Este martes sáen á venda as primeiras 600 entradas para @festivaldecans

 As primeiras 600 entradas para o Festival de Cans, estarán á venda este martes. A organización do festival sinala que dende as 10 da mañá sairán a venda, on line, as entradas para a sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio.

Destes 600 tickets, 350 serán para a sesión da tarde e 250 para a da mañá e poderán mercarse co todo 0 ‘pack’, e dicir coas camisetas deseñadas para os máis leais seguidores do certame.

“A historia dun satélite” no Festival de Cans

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as ‘Also Sisters’. Trátase do filme debut destas irmás xemelgas, filmado na Universidade de Utah -na que agora son docentes- e asesorado por Sterling Van Wagenen, cofundador do Festival de Sundance.

Dende que comezaron a producir as súas primeiras curtametraxes, as Also Sisters viron as súas curtas proxectadas nas pantallas de prestixiosos festivais coma o Festival Internacional de Cinema de Edimburgo, o Festival de Raindance, Cinespaña e tamén no Festival de Cans, no que estiveron dúas veces como participantes a concurso. Sonia e Miriam son o perfil de realizadoras idóneas para o noso certame: debutantes, que dan o salto do mundo da curtametraxe ao da longa e que creceron como profesionais a medida que o fixo tamén o Festival.

Así o indicou esta mañá a presidenta da Asociación Arela, Keka Losada, na presentación da imaxe gráfica e as camisetas do XIV Festival de Cans que tivo lugar na tenda do Rei Zentolo en Santiago de Compostela. O deseño, realizado por Rei Zentolo, baseouse esta ocasión nunha fotografía real da propia organización do festival que reflicte o espírito de cooperación, participación e traballo colaborativo polo que se caracteriza o Festival de Cans.

Na imaxe central, varias persoas están portando un “can de Cans”, rodeados de elementos tan característicos do festival coma o chimpín, a igrexa que se sitúa ao lado do Torreiro ou as estrelas coas que deixan pegada cada ano as personalidades máis destacadas que pasan polo certame.

3º Festival de Coros

O Concello do Porriño organiza este venres, día 21, o 3º Festival de Coros

O Concello do Porriño, por medio da Escola Municipal de Música, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Círculo Recreativo Cultural, organiza o ‘3º Festival de Coros’, o vindeiro venres, día 21, dende as 7 e media da tarde.

No mesmo participarán a Coral Santa Eulalia de Donas, a Coral ‘A Forna’, de Budiño, e a Coral da propia Escola Municipal de Música do Porriño.

Un espectáculo da compañía Tanxarina no CRC

22 de abril. 2017
|Ás 19:00 h.
Círculo Recreativo e Cultural do Porriño
Aforo limitado
Un espectáculo da compañía Tanxarina.

“Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do puramente artístico”

Entendemos que os máis pequenos teñen dereito ao descanso, ao xogo, a realizar actividades propias da súa idade…, pero tamén cremos que teñen dereito a participar plenamente dunha vida cultural e artística, a ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada e en condicións de igualdade.”

Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Cine: La chica del tren.

23 de abril. 2017
Ás 19:30 h.
| Círculo Recreativo e Cultural
| Aforo limitado
Título orixinal: The Girl on the Train
Ano: 2016
Duración: 112 min.
País: Estados Unidos
Director: Tate Taylor
Guion: Erin Cressida Wilson (Novela: Paula Hawkins)
Música: Danny Elfman
Fotografía: Charlotte Bruus Christensen
Xénero: Thriller. Intriga
Productora: DreamWorks Studios / Amblin Entertainment / Marc Platt Productions
Público: non recomendada para menores de 12 anos

O arquitecto Bar Boo e a poetisa Yolanda Castaño, protagonistas da actividade da Biblioteca Municipal

O arquitecto Bar Boo e a poetisa Yolanda Castaño, protagonistas da actividade da Biblioteca Municipal o luns, día 17 e o martes, 18 de abril

A Biblioteca Municipal, en cumprimento dos seus obxectivos de contribuir a poner en valor o patrimonio do Porriño e de potenciar a cultura no eido da nosa vila, organiza dúas actividades do máximo interese.

O vindeiro luns, día 17, o protagonista será o arquitecto Xosé Bar Boo (Vigo 1922-Santiago 1994): a Biblioteca Municipal quere achegar a obra porriñesa deste arquitecto xenial, cun roteiro guiado –de 5 a 8 da tarde- polas edificacions que deixou no Porriño.

Para elo estará presente o fillo do propio arquitecto, Alfonso Bar Blanco, e a visita iniciarase cunha charla na que exporá as ideas crave para entender a obra porriñesa de Bar Bóo, coa proxección de fotografías e modelos dixitais en 3D dos edificios proxectados para o noso concello, tamén os que non chegarían a realizarse, ou se realizaron sen respectar os planos do autor.

Despois os asistentes farán unha visita aos diferentes edificios de Bar Bóo na vila, deténdonos especialmente na espectacular Praza de Abastos.

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta para todos os públicos, pero é necesario ser socio/a da biblioteca e inscribirse previamente, presencialmente ou chamando por teléfono (986337624). As prazas son reducidas e cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

O martes 18 de abril-ás 11:45 h.- Yolanda Castaño, sen dúbida un dos rostros máis coñecidos da poesía galega, porá en marcha na Biblioteca Municipal o seu espectáculo, cun novo e atractivo xeito de comunicar os seus versos, facéndo que o público dialogue coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías.

Ese día os asintentes serán partícipes dunha moderna posta en escena, capaz de conectar mesmo con públicos pouco versados no xénero poético, a través dun recitado de textos acompañado pola proxección de breves videopoemas e bases musicais.

Yolanda Castaño é unha das poetisas actuais en galego máis relevantes: máis de vinte anos publicando, e recibindo premios como o Fermín Bouza Brey, o Johán Carballeira de Poesía, o Premio da Crítica, ou o Premio Fundación NovaCaixaGalicia de Poesía.

Presentadora de televisión, crítica literaria en distintos medios, polifacética e multidisciplinar, e comprometida coa dinamización cultural que a levou a pór en práctica distintos proxectos innovadores ao redor da poesía e a expresión artística.

A actividade, organizada dentro do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia, está dirixida principalmente á mocidade, idealmente para nenos e nenas de 4 a 14 anos; de feito ese día asistirán alumnos e alumnas do IES porriñés Pino Manso…ainda que é un espectáculo en aberto e para todos os públicos.

CINEMA: Sicixia

CINEMA:
16 de abril. 2017
| Ás 19:30 h.
| Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Aforo limitado

Sicixia
Ano: 2016
Duración: 98 min.
País: España
Director: Ignacio Vilar
Guion: Ignacio Vilar
Fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos
Xénero: Drama. Romance | Vida rural
Productora: Via Láctea Filmes
Público: non recomendada para menores de 12 anos

Reparto:
Monti Castiñeiras, Marta Lado, Arantxa Villar, Melania Cruz, Artur Trillo,Daniel Trillo, Tamara Canosa

Sinopse:
Xiao é un enxeñeiro de son que percorre as localidades e lugares máis recónditos de Galicia en procúraa de sons, da xente e da natureza. Nesta viaxe coñecerá a Olalla, quen traballa na colleita de algas e espertará en Xiao a paixón pola vida, a terra e o salvaxe da Costa da Morte.