A Policía Local interceptou a un reincidente por incumprir o estado de alarma, acompañado dunha muller oculta no coche e con posibles síntomas de “Covid-19”


A Policía Local do Porriño informa da interceptación, por segunda vez en tres días, dun conductor que infrinxiu o estado de alarma. Nesta segunda ocasión, ía acompañado dunha muller que estaba oculta, nos asentos traseiros. Segundo o atestado policial, a muller presentaba síntomas compatibles co “Covid-19” e foi trasladada en ambulancia.

Os feitos acaeceron na noite do venres 17. Nun control da Policía Local, o vehículo que conducía este individuo foi interceptado. Ainda que inicialmente intentou fuxir do control, rematou desistindo e obedecendo os sinais de alto dos axentes.
Comprobouse que xa fora detido nun anterior control, o martes 14 e que tiña o permiso de conducir suspendido. Por estes feitos, ambos ocupantes do coche foron denunciados por incumprir o estado de alarma. E a maiores, o conductor denunciado ante o xulgado de garda por presunto delito contra a seguridade vial e o vehículo inmovilizado.

Por outra banda, a Policía Local do Porriño informa que ata o mediodía do sábado 18 de abril e dende o inicio do estado de alarma, impuxeronse 285 denuncias por diversas infraccións. A tramitación das correspondentes sancións económicas corresponderá á Subdelegación do Goberno. A contía das multas oscila entre 600 e 30.000 €.

Segue a distribución de máscaras protectoras entre traballadores


Hoxe continuou o reparto de máscaras protectoras nos accesos aos polígonos industriais do Porriño, a cargo de axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, en colaboración coa Garda Civil, como pódese apreciar más imaxes.

Entréganse aos traballadores que se desprazan nos seus vehículos particulares ou de empresa así como no transporte público e requiran ese material de protección, segundo precisou a Delegación do Goberno Central en Galicia que é o organismo que coordina este operativo.

Policía Local e Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorporaronse nos sectores autorizados polo Goberno Central.

Dende as 7 horas desta mañá, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorpóranse nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.

Montáronse controis nas rotondas de acceso aos polígonos industriais de O Porriño onde realizouse esta tarefa en colaboración coa Garda Civil.
A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de O Porriño colaborarán xunto coa Garda Civil, no reparto de máscaras con motivo da volta ao traballo nos sectores autorizados polo Goberno Central.

Ese reparto realizouse conforme as instrucións recibidas pola Policía Local e Protección Civil, a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Por outra banda, a Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar coas restantes forzas de seguridade baixo o mando único do Goberno Central, nas tarefas de vixilancia e control do cumprimento do estado de alarma que se mantén dúas semanas máis, polo momento.


As denuncias da Policía Local por incumprimento do estado de alarma no Porriño, ascenden a 193

Unha parella circulando en coche pola Avenida Domingo Bueno, ás 1,57 da madrugada de hoxe; a maiores, o conductor, un varón de 37 anos, bébedo xa que triplicaba a taxa de alcohol na proba de alcoholemia, é o último caso denunciado pola Policía Local de O Porriño por incumprimento do estado de alarma.

Neste caso, ademais, da correspondente sanción que lles impoña a Subdelegación de Goberno a ambos, hai outras consecuencias porque a Policía Local inmovilizou o vehículo e instruironse dilixencias contra o conductor por presunto delito contra a seguridade vial, remitidas ao xulgado de garda.

Con este episodio, a Policía Local de O Porriño totaliza ata a mañán de hoxe, 193 denuncias por rachar e incumprir o confinamento decretado polo Goberno a causa da pandemia do “Covid-19”. Polo tanto arroxa unha media de una denuncia por cada 105 habitantes do termo municipal.

A Policía Local realizou 155 denuncias por incumprimentos do confinamento nas tres semanas transcorridas do estado de alarma


A Policía Local de O Porriño realizou 155 denuncias por incumprimentos diversos das medidas de confinamento, ata a mañán día de hoxe e durante as tres tres semanas transcorridas dende que se decretou o estado de alarma.
O número de denunciados medrou hoxe venres, xonada na que se impuxeron 16 denuncias ata o mediodía.

A meirande parte dos denuncíados son veciños de Porriño pero tamén hai foráneos e transeúntes de Vigo, Tomiño, Mos, Salceda, As Neves e outros concellos da contorna.
A infracción máis recorrente é sair a pé ou no coche dar unha volta carecendo de motivo xustificado. En cambio, as denuncias por infrinxir ou propasarse co pretexto de sacar o can, rebaixaronse.

Hai varios reincidentes. Destaca o caso dun veciño de Pontellas que xa acumula tres denuncias por infrinxir o confinamento saíndo a pasear coa súa bicicleta sendo interceptado polas patrullas policiais en diferentes puntos do termo municipal.

Todas as denuncias son remitidas á Subdelegación do Goberno que se encaga da súa tramitación, valoración dos feitos, imposición da coantía da multa e xestión da mesma. As multas por incumprimento do estado de alarma van dende os 600 euros ata os 30.000 euros, segundo graos.
Tan só nun caso dun vecino de O Porriño, a Policía Local deu conta tamén da denuncia ao Xulgado pola gravidade do desacato. Tratase dun “sen teito” que tivo unha conducta desconsiderada coa patrulla policial.

Por outra banda, a Policía Local e o Concello de O Porriño “queren agradecer o comportamiento maioritario da veciñanza que observa correctamente o confinamento así como daqueles cidadás que colaboran e avisan ás forzas de seguridade para alertar sobre o comportamento insolidario dalguns”, segundo manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.

Asimesmo a concelleira agradeceu no nome do Concello “o traballo de todos os colectivos profesionais que están a protexernos profesionais sanitarios, servizos de limpeza, forzas e corpos de seguridade do Estado e de xeito particular á Policía Local do Porriño que está ao pé do cañón as 24 horas do día”, engadiu Moure Varela.

As clases de Defensa Persoal Feminina reanudanse este sábado

A Concellería de Seguridade anuncia que este vindeiro sábado día 11 de xaneiro reanudaránse as clases de Defensa Persoal Feminina que patrocina o Concello de O Porriño e organizanse a través da Policía Local.  

Tratase dunha formación completamente gratuita que anteriormente desarrollábase no Pavillón Municipal pero que agora cas tempadas deportivas en marcha, pasase ó Ximnasio “Jovhen Sport”.

As clases serán de 10 a 12 do mediodía e impartense por monitores de defensa persoal. Non é necesario apuntarse con antelación basta con chegar antes do inicio.

Estas clases de defensa persoal feminina de xeito continuado son unha iniciativa pioneira do Concello do Porriño. Comezaron en maio do 2019 complementadas con formación xurídica sobre lexítima defensa que recibirán 147 mulleres de Porriño e concellos aledaños.

A Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure estima que “máis de 200 mulleres recibiron xa formación para a súa defensa persoal”.  A concelleira lembrou que despois da boa acollida e repercusión que tivo aquel primeiro curso de maio, “o Concello decidiu continuar con esta formación baseandose na respota obtida mediante unha enquisa de carácter anónimo entre as participantes para coñecer o seu nivel de satisfacción que valorou nun báremo de 1 a 10, cunha nota media de 9,20”. “Ese grado de satisfacción foi o que motivou á alcaldesa Eva García que se comprometeu a manter restes cursos con carácter gratuito que seguimos desarrollándose dous sábados ó mes agás no parón de Nadal”, explicou a concelleira Moure Varela.

 

Acordada e definida a composición da Comisión para o Lindano

A Xunta de Voceiros Municipais do Concello de O Porriño, dando cumprimento a un acordo unánime acadado na última sesión plenaria, determinou onte a composición que terá a Comisión de Seguimento da Descontaminación do Lindano.

A solicitude acordada en pleno partiu do grupo EU SON cuio voceiro prantexou que na devandita Comisión houbera representantes das Consellerías da Xunta de Galicia implicadas (Sanidade e Medio Ambiente) así como dos sindicatos.

Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde propuxo a incorporación de membros das asociacións veciñais activas na zona.

Finalmente acordouse a creación da Comisión co seguinte composición:
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo Socialista.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo Popular.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo do Bloque Nacionalista Galego.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo de Eu Son do Porriño.
– 1 Titular do Grupo Mixto.
– 1 Titular e un 1 suplente da Plataforma de Afectados do Lindano.
– 1 representante da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
– 1 representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
– 1 representante do sindicado CIG
– 1 representante do sindicato UXT
– 1 representante do sindicato CCOO
– Un representante das tres asociacións veciñais de Torneiros (Relva, Alba e San Salvador)
– Un técnico nomeado polo Concello.

A concelleira Lourdes Moure visitou o curso de primeiros auxilios para estudantes do IES Ribeira do Louro

Lourdes Moure, concelleira de Educacion e Seguridade explicou ós alumnos e alumnas do IES “Ribeira do Louro” que o seu departamento “daría por ben empregado o tempo e o esforzo que estamos a poner na realización destes cursos de primeiros auxilios co que foses quén de salvar unha vida nunha situación de emerxencia”.

A responsable das concellerías que promoven este programa formativo acudiu hoxe a comprobar o desarrollo das clases no salón de actos do centro.

Centenar e medio de alumnos deste Instituto de Ensino Secundario concluiron hoxe este cursiño de primeiros auxilios nivel básico que recibiron desde onte. O persoal do 061 co apoio de axentes da Policía Local dan formación teórica e práctica para saber reaccionar ante un atragantamento, unha hemorraxia, queimaduras ou unha parada cardiorespiratoria. A aprendizaxe inclue tamén a manobras de RCP (reanimación cardio pulmonar).

Todos o asistentes a este curso reciben como regalo un “ambu” portátil con el formato dun chaveiro co escudo do Concello de O Porriño. O “ambu” é un dispositivo manual para proporcionar ventilación ante una parada cardiorespiratoria.

Estes cursos formativos extederánse tamén ás Asociacións de Veciños do municipio que xa o solicitaran. Neste intre son Cans, Atios, Pontellas, A Forna-Budiño e San Benito-San Sebastián. Impartiránse en horario de tarde e nas respectivas sedes destas AAVV. De feito comezou esta tarde en Atios.

A Policía Local de O Porriño colaborou coa Gardia Civil en evitar o roubo do estanco de Mos

 

A Policía Local de O Porriño colaborou coa Garda Civil de Mos para frustrar esta madrugada un roubo no estanco de Mos acadando a detención dun individuo que estaba a forzar a entrada cunha palanqueta.

A intervención de axentes locais de O Porriño foi motivada pola chamada dunha veciña que alertou dos feitos. A Policía Local porriñesa deu aviso á Garda Civil de Mos. Unha patrulla da Policía Local acudiu en apoio da patrulla da Benemérita acadando entre ambas a detención do presunto autor, un varón de 45 anos que xa foi posto a disposición xudicial.

Segundo informa o Inspector Xefe, Dani Rodríguez non é a primeira vez que a Policía Local de O Porriño tén que acudir a outro concello, como hoxe en Mos, cando están a realizar unha persecución ou se está a cometer un delito “in fraganti” como contempla a Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade.

A plantilla da Policía Local de O Porriño completa un curso de reanimación cardiopulmonar

Hoxe rematou o curso que toda a plantilla da Policía Local de O Porriño ten recibido nestes días para mellorar os seus coñecementos en primeiros auxilios, O curso foi impartido por persoal de 061.
Todos os axentes aprenderon manobras de reanimación cardiopulmonar e manexo dos “desa” (desfibriladores) en casos de parada cardíorespiratoria.
De feito, a partires de agora, por orde da Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, o vehículo de patrulla policial levará un desfibrilador a bordo que se engade ó restante material de que dispoñen os axentes locais para atender paradas cardiorrespiratorias, hemorraxias, quemaduras e outras situacións de emerxencia.