Inminente estrea do “Porriño Street Food”

“O Porriño Street Food” trae á nosa cidade un festival que concentrará nun mesmoespazo unha seleccionada oferta gastronómica, música en directo e un mercado con expositores de Porriño e bisbarra. Deste xeito Porriño incorporase a unha tendencia cada vez máis extendida que demanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos. “Ademáis a capacidade de convocatoria deste tipo de eventos e a boa previsión meteorolóxica para o vindeiro fin de semana fan prever unha altísima presenza de público da área metropolitana e polo tanto un importante retorno económico para Porriño”, valorou a alcaldesa Eva García que presidiu a conferencia de prensa.

“O Porriño Street Food” desenrolaráse na praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 21 horas da noite do vindeiro venres 3 de maio. Seis camions con cociñas sobre rodasou “food trucks” segundo a denonimación inglesa, instalaránse na praza. Os participantes serán os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”,“Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León). A organización, a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food” instalarán carpas, mesas e cadeiras para o público asistente.Os “food trucks” “ofrecerán propostas gastronómicas suculentas e orixinais que comprenderán hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas originales, cocinavegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor”, dixo Crisóbal Cudeiro, responsable da empresa organizadora. Segundo dixo “ a elección de Porriño para este evento queserá a primeira vez que se celebre, responde ás características de esta cidade e á excelente colaboración por parte do Concello, declarou Cudeiro.A oferta gastronómica manteráse ata o domingo 5 do “Porriño Street Food” e estará complementada por un mercado con 10 comerciantes da cidade e por actuacionsmusicais diarias que contribuirán á animación.

122 RAPACES PARTICIPARON NO III TORNEO ESCOLAR DE XADREZ CONCELLO DE PORRIÑO

Antón Sío Lago, do CEIP “Antonio Palacios” foi o gañador do “III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño” que recibiu de máns de Eva García de la Torre. A Alcaldesa de Porriño asistiu á clausura do Torneo xunto coa concelleira de Educación , Lourdes Moure.
Finalmente foron 122 os rapaces e rapazas de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, os que participaron na competición celebrada hoxe.
Este ano correspondeulle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
Alicia Rodríguez (“Santo Tomás”) foi a segunda clasificada e o seu compañeiro de “cole” Diego Vázquez quedou terceiro. Noa Teixeira Alvarez e Javier R. Rocha, ambos do CEIP Antonio Palacios, completaron as cinco primeiras prazas.

Porriño celebra o Día Internacional da Danza

O Concello de Porriño organiza unha exhibición de escolas de danza para celebrar o Día Internacional da Danza que se conmemora cada 29 de abril.
O espectáculo desenrolaráse o luns, a partir das 18,30 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
As escolas “Studio 57” e “MaiSon” achegarán as suas aulas á Praza do Concello. Poderemos gozar entre outras das seguintes disciplinas: break, predanza, baile mamis e papis, moderno, oriental, hip hop, dancehall, e latino

O CEIP “Antonio Palacios” acollerá o III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño con 120 participantes

Cento vinte escolares de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, participarán na terceira edición do Torneo de Xadrez Concello de Porriño que se celebrará o luns 29 de abril.
Este ano correspondelle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
As partidas comezarán ás 9,30 horas e ó remate do torneo, estimado árredor das 13,15 horas, a alcaldesa de Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure presidirán a entrega de premios.

RAP E BEATBOX NA VINDEIRA QUENDA DE “VIVE A CULTURA URBANA”

Mañán venres 26 será a quenda do Rap e do Beatbox  en “Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio activo dirixido á mocedade que patrocina o Concello de Porriño e organiza a través da OMIX. A cita, coma sempre, a partir das 18 horas no Parque Infantil ó carón do Cemiterio.

Esta edición de “Vive a Cultura Urbana” está chegando ó seu fin. A programación dividiuse en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte Urbana. No mes de abril están a desenrolarse as actividades nese segundo eido a través de diversos obradoiros. Un deles, adicado ó “breakdance” tivo que aprazarse por causa meteorolóxica e adiouse para o 3 de maio. Nesa mesma data celebraráse tamén, en horario de noite, o festival musical co que concluirá a programación deste ano.

O propósito de “Vive a Cultura Urbana” “é fomentar un xeito de ocio saúdable entre a mocedade prestando especial atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia”, segundo manifestou Eva García, alcaldesa de Porriño, concello que ten o receoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia” outorgado pola UNICEF.

CONCLUIDA A VIAXE DO GRUPO DE ESTUDANTES FRANCESES DE INTERCAMBIO CON PORRIÑO

A comitiva de 16 estudantes franceses procedentes de Fronçac que visitaron Porriño durante unha semana concluiron hoxe sábado a súa presenza en Galicia e retornaron a mediodía por vía aérea, dende Oporto, ó seu país.
Tratábase da viaxe de devolución de visita á que fixeron previamente a Fronçac alumnos porriñeses do IES Ribeira do Louro e dos colexios “Hermanos Quiroga” e “Santo Tomás”, concretamente o ano pasado. Estas actividades desenrolanse ó abeiro do acordO de irmandamento que suscribiron o Concello de Porriño e a vila de Fronçac.
A xeito de despedida, na tardiña do venres, a comitiva de estudantes mailos profesores acompañantes e as familias que lles acolleron estes días participaron nunha recepción ofrecida polo Concello de Porriño. E como lembranza fixeron o posado que recolle a imaxe adxunta.


Orlando Márquez, concelleiro do goberno municipal foi o anfitrión debido a una indisposición da alcaldesa Eva García que disculpou a súa ausencia.
Na semana que a comitiva francesa permaneceu entre nós, coñeceron Santiago de Compostela; varias industrias do sector da pedra dos polígonos de Porriño; fixeron un treito do Camiño Portugués dende Tui e recibiron no rocódromo do Polideportivo Municipal unha clase escalada a cargo do alpinista Jesús Martínez Novas.

O CONCELLO ADQUIRE UN LOCAL NA RÚA FERNÁNDEZ LÓPEZ PARA AULA DA UNED EN PORRIÑO

O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED que terá esta vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018.
A alcaldesa Eva García de la Torre firmou nunha notaría da cidade a escritura de compra-venda o pasado martes 16. O importe da operación é de 276.342 euros.
O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesorería despois de vender varias parcelas municipais.
“A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades que vanse desenrolar e ademáis fronte á posibilidade de adquirir patrimonio para o Concello”, manifestou a alcaldesa de Porriño.
“A elección deste local na rúa Fernández López responde a súa ubicación estratéxica, ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca o que permite un mellor aproveitamento e sinerxias entre eles” “E tamén cumprir co mandato do acordo plenario que demandaba que fose un local no centro do casco urbán” suliñou Eva García.
Conforme ás xestions realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.
O futuro aproveitamento do local xa está deseñado polos técnicos municipais conforme o proxecto elaborado do que mostramos dúas imaxes.

Concello de Porriño celebra que Patrimonio desbloquee a reconstrucción da capela de San Campio en Pontellas que se iniciará cunