Eva García, acompañada de técnicos municipais, inspeccionou esta mañán o desenrolo das obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal.
A alcaldesa de Porriño comprobou os traballos que realizan os operarios da empresa adxudicataria. Retiranse a vellas e oxidadas canalizacions e sustituense por outras novas, axeitadas á regulación sanitaria exisible para piscinas. A renovación das tuberías e maquinaria para a climatización da piscina municipal ten un orzamento de algo máis de 94.000 euros.
Tratase dunha vella demanda dos usuarios desta instalación deportiva. Un proxecto que vén de 2016 pero que finalmente estase a executar dende hai un mes.
O Concello de Porriño roga ós usuarios desta instalación disculpas polas molestias ocasionadas.
O vindeiro domingo 31 de Marzo, a Asociación Deportiva A
Forna de Budiño organiza, un ano máis, a súa tradicional marcha cicloturista de
montaña, que chega a súa decimoctava
edición o que a convirte nunha das máis antigas de Galicia. Tamén terá lugar o
mesmo día a cuarta edición do Trail de montaña
asimesmo organizado pola antedita asociación. Para a organización de
ambalasdúas probas, o Concello de Porriño colabora dun xeito moi importante.
O recorrido da marcha BTT –que non é competitiva- terá 30
quilómetros cunha dificultade media-alta e 26 km de dificultade media.
Discorrerá por camiños das parroquias de de Budiño e Atios, no concello de O
Porriño, e de S. Xurxo e Picoña en Salceda de Caselas.
O Trail de montaña sí que é competitivo, establecéndose
varias categorías femiminas e masculinas. Consta de duas distancias, 23 km e 13
km. Tamén percorrerá por camiños das parroquias de Budiño, Atios e Cans no
concello de O Porriño e S. Xurxo no concello de Salceda de Caselas.
Para a inscrición nos dous eventos, a Asociación Deportiva
ten habilitado un espazo na web www.aforna.org no que se pode atopar os planos
e perfís dos recorridos e toda a información relativa ós dous eventos.
A organización agarda entre 400 e 500 participantes para os
que vai dispor dun servizo de axuda ós ciclistas que incluirá ambulancia e
avituallamento á metade das duas probas con subministro de líquidos e sólidos.
Ó final da marcha a organización dispón dun servizo de
duchas para tódolos participantes así como un servizo de lavado de bicicletas,
así mesmo os participantes poderán degustar ao remate unha tapa de callos.
A Asociación Deportiva A Forna agradece a importante colaboración do Concello do Porriño e as comunidades de montes, así como das empresas que aportan alimentos, bebidas e agasallos para os participantes.
O goberno municipal de Porriño ven de establecer unha folla
de ruta en materia de obras que se acometerán ó longo das vindeiras semanas
para melloras de saneamento, asfaltado asi como equipamentos escolares e
deportivos que importarán 1 millón de euros e beneficiarán principalmente a
todalas parroquias do concello.
A maior cuantía de ese orzamento procede dos 715.000 € que
Deputación Provincial otorgaba dentro do “Plan Concellos” cuia asignación
revisouse. “No lugar de investir esa dotación en dous megaproyectos, preferimos acometer perto de 50 actuacions en
unha diversidade de actuacions que mellorarán a moitísimos veciños que agardan
por conectar as suas vivendas á rede de saneamento, polo arranxo de camiños,
pola mellora de colexios como en Atios ou pola ampliación do Pabellón
Municipal, por exemplo”, sinalou Eva García, alcaldesa de Porriño. A primeira
autoridade municipal mantivo a principios de semana unha reunión en Deputación
na que se acordou o reenfoque do destino desa partida orzamentaria.
De xeito que tras unha reunión do equipo de goberno cos
técnicos municipais acordouse destinar 370.000 euros a 10 obras de saneamento
que permitirán que 150 vivendas en diferentes parroquias se enganchen á rede.
Asimesmo se consignan 100.000 euros para asfaltados e repavimentados nas sete
parroquias e 166.000 euros en obras varias.
Tamén 60.000 euros para melloras en centros de ensino “coma o CEIP “Fernández López” a fin de retirar o falso teito e o arranxo dos baños que non fixera a Consellería de Educación a pesar de terse reiterado a correspondente petición ou para acometer as obras nos vestiarios do CEIP de Atios, compromiso non ejecutado polo anterior responsable político desa materia”, declarou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda e Educación. Por último tamén se investirán 260.000 euros en actuacions deportivas entre as que destaca a reparación de gradas e ampliación do aforo do Pavillón Municipal con 300 prazas mais para chegar a meter 2.000 espectadores.
Máis de 80 nen@s inscribironse nesta tempada de 2019 nas escolas de ciclismo da Asociación Deportiva “Avanza-Concello de Porriño” que fixo a súa presentación oficial neste serán. A mocidade que vai aprender ciclismo, BTT e ciclocross da mán de antigas figuras do deporte do pedal, abranguen un amplio espectro que vai dende os máis pequenos, os pre-benxamíns, ata os maiores que militarán na categoría junior.
