avería das barreiras. Ante esta nova circunstancia, o goberno municipal de Porriño reitera que no intre que estea constituída a nova corporación local, retomaranse as xestións cara ás administracións públicas competentes para suprimir este paso a nivel conforme a reivindicación unánime de toda a sociedade porriñesa que a alcaldesa, Eva García trasladou á presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera na última reunión celebrada.
O sábado 1 de xuño celebrase a quinta edición do Festival Porriño sobre Rodas que organiza o “Clube Patin Porriño”. As actividades desenrolanse dende as 10 da mañán ata as 14 horas e polo serán dende as 17 horas ata as 20 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 1. Por este motivo, a Policía Local cortará e restrinxirá o tráfico na rúa Doantes de Sangue, no treito entre a pista 1 e o colexio, a partir das 9 horas e ata as 21 horas. Voluntarios de Protección Civil realizarán a a vixiancia correspondente.
As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de que hoxe en día hai máis de 150 inscripcións feitas. A inscripción estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba. Lembrar que se trata da sexta edición porque en 2018 non chegou a celebrarse ó decretarse a suspensión da mesma ó coincidir coa explosión de material pirotécnico en Paramos (Tui).
Este mediodía realizouse a presentación que estivo presidida
pola alcaldesa Eva García, en representación do Concello de Porriño. Acudiu no
nome do Concello de Tui, polo que transcurre unha parte da proba, Eduardo
Freiría, concelleiro de Deportes. Tamén asistiron Gonzalo Triunfo, presidente
da Federación Galega de Triatlón e Ignacio Tobarra, Comandante de Mariña de Tui,
así como mandos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Porriño que
colaboran tamén na seguridade dos participantes e público.
A alcaldesa de Porriño deu as grazas á organización, de xeito
moi especial ós voluntarios dos colexios de educación especial Aceesca e As
Esclavas e “particulamente ós participantes, polo voso esforzo e sacrificio e
pola ambición de mellorar que ó fin e ó cabo, o que se aprende de facer deporte”,
manifestou.
Pola súa banda o presidente da Federación Galega de Triatlón
ponderou que “esta é unha das probas populares considerada entre as mellores, o
que supón unn mérito da organización”, sinalou Gonzalo Triunfo.
O Triatlón Concello de Porriño tén una sona especial en
Galicia polas súas características técnicas e deportivas dado que inclue varias
as transicións de Tui, no río Miño, onde a Comandancia de Mariña; na rúa
Domingo Bueno en Porriño para deixar a bicis e finalmente na praza do Concello
onde tamén rematará a carreira a pé.
O tramo de natación de 750 metros, desenrolase no Miño; o
tramo de bici é de 20 kilómetros e rematará na avenida Domingo Bueno e despois
o tramo de carreira a pé discurrirá polo centro histórico de Porriño ó longo de 5 kms con meta na praza Arquitecto
Antonio Palacios.
Nesta presentación do VI Triatlón Concello de Porriño actuou
de madriña a ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega
de BTT Master 40. Fora invitada polo Concello coa intención de render, na súa
persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Pola mesma razón, este
ano, a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.
Ana María Gónzalez está nun punto álxido da súa tempada, a piques de competir, de novo, polo título autonómico no Campeonato Galego de BTT Master 40 que se celebrará o vindeiro domingo 2 de xuño en Lalín. Ó mesmo tempo está competindo no circuito de 5 probas da “Taça de Portugal”, onde gañou a celebrada en Estremoz e quedou segunda nas outras dúas. Ana María compite enrolada no equipo madrileño “Mito-X Sauce-Berria” e vén de ser galardoada pola Federación Galega de Ciclismo polo recente subcampeonato de España feminino en BTT XCM Master 40. Ana María animou “a todos e todas cantos o desexen a inscribirse e participar, hai que perderlle o medo e disfrutar dunha proba e das paisaxes polas que transcurre o percorrido”, dixo.