O Coro de Entenza, en Concerto no Porriño

O vindeiro día 27 de maio o Coro de Entenza ofrecerá un concerto no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, as 8 da tarde.A entrada é de balde, ata encher o aforo.

A actuación está organizada polo propio Círculo Recreativo e Cultural e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello do Porriño.

 
 

Feira do Libro do Porriño

O Porriño acolle do 11 ao 14 de maio unha das feiras do libro máis importantes da súa historia cunha completa programación e a visita de distintos autores

O vindeiro xoves, día 11, inaugúrase Feira do Libro do Porriño que durante catro días, organizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello do Porriño, por medio da Biblioteca Municipal, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Xunta, centrará a boa parte da actividade cultural da vila.

Este 2017 participan na feira a Editorial Planeta e as librarías, Arigató, Cartabón, Copi-Rey, Lafer, Nobel, de Burela, Paz, Pedreira e Recondo, que serán as encargadas de presentar os novos títulos ao público que se achegue á rúa Ramón González, onde estarán situadas as casetas.

Neses catro días, están programados diferentes actos, dentro do marco da feira, entre os que cabe salientar animacións infantís, teatro, visitas guiadas, nas que participarán os centros de educación do Porriño, obradoiros, monólogos e presentación de varios libros.

Entre eles cabe salientar, o sábado, día 13, ás 6 da tarde, a de ‘La Balada del Gato Negro’,de Alberto Ladero (Vigo 1967). Trátase da primeira novela do autor que ten coma protagonista a Víctor de la Hera, un famoso músico, líder e batería dun grupo de rock, que ademais da música ten coma paixón ao seu fillo, Diego, co que pasa todo o tempo que pode. O destino fai que o cativo teña un accidente de bicicleta e, mentres Víctor ve dende a porta de Urxencias como se levan ao seu fillo, atopará a comprensión doutra nai solitaria, Nita, unha ‘habitual’ deste servizo médico, dado que Alicia, a súa filla, ten un problema de corazón.

A esta presentación súmanse ‘De tu corazón a mi libro’, de Pablo Piñeiro Taboada e Hugo Sanmartín-o xoves, día 11 ás 8 da tarde-; ‘Un lugar a dónde ir’, de María Oruña, o venres, día 12, á mesma hora; ‘Olvídate del cielo’, de Rocío López Núñez, o sábado, día 13, ás 7 da tarde, e presentación – concerto do libro ‘Volta, Revolta e Reviravolta’, de Maimiñas, o domingo, día 14 ás 6 e media da tarde.

O mesmo xoves, día 11, ás 7 da tarde,a alcaldesa, Eva García de la Torre, presidirá a inauguración da Feira que, ás 7 e media, contará co pregón do escritor e xornalista porriñés Diego Giráldez (1976).

Durante cinco anos traballou na redacción do xornal A Peneira, dirixindo unha das súas cabeceiras comarcais e coordinando o seu suplemento cultural, Kalaikia. Ao tempo, colaboraba como columnista de opinión cos xornais Xornal de Galicia, A Nosa Terra e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade, escribe no diario Praza Pública e na revista Luzes. Fundou e dirixiu a revista Malladoura e dirixe o CanZine, publicación oficial do Festival de Cans.

Club de lectura para Adultos

Club de lectura para os usuarios adultos da Biblioteca do Porriño. Actividade consistente na formación dun grupo de lectores e lectoras adultas que se reúnen periódicamente na biblioteca co fin de comentar e intercambiar opinións sobre os libros.

Cada determinado tempo prográmase a lectura dun libro den concreto, que a biblioteca facilita a cada participante. Cada un lee o libro na casa, pero unha vez á semana, nun día e horas fixadas, se reúnen todos para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior. Nestas reunións debátese sobre o que se ten lido na casa, como o estilo literario, a acción ou os personaxes, aínda que é bastante frecuente que a charla acabe derivando cara as vivencias e experiencias propias de cada un dos asistentes. Tamén se realizan actividades paralelas, como visionado de vídeos ou xogos.

É unha actividade destiñada á poboación adultos, con máis de 18 anos (os usuarios infantís de entre 8 e 12 anos teñen á súa disposición o club de lectura infantil), e requírese inscrición previa xa que as prazas están limitadas a 15 participantes (hai posibilidade de inscribirse en lista de agarda para cubrir prazas). O club desenvolve a súa actividade de xaneiro a xuño e de outubro a decembro, todos os luns alternos en horario de 18:30 a 20:00 horas. A coordinadora do club é Corona Rodríguez Pérez, bibliotecaria e especialista en animación á lectura.

E os libros lidos ata o de agora foron:

  • 84 Charing Cross Road / de Dai Sijie
  • Covardes / de María Xosé Porteiro
  • Cinco horas con Mario / de Miguel Delibes
  • Balzac y la joven costurera china / de Helene Hanff
  • Amor de tango / de María Xosé Queizán
  • En el tiempo de las mariposas / de Julia Álvarez
  • Intemperie / de Jesús Carrasco