O Concello ofrece plena colaboración ó Consello de Contas

A conselleira María Begoña Villaverde e dous auditores do Consello de Contas confirmaron hoxe á alcaldesa Eva García que a supervisión a realizar por ese organismo refírese, exclusivamente, ó recoñecemento extrajudicial de crédito aprobado en 2017. Aquela operación por importe de dous millons setecentos mil euros, sirviu para abonar facturas atrasadas que o actual goberno municipal de Porriño que preside Eva García heredou do mandato anterior do PP entre 2011 e 2015.
A rexidora porriñesa manifestou ós representantes do Consello de Contas en presenza da interventora municipal, “a plena colaboración do Concello co organismo supervisor entregando toda a documentación pertinente” ó longo dunha reunión que Eva García calificou como “moi cordial”.
A alcaldesa Eva García volveu a expresar que agarda que “do mesmo xeito que acontecera no seu día con outra inspección anterior, efectúada polo Tribunal de Contas de Galicia, producto dunha denuncia do PP por este mismo asunto e que se pechou exonerando ó actual goberno municipal de calquera responsabilidade, aconteza o mesmo agora tamén”.

Porriño é o concello pontevedrés que mellor recuperación económica tivo dende a recesión

Os datos aportados recentemente polo Instituto Galego de Estadística son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor recuperación económica presenta nos últimos dez anos. Dende 2009 incrementouse o número de cotizantes á Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses, por riba incluso de Vigo. Asimesmo outros indicadores confirman esa tendencia xa que se incrementou o nivel de renta e tamén medrou a poboación.

En concreto segundo os datos do IGE, O Porriño é o concello da provincia que mellor remontou a crise e conta hoxendía cun 7% máis de cotizantes que hai unha década. Exactamente 7.714 altas máis na Seguridade Social con respecto a hai dez anos.

Por outra banda, según datos obtidos da Renta 2017, os porriñeses incrementaron a súa capacidade adquisitiva. Mentres en 2013 a media de ingresos íntegros anuais era de 15.227 euros, en 2016 declararonse unha media de 16.792 euros anuais. Ademais O Porriño presenta outro indicador moi alentador que tén que ver co aumento da súa poboación. O instituto galego de Estadística salienta que a nosa vila é un dos poucos concellos galegos que medra cun incremento de 2.626 habitantes na última década.

CONCENTRACION DE REPULSA POLO CRIME MACHISTA DE VALGA

Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu a concentración silenciosa en repulsa polo crimen machista acontecido onte en Valga. O acto celebrouse a mediodía fronte a Casa Conssitorial e contou coa presenza das concelleiras de Economía e Seguridade, Lourdes Moure y de Servizos Sociais e Igualdade, Soledad Girón así como outros membros da corporación local, funcionarios, traballadores municipais e veciños que se sumaron espontáneamente á convocatoria.
Antes de gardar o minuto de silencio, a alcaldesa invocou que “hai tres díasmillons de mulleres faciamos unha folga, de novo, histórica para reivindicar os nosos dereitos e agora atopámonos cun novo crime machista coma o ocurrido onte en Valga”.

Por outra banda, O Concello de Porriño continuará hoxe coa programación especial “As Mulleres fan Porriño” que se desenrola co gallo do 8M. Este serán, a partir da 19,30 h terá lugar a representación teatral “Monstruación”, a cargo de “Enconarte Produccións”, apta para maiores de 16 anos. A representación celebrarse no Círculo Recreativo e Cultural.

O público disfrutou da actuación das Pandereteiras de Fonteliño Rueiras

A sala do Centro Cultural Municipal estivo chea de público que disfrutou esta noite coa actuación das Pandereteiras Fonteliño que fixeron as delicias dos espectadores. O espectáculo programado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Porriño inscríbese na campaña “As Mulleres fan Porriño” que se desenrola co gallo do Día Internacional da Muller ata o vindeiro 13 de marzo.

Mañan domingo 10 de marzo haberá outras dúas actividades complementarias que se desenrolarán no Círculo Recreativo e Cultural de Porriño. A partires das 18 h. un debate baixo o título: “Protagonistas… As Mulleres na música”. Intervirán Carlota Ojea, productora musical; Javier Becerra, xornalista da sección de Cultura de “La Voz de Galicia”; Xoana, cantante; Isabel Salgado, directora do documental “Poderías ser ela”, e Patricia Hermida, avogada especializada en dereitos de autor.

Ó redor das 20 h, cando remate o coloquio haberá un concerto a cargo de Xoana.

Bases para á explotación da cafetería da Asociación San Rosendo Alba

Publicadas as bases para optar á explotación da cafetería da Asociación San Rosendo Alba, en Torneiros

Xa están publicadas as Bases para optar á explotación da cafetería da Asociación San Rosendo Alba, en Torneiros. Os interesados poden recoller as mesmas no local da propia asociación ou solicitando as mesmas no enderezo electrónico avvsanrosendoalba@gmail.com.

O prazo para poder presentar as propostas estará aberto do 11 ao 25 de abrir, os dúas datas incluídas e, rematado este tempo, logo de que a directiva da asociación verifique que as mesmas cumpren os requisitos, as presentará á asemblea da asociación para que sexan as socias e socios quen decidan.

Adxudicadas as obras para a execución dunha senda peonil

Adxudicadas as obras para a execución dunha senda peonil na estrada PO-331, ppolos concellos do Porriño e Mos

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar o contrato para a execución dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño.

Esta actuación, cun prazo de execución de seis meses,supón un investimento de máis de 378.000€, co cofinanciamento de Fondos FEDER 14/20. O itinerario está enmarcado no Plan de Sendas na comarca de Vigo, que ten un oramento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.

A senda na estrada PO-311 dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín.

A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde as proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras – Tameiga.

Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras- Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.

O Concello do Porriño secundará a ‘Hora do Planeta’

O Concello do Porriño secundará o sábado, día 25, a ‘Hora do Planeta’, e invita a todas as veciñas e veciños a apagar as luces unha hora para sumarse á loita contra o cambio climático

O Porriño sumarase este sábado, día 25, á ‘Hora do Planeta’ e apagará as luces do edificio do Concello o 25 de marzo, de 20:30 á 21:30 h. A vila secunda deste xeito a loita global en contra do cambio climático impulsada, este sábado, a nivel mundial con este ‘apagón’ ao que o Goberno local invita a todas as veciñas e veciños a sumarse.

Esta iniciativa,que ten coma lema ‘O planeta primeiro. Que ninguén te pare’, estará respaldada por diferentes asociaciones, entidades e organismos.

Xornada de portas abertas no ‘Consorcio de Augas do Louro’

Con motivo do Día Mundial da Auga que este ano leva o lema “Augas Residuais”, este mércores, día 22 de Marzo, o Consorcio de Augas do Louro súmase á iniciativa da Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamentos (AEAS) e celebrará a súa 1ª xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei, durante a cal se realizarán ademais varios actos conmemorativos.

Os interesados en visitar as instalacións da depuradora, deberán cubrir a solicitude de visita dispoñible na web www.consorciodolouro.es e enviala ao enderezo de correo electrónico indicado.

Estableceranse 3 quendas de visita: a primeira ás 10:00, a segunda ás 12:00 e a terceira ás 16:00, en función do número de inscritos e cun máximo de 30 persoas por quenda.

Outros actos previstos polo Consorcio para esta xornada, serán a presentación da 2ª Edición do Concurso de Debuxo para escolares e a publicación da app Smart aqua que pon a dispor do usuario un servizo adaptado ás novas tecnoloxía