A súa formación estará nas máns de adestradores coma Abel Maceiras, Xacobe Agra e Luis Fernández Oliveira, de contrastada calidade e historial no ciclismo, que agora adican os seus esforzos a formación desta canteira..
Miguel Angel García, presidente da A.D. Avanza, agradeceu ó Concello de Porriño “ter sido o concello que máis apoia ó ciclismo e o deporte en xeral”, manifestou.
Pola súa banda Eva García, alcaldesa de Porriño sinalou que “os cartos que se gastan no deporte son unha inversión en acadar cidadans mellores”, “Temos que sentirnos moi orgullosos de que en Porriño teñamos un clube coma a A.D. Avanza”. engadiu a alcaldesa.
Carla Guisande e Javito Sánchez, ambolosdous porriñeses foron recoñecidos na Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca nas súas respectivas categorías (promesa e absoluta, respectivamente) e modalidades deportivas. Eva García, alcaldesa de O Porriño, acompañada dos concelleiros Lourdes Moure e Orlando Márquez, asistieron á XX Gala que se celebrou onte anoite no Teatro A Fundación.
A triatleta de orixe porriñés, Carla Guisande Vieito, ainda moi nova, foi galardonada como mellor deportista promesa na súa especialidade, na Gran Gala do deporte de Vigo e a súa comarca. O xurado valorou a súa imponente traxectoria con victorias en probas do Campeonato de España Individual de Duatlón en categoría cadete.
Na mesma Gala celebrada onte anoite, foi tamén galardonado “Javito” Sánchez Gómez, axente da Policía Municipal de Porriño, polos seus logros en halterofilia. O xurado otorgoulle o premio absoluto na súa especialidade deportiva.
A alcaldesa, que dende hai menos dunha semana é tamén a máxima responsable da área de Deportes do Concello- visitou este mércores as obras da novas instalacións de atletismo da Granxa.
As mesmas, que contarán cun
orzamento de 1 millóns de euros, serán unha realidade grazas a unha achega de
800.000€ por parte da Deputación de Pontevedra que, coma todas as inversións do
organismo provincial no Porriño, foron asinadas pola propia alcaldesa.
A nova instalación deportiva de
A Granxa, que segundo o proxecto estará rematada o vindeiro mes de maio, é “unha aposta de futuro”, sinalou García
de la Torre, quen asegurou que porá a dispor dos máis de 650 integrantes do
Club Atletismo do Porriño dunhas “dotacións óptimas e punteiras”.
As mesmas contarán cun módulo cuberto cunha recta de 6 rúas de
60 metros de lonxitude; disporá dun
teito dotado de lucernarios que permitan o paso da luz natural. A maiores, contará
co alumeado axeitado para o desenrolo de competicións e adestramentos e prevese
a instalación dun sistema de ‘fotofinish’.
Na parte central da pista
executarase un módulo de lanzamento de peso cun aro de formigón provisto dun
anel de seguridade. O entorno terá un espazo verde de céspede que integra a
instalación coa súa contorna.
As instalacións estarán
preparadas para a práctica de distintas modalidades e disciplinas de atletismo,
ademais de salto de altura, de lonxitude, triplo salto ou salto con pértega.
A alcaldesa engadiu que á par
que se leva adiante a construción deste novo emprazamento deportivo, vaise
avanzar no proxecto que permita que as instalacións que están preto do
mesmo dispoñan doutros servizos coma
oficinas e vestiarios.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e Manuel Carrera, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, veñen de amosar a súa estupefacción logo de coñecer a decisión, unilateral, dos responsábeis da Interrunning de non seguir organizando esta proba no Porriño, logo de 12 anos.
García de la Torre e Carrera lamentan esta decisión e rexeitan as formas nas que vén de anunciarse a mesma por parte dos ata hoxe organizadores: nas redes sociais e sen contactar en momento algún, dende a finalización das carreiras deste ano, nin co concelleiro de Deportes nin coa alcaldesa para exponer as posibles diferencias ou discrepancias que puidesen ter co Concello do Porriño.
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes subliñan que nunca, en ningún momento nin de xeito algún, os organizadores da Interrunning trasladaron queixa, desencanto ou problema pola actuación do Concello: ao contrario, especialmente este 2018 amosáronse moi satisfeitos porque foi a edición na que máis atletas participaron.
Eva García de la Torre e Manuel Carrera lembran que a colaboración do Goberno local e do Concello do Porriño foi total coa Interrunning, tanto no que se refire nas achegas para esta proba, que na última edición subiron ata os 15.000€, coma en medios materiais e humanos- para facer posible que a proba puidese disputarse, coma a actuación de voluntarios, membros de Protección Civil do Porriño e axentes da Policía Local-.
En calquera caso, o Goberno local, que deplora a deslealdade co Concello do Porriño e cos porriñeses por parte dos responsábeis desta cita, non consentirá que os milleiros de deportistas que participan cada ano se vexan defraudados e, por tanto, na vindeira edición o Concello asumirá directamente a organización da Interrunning o Porriño.
“Non imos a tolerar que mediadores, intermediarios ou xestores externos nos poñan na picota por temas externos, completamente, á Alcaldía e ao Goberno local”.
O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e os responsábeis do Atletismo Porriño, Club Porriño de Baloncesto, Balonmano Porriño, Porriño Industrial, los clubs de fútbol de Mosende, Atios y Pontellas, o Club Ciclista avanza, Patín Porriño, Ximnasia Rítmica Porriño, o Club Baloncesto en Cadeira de Rodas do Porriño e Club Furaventos, veñen de asinar un convenio polo cal os mesmos comprométense a facilitar o acceso de balde a todas as actividades deportivas que estes clubs realicen nas instalacións municipais, a persoas con diversidade funcional.
Manuel Carrera salientou o “xa coñecido interese e traballo que dende o Concello para impulsar a integración na actividade deportiva das persoas con capacidades diversas, como amosamos en cada unha das iniciativas postas en marcha dende o Goberno local”.
Dacordo con este convenio a Concellería de Deportes creará o ‘Carné Municipal de Deporte Especial’, que dará dereito ás persoas con diversidade funcional, nun grao recoñecido igual ou superior ao 33%, titulares do mesmo, a entrar a todos os eventos deportivos organizados polo Concello ou polos clubs que forman parte do Programa Municipal de Axuda Deportiva.
As persoas con diversidade funcional que queiran solicitar este carné- que abrangue, tamén a modalidade de persoas con acompañante- deben de presentar un formulario, acreditar un grao de diversidade física, mental, intelectual ou sensorial igual ou superior ao 33%, ter recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e aos pensionistas que teñan unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, e estar empadroado no Concello do Porriño.
Estes trámites poden facerse no Centro Deportivo Municipal o nas Oficinas do Rexistro do Concello, ou doutros xeitos establecidos pola lei. Non haberá un prazo determinado, polo cal o carné pode solicitarse en calquera momento e o mesmo pode recollerse, logo do seu trámite, no centro Polideportivo Municipal.
O concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente do Club Furaventos, Gerardo Martínez, presentaron este martes o ‘Campionato de España F3U’ e o ‘Campionato da Liga Galega de Drones’ que organiza o club porriñés por delegación de Real Federación Aeronáutica Española e a Federación Aeronáutica Galega.
A proba, á que acoden 56 pilotos, dende nun circuíto especificamente creado para esta proba, no ‘campo de voo’ de Furaventos na parroquia de Pontellas, que o presidente do club cualifica de “moi vertical”, con obstáculos artificiais, e mixto, xa que conta cunha parte de pista e outra de monte, algo anovador nesta competición e que é especialmente atractivo para os participantes que consideran o circuíto porriñés como “un dos mellores de España”.
Manuel Carrera salientou o “excelente labor que con moi poucos recursos e moitos azos” está a levar adiante o Club Furaventos que, lembrou, “dende este ano conta cunha achega da Concellería de Deportes do Porriño”.
Carrera subliñou a “espectacularidade” desta modalidade deportiva e, especialmente, deste campionato onde, sinalou, tomarán a saída drons que “poden pasar de 0 a 100 quilómetros por hora en menos de 2 segundos e chegan a velocidades de ata 140 quilómetros por hora”.
Programa
O programa da proba empezará o venres, día 29, cos adestramentos libres; o sábado, día 29, será o intre das probas clasificatorias e o domingo, pola mañá, chegará a hora das finais das que sairán os campións de cada unha das categorías.
O ‘neno prodixio’ Alex Zamora entre os participantes
Por si o voo destas máquinas non fose incriblemente espectacular, cos pilotos guiando as mesmas utilizando unhas gafas pantalla dende as que poden seguir o trazado (grazas á cámara de a bordo que manda as imaxes en tempo real), outra das grandes ‘atraccións’ desta cita é a participación do cuarto mellor piloto do mundo, o novísimo Álex Zamora, de so 10 anos de idade, e do Erick Carratala, actual campión de España.
Os dous tentarán facer un bo papel nunha proba que é “crucial” dado que os primeiros do campionato chegan moi axustados na clasificación e, ademais, xóganse puntos decisivos para poder facerse cun dos 5 postos na Selección española que disputará o vindeiro mes de outubro, en China, o Campionato do Mundo.
O porriñés Ricardo Baz segue a darnos satisfacción despois de facerse co Campionato de España de Jiu Jitsu, acadando o ouro do seu peso (Nogui) e pendurándose o bronce en ‘kimono’.
Baz, veciño de Atios, xa se fixera con dúas medallas no Campionato de Europa de Jiu Jitsu disputado o 23 de marzo en Roma: unha de bronce na categoría absoluta e a de prata en Peso Medio, levando o nome do Porriño e do seu deporte ao máis alto en Europa.