A alcaldesa do Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure mantiveron unha reunión de traballo na gardería de Torneiros coa xerente adxunta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Carmen García Campelo.
Neste centro, integrado na rede autonómica “A Galiña Azul”, tense que rematar os arranxos de pintura que quedaban pendentes dos efectos das inundacións de hai dous anos. Pero ademáis o Concello do Porriño propuxo acometer unha serie de obras de mellora e axeitamento das instalacións que acadaron o pleno acordo coa representante da Xunta de Galicia. Estas obras acometeránse durante o verán e serán costeadas polo Concello do Porriño con cargo á partida de cofinanciación.
A Corporación Local de Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro. Asimesmo determinaronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto. A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18 horas. Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións municipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns. Finalmente haberá sete comisións informativas: Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras Economía, Fazenda e Persoal Contas Seguridade, Policía, Protección Civil e Mobilidade Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados Deportes, Cultura, Xuventude e Festas E finalmenete Servizos Sociais e Igualdade. En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.
O derradeiro punto da orde do día determinaba as adicacións e retribucións do mebros do goberno municipal. Haberá 6 adicacións exclusivas que corresponden á Alcaldesa Eva García e ós concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso, polo PSOE, e Pedro Pereira e Ana Belén Crespo, polo BNG como resultado do pacto de goberno que está prácticamente negociado entre ambas as dúas forzas políticas.
As retribucións dos membros do goberno municipal serán as mesmas contempladas no Orzamento Municipal en vigor sen o incremento que debería engadirse polo que determina o Real Decreto 24/2018. Ese natiz deu lugar a un debate intenso entre os voceiros do BNG e EU Son. Finalmente Os votos dos 8 concelleiros do PP e os 2 de EU Son Porriño, derrotaron a proposta que votaban PSOE, BNG e Manuel Carrera. Deste xeito e ata a elaboración dun novo orzamento Municipal, as retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018.
Juan Rivera, subcampeón de Galicia en Kick
Boxing modalidade K1, participará o sábado na instrucción ás mulleres que están
a participar no curso permanente de defensa persoal feminina que patrocina o Concello
do Porriño. Juan Rivera é de Mos e leva unha carreira deportiva exitosa que en
breve propiciará o seu salto ó profesionalismo como dice o seu entrenador, Juan
Alonso que tamén é outro dos monitores do curso de defensa persoal feminina.
Lembremos que o Concello do Porriño tomou a decisión de proseguir coas clases de defensa persoal feminina despois do éxito acadado polo curso que se realizou no pasado mes de maio. A partir de agora con carácter permanente. Deste xeito O Porriño é o primeiro concello de Galicia en ter ese curso de forma continuada, segundo a decisión que tomaron a alcaldesa Eva García e maila concelleira de Seguridade, Lourdes Moure baseándose na grande acollida e repercusión que tivo entre as mulleres do Porriño e bisbarra. De feito foron as propias alumnas as que instaron a manter de xeito permanente este tipo de formación para garantir a súa seguridade e saber como respostar diante de calquera agresión. Das 137 mulleres que participaron no primeiro curso xa hai 68 que participan nesta acción formativa continua. O curso comezou o pasado sábado 15 de xuño no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 2. A formación realizase en dous sábados ó mes. A vindeira clase será o sábado 29 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas. Non compre anotarse para asistir. Abonda con acudir con roupa deportiva no lugar e hora. A Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar na organización e instrucción das mulleres participantes.
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anuncia unha nova campaña de hemodoazóns a realizar no Porriño a partir desta tarde, en horario de 16 a 21 horas.
A unidade móvil situaráse na Avenida Domingo Bueno e repetirá mañá mércores e o xoves tamén.
A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño informa que un ano máis organízase o Campamento de Verán 2019, cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, como medida de conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
Esta actividade vai dirixida a tod@s rapaces e rapazas nados entre os anos 2007-2014 ambos inclusive.
A folla de inscripción poderá descargarse desde a páxina web do Concello (Folla de inscripción) que xunto a documentación requerida deberá presentarse no rexistro municipal. A admisión será por orde de presentación de solicitudes.
O prazo de inscripción abrirase o luns 10 de xuño e pecharase o xoves 20 ual mes. As solicitudes presentadas antes ou despois dos días sinalados carecerán de validez.
Para calquera dúbida pódese contactar co CIM do Concello do Porriño, sito no 3º andar da casa consistorial ou chamando ao 986337429.
O mes de maio de 2019 pechou con 88 porriñeses menos nas listas de demandantes de emprego, segundo os datos oficiais remitidos polo Ministerio de Traballo. Con eses 88 porriñeses/as que acadaron un emprego no mes pasado, o noso concello tiña a 31 de maio 1.477 parados o que supón “probablemente o mellor resultado dende outubro de 2008”, segundo valorou Soledad Girón, concelleira de Emprego e Servizos Sociais.
Deste xeito Porriño mantén a súa tendencia de ser un dos concellos de Galicia que presenta mellores datos de recuperación económica dende a pasada crise.
No pasado mes de marzo faciámonos eco dos datos aportados polo Instituto Galego de Estadística que eran concluíntes: Porriño é o concello da provincia que mellor recuperación económica presenta nos últimos dez anos. Dende 2009 incrementouse o número de cotizantes á Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses, por riba incluso de Vigo.
En concreto segundo os datos do IGE, O Porriño é o concello da provincia que mellor remontou a crise e contaba cun 7% máis de cotizantes que hai unha década. Exactamente 7.714 altas máis na Seguridade Social con respecto a hai dez anos.
Asimesmo outros indicadores confirman esa tendencia xa que medrou o nivel de renta e tamén a poboación. Ainda que o censo oficial dí que Porriño tén 19.740 habitantes, a realidade é que actualmente a cidade supera os 20.000. O Concello agarda que na vindeira actualización do Padrón, xa sexa recoñecida esa realidade.
Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa “Corto e cambio”. As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de consumos de drogas, alcol e tabaco entre a mocedade porriñesa.
1. Ribeira do Louro / 4º C
O menudeo de droga leva consigo moita violencia e abuso de poder. Aquí vai unha mostra.
2. Pino Manso / 1º FP
Esta é unha historia do cotián, de como as drogas poden afectarnos no noso día a día.
3. Pino Manso / 4º AC G2
Hai moitas presións externas e de grupo á hora de consumir drogas. Esta curta mostra precisamente iso.
4. Ribeira do Louro / 4º B G1
Esta peza ensina esa espiral da droga que afunde a moita xente, pero cun toque diferente… Ata aquí podemos ler.
5. Pino Manso / 2º FP
Seguro que algún de vós séntese identificado con un ou varios dos efectos recreados polos compañeiros…
6. Pino Manso / 4º AC G3
Velaquí unha historia de rehabilitación, que nos mostra que non importa o noso pasado se temos forza para mudar as cousas.
7. Pino Manso / 4º AC G1
Esta é, probablemente, a curta máis experimental de todas… mostrando dun xeito único como o consumo de drogas consume ás persoas.
8. Ribeira do Louro / 4º A
Se o habitual é contar historias dende o punto de vista do consumidor, aquí temos unha dende o punto de vista do camello e da súa responsabilidade nas vidas da xente que consume.
9. Pino Manso / 4º B
Se antes falábamos da rehabilitación, aquí pasamos á destrución… hai veces que a droga pode rematar con absolutamente todo.
10. Ribeira do Louro / 4º B
Para rematar a peza audiovisual máis poética de todas. Dende logo, unha curta para reflexionar.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Porriño informa que ó longo deste ano ten levadas a cabo “numerosas iniciativas destinadas a previr o acceso ó mundo das drogas entre distintos sectores da poboación”, segundo o balanzo que fixo público a Concellería de Servizos Sociais.
As accións do SPD desenroláronse en Porriño e tamén en Salceda de Caselas, mediante unha actuación coordinada que contou con subvención da Xunta de Galicia. Despegáronse en diversos ámbitos. Un deles, prioritario, é o alumnado dos centros educativos dos dous concellos. En diferentes sesión traballáronse hábitos saudables e habilidades sociais durante a adolescencia, co alumnado de Ensino Secundario.
Outro eido do traballo do Servizo de Prevención de Drogodependencias foi o alumnado máis pequeno, en Educación Primaria, ó que se achegaron a través de “Cinensino”, unha serie de películas cuio visionado completouse con unidades didácticas.
Outras actividades preventivas desenroladas polo SPD foron andainas saudables en familia, Foro Teatro e clases de iniciación ó surf impartidas en colaboración coa Escola Prado na Praia de Patos en Nigrán.
Os concelleiros do goberno municipal, Lourdes Moure e Orlando Márquez asistiron esta tarde á presentación dos traballos audiovisuais do programa “Corto e Cambio” que se puideron ver en estrea no Centro Cultural Municipal. Estas 10 pezas audiovisuais elaboradas por alumnos porriñeses estarán en breve dispoñibles tamén na web municipal e nas redes sociais e forman parte do curso preventivo promovido pola OMIX do Concello de Porriño.
“Corto e Cambio” é un programa de prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes, no que participaron uns 120 mozos e mozas. Os participantes elaboraron eses audiovisuais para sensibilizar sobre esta problemática ao resto de compañeiros e a cidadanía en xeral.
As pezas audiovisuais, entre curtas de ficción, documentais e spots foron pensados, dirixidos, protagonizados e gravados por alumnos e alumnas dos IES Pino Manso e Ribeira do Louro en moitos casos cos seus propios teléfonos móbiles.
O programa “Corto e cambio” organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño pretende sensibilizar sobre as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo deste tipo de sustancias.Así durante varias semanas os alumnos/as participantes contaron co apoio dunha psicóloga para traballar os contidos mais teóricos e dun titulado en comunicación audiovisual para apoiar na parte técnica de todo o que rodea a elaboración das pezas audiovisuais.
Segundo informou Noelia de la Fuente, responsable da OMIX, “o traballo baseouse na utilización doutros recursos audiovisuais realizados por mozos e mozas de idades similares as súas, de xeito que lles fose máis doado empatizar e implicarse na elaboración de novas pezas audiovisuais que axudasen aos seus compañeiros/as a identificar os riscos físicos e psíquicos para a saúde derivados do consumo deste tipo de sustancias, a analizar a presión grupal como factor favorecedor do inicio no consumo, a desmontar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo e adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos”.
Eva García de la Torre visitou e compartiu coas mulleres participantes a terceira quenda do curso de Defensa Persoal e Protección Xurídica que se imparte ó longo deste mes de maio.
Tratase dunha iniciativa do Concello de Porriño organizada pola Policía Local cos fondos do pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Con 139 mulleres inscritas, este curso constitue unha proposta diferente en Galicia xa que combina a prendizaxe das técnicas de defensa co coñecemento xurídico do lexítimo uso da forza grazas a formación que aporta o maxistrado Juan José Trashorras. A cifra de mulleres inscritas tamén foi única e supón un record en cidades do tamaño de Porriño.
O curso rematará o vindeiro sábado 25.