17 de abril, Día Internacional da Información Xuvenil. Omix do Porriño

Cada 17 de abril, as persoas mozas e os Servizos de Información Xuvenil de toda Europa celebran o Día Internacional da Información Xuvenil.
Este día, que foi declarado en 1983 pola Axencia Europea da Información e o Asesoramento Xuvenil (Eryica) e o Instituto da Mocidade de España (Injuve), significa unha oportunidade para recoñecer o labor dos servizos de información xuvenil, especialmente nun momento como o actual.

En España hai máis de 3.000 centros que forman a Rede de Servizos de Información Xuvenil (SIJ), en Galicia a través das OMIX. (Oficinas Municipais de Información Xuvenil, como é o noso caso) e o seu traballo ao longo deste último ano viuse alterado como quizais nunca antes na súa historia.

A nosa Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX do Porriño, co número de rexistro 36-039-six-063 na Rede Galega de Centros de Información Xuvenil, é unha estrutura informativa de carácter municipal que presta servizos de información directamente aos mozos e mozas do Concello do Porriño e contorna.

Ofrecemos á mocidade toda aquela información que poida ser de interese para o seu desenvolvemento persoal prestando un servizo de atención e asesoramento informativo, a través de taboleiros de anuncios e expositores con documentación actualizada sobre temas variados e dun servizo de Atención Individualizada (presencial, telefónico e por correo electrónico).

Ademais, programamos, elaboramos, organizamos e xestionamos a realización e difusión dos diferentes programas, servizos, talleres e actividades dirixidos ás persoas mozas da nosa localidade, centros educativos e público en xeral.

Deixamos ligazón coa web de Cultura e co videomapping conmemorativo da efeméride

https://youtu.be/RmXDPwD32nA

Día Internacional da Información Xuvenil

Representantes do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño reencóntranse logo de meses de traballo online.

Cumprindo as medidas de seguridade que permiten reunións de ata 6 persoas non conviventes e aproveitando as vacacións de Semana Santa, algúns dos voceiros/as do grupo de participación infantil do Concello do Porriño mantiveron unha reunión presencial.

Puideron poñerse cara sen unha pantalla de por medio para seguir compartindo ideas, impresións, e preparar o traballo que realizarán nos vindeiros meses.

Entre outras cousas pensaron nas propostas que lle farán ao Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, co que se reunirán nun encontro organizado por UNICEF e no que participarán tamén representantes doutros concellos “amigos da infancia” de Galicia.

Fixérono nos soportais da Casa do Concello, e aproveitaron a ocasión para animar ao resto de xente nova do municipio a unirse ao grupo para acadar así unha representación máis diversa.

Os nenos e nenas que desexen participar poden poñerse en contacto coa OMIX do Concello do Porriño a través do número de teléfono 986 33 76 24 ou directamente co equipo dinamizador no 604 086 970

A páxina web do concurso “Improvisdado” xa está dispoñible

 

A segunda edición do concurso “Batalla de debuxantes Improvisdado” xa ten o seu propio sitio web.
Foi realizado pola entidade “Vella Escola”, produtora do certame, organizado polo Concello de Porriño, a través da Concellería de Cultura e Xuventude.

A través desta ferramenta, proporcionaráselle a todas as persoas interesadas información sobre a convocatoria, o acceso á inscrición e incluso a carteira co deseño para presentar á selección dos finalistas que participarán no concurso, en setembro durante as Festas do o Cristo.

Deixamos ligazón

 

https://www.vellaescola.com/improvisdado/

Presentada a II “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, un certamen único e singular organizado polo Concello

Hoxe presentouse a segunda edición da “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, un certame “singular e único que organiza o Concello do Porriño coa intención de crear novas formas de expresión artística, querendo romper estándares e normas non escritas da arte”, segundo anunciou Cami Moreira, concelleira de Cultura, Mocidade e Festas.

Para esta segunda edición “vaise simplificar o método de inscrición a través dun formulario nunha páxina web específica do concurso Improvisdados que ademais terá vídeos da edición anterior e un capítulo de preguntas frecuentes”, explicou Pablo Castiñeira, responsable de “Vella Escola”, entidade produtora do certame. A páxina web estará dispoñible de xeito inmediato.

Outra dúas novidades serán o aumento da bolsa de premios para os finalistas e o escenario onde terá lugar a final, que este ano representará un taller mecánico, cun coche incluído, como se pode ver na maqueta nunha imaxe adxunta. Precisamente ese escenario da final mudará este ano. Trasladase ao Parque do Cristo.

Cami Moreira manifestou que “no Porriño temos certa tendencia a localizar moitos eventos na praza do Concello e pensamos que é bo explorar outras zonas a ver como funcionan cun evento de visualización tan plástica”, segundo a concelleira.

Este concurso lanzouse no 2020, no primeiro estado de alarma como un estímulo para os creativos, para que puideran traballar dende as súas casas pese ao confinamento. Realizouse unha convocatoria por redes sociais para debuxantes que, de xeito profesional ou aficionado, desenvolveran algunha disciplina artística relacionada coa pintura. Entre os debuxos presentados, seleccionáronse seis artistas que concorreron á final celebrada nas Festas do Cristo nun escenario habilitado na praza do Concello. O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra foi o gañador daquela.

Tres alumnos porriñeses galardoados polo Consorcio de Augas do Louro no IV Concurso de Debuxo Infantil

Tres alumnos porriñeses foron galardoados no IV Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio do Louro que este ano tiña como lema “Os Investigadores da Auga trala pista do ciclo integral da auga”.
Os tres nenos porriñeses premiados foron Brais Rodríguez Valoria, do CEIP Antonio Palacios, Mario Rocha Pérez e Andrea López Ramilo
Coincidindo coa celebración do día mundial do medio ambiente, fíxose a
entrega dos premios Os catro primeiros premios, un por cada Concello consorciado, recibiron unha tableta electrónica e os oito finalistas, dous por Concello, recibiron unha pulseira de actividade.

Os representantes dos Concellos de O Porriño, Salceda de Caselas, Mos e Tui así como a Directora de Augas de Galicia agradeceron a participación dos nenos nesta cuarta convocatoria, na que se presentaron preto de 250 debuxos, e resaltaron a importancia de concienciar sobre a importancia da boa xestión e do uso responsable dun ben escaso e prezado como é a auga.
Os 12 debuxos seleccionados serán utilizados para editar un calendario do ano 2020 que, como xa é costume, será distribuído polo Consorcio en diferentes puntos.
Os debuxos gañadores poden consultarse tamén accedendo á web do Consorcio na dirección
www.consorciodolouro.es

Incluímos os debuxos dos trea lumnos porriñeses galardoados

Aprendizaxe da Linguaxe Canina co can ‘Choupa’

Nenos e nenas de 2º de primaria dos colexios do Porriño participan dende esta semana nun obradoiro de Aprendizaxe da Linguaxe Canina. O mesmo xira ao redor do can ‘Choupa’ que, coa dirección dunha especialista amosa ás rapazas e rapaces menores de 14 anos cómo achegarse aos cans, recoñecer o intre no que é posible acariñalo, coma actuar diante del, que deben facer cando se atopan de fronte cun can ou que teñen que facer cando os tira ao chan.

As cativas e cativos aprenden a distinguir entre un can enfadado, asustado ou ledo, que facer antes de tocarlle ou cales son os sinais que deben atopar para lograr que estea tranquilo.

O obradoiro, que ten coma obxectivo evitar que o can os trabe, te unha duración de 45 minutos en el participan, a un tempo, un máximo de 20 alumnas e alumnos dos centros porriñeses de ensino infantil e de primaria.

Segundo un estudo realizado polo Complexo Hospitalario Júan Canalejo de A Coruña, o 75% das trabadas de cans sucédenlle a nenos e nenas menores de 14 anos, con predilección polos nenos a respecto das nenas. O 65% das lesións localízanse na cabeza e pescozo.

Os especialistas recomendan que se informe acerca de esta problemática, para lograr una conciencia social e conseguir establecer unas normas de prevención, tanto no ámbito familiar como social, para axudar así a evitar, ou cando menos reducir,a ampla frecuencia de estas lesións.