CONCENTRACION DE REPULSA POLO CRIME MACHISTA DE VALGA

Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu a concentración silenciosa en repulsa polo crimen machista acontecido onte en Valga. O acto celebrouse a mediodía fronte a Casa Conssitorial e contou coa presenza das concelleiras de Economía e Seguridade, Lourdes Moure y de Servizos Sociais e Igualdade, Soledad Girón así como outros membros da corporación local, funcionarios, traballadores municipais e veciños que se sumaron espontáneamente á convocatoria.
Antes de gardar o minuto de silencio, a alcaldesa invocou que “hai tres díasmillons de mulleres faciamos unha folga, de novo, histórica para reivindicar os nosos dereitos e agora atopámonos cun novo crime machista coma o ocurrido onte en Valga”.

Por outra banda, O Concello de Porriño continuará hoxe coa programación especial “As Mulleres fan Porriño” que se desenrola co gallo do 8M. Este serán, a partir da 19,30 h terá lugar a representación teatral “Monstruación”, a cargo de “Enconarte Produccións”, apta para maiores de 16 anos. A representación celebrarse no Círculo Recreativo e Cultural.

O público disfrutou da actuación das Pandereteiras de Fonteliño Rueiras

A sala do Centro Cultural Municipal estivo chea de público que disfrutou esta noite coa actuación das Pandereteiras Fonteliño que fixeron as delicias dos espectadores. O espectáculo programado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Porriño inscríbese na campaña “As Mulleres fan Porriño” que se desenrola co gallo do Día Internacional da Muller ata o vindeiro 13 de marzo.

Mañan domingo 10 de marzo haberá outras dúas actividades complementarias que se desenrolarán no Círculo Recreativo e Cultural de Porriño. A partires das 18 h. un debate baixo o título: “Protagonistas… As Mulleres na música”. Intervirán Carlota Ojea, productora musical; Javier Becerra, xornalista da sección de Cultura de “La Voz de Galicia”; Xoana, cantante; Isabel Salgado, directora do documental “Poderías ser ela”, e Patricia Hermida, avogada especializada en dereitos de autor.

Ó redor das 20 h, cando remate o coloquio haberá un concerto a cargo de Xoana.

Porriño sumase á campaña de saúde renal

O domingo 10 de marzo co gallo do Día Mundial do Ril , Porriño acollerá un obradoiro de prevención. En horario matinal de 10 ata ás 14 h, haberá unha carpa instalada na Praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello. Personal da Fundación Iñigo Álvarez de Toledo impartirá técnicas e exercicios de prevención e envellecemento activo. Os actos en Porriño continuarán o vindeiro xoves día 14 cun acto institucional ante o edificio consistorial. Participarán Eva García, alcaldesa de O Porriño e maila presidenta da antedita Fundación. Este año o lema da campaña é “Saúde renal para todos en todalas partes”.

Acto institucional do 8M en Porriño: A ALCALDESA EVA GARCIA AFIRMA QUE “AS MULLERES ESTAMOS ANTE UN ‘TEMPO DE EXCEPCION’ ”

“As mulleres estamos nun tempo de excepción: se nos chaman feminazis por defender os nosos dereitos, pois a moita honra porque o que queremos é facer as cousas do mesmo xeito que os homes”, dixo Eva García, alcaldesa de Porriño no acto institucional do 8M celebrado hoxe nesta vila.
“Vimos de ver o que ten pasado en Andalucia: a ameaza de partidos que pretenden arrebatarnos dereitos que creíamos ter gañado para sempre; por eso digo que estamos en tempo de excepción” manifestou na súa intervención diante da Casa Consistorial co gallo do 8 de Marzo.
“As mulleres fan Porriño”, lema da campaña institucional do Concello presidiu a concentración na que participaron hoxe varios centos de veciñas e veciños na praza Arquitecto Antonio Palacios. Eva García sinalou que “hoxe dou grazas por terme permitido ser a vosa alcaldesa e poder ver esta praza completamente chea de mulleres e homes de Porriño pedindo a igualdade”.


Tanto a alcaldesa de Porriño coma o goberno municipal, funcionarias e traballadoras do Concello sumaronse hoxe a folga xeral feminista para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.
“Queremos ir polas ruas tranquilas; queremos cobrar o mesmo cos homes; non queremos que nos cosifiquen; queremos ter os mesmos dereitos que teñen os homes” engadiu na sua intervención a alcaldesa porriñesa. Finalmente invitou á veciñanza a sumarse esta noite á manifestación que terá lugar en Vigo para a que o concello fletou autobuses a fin de facilitar o transporte.
Eva García xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón así como a concelleira non adscrita Sabela Landín e tamén representantes de “Eu son” fixeron uso da palabra no transcurso do acto que rematou ca entrega de rosas brancas a todalas mulleres que asistiron.
A campaña “As mulleres fan Porriño” continuará ata o 13 de marzo. Entre os diversos actos programados destaca a celebración dunha mesa redonda, prevista para o martes 12 que contará coa presenza de Leire Pajín, ex ministra de Igualdade; Carmen Avendaño, presidenta de “Erguete” e Carla Reyes, xornalista e presidenta de “Executivas Galicia”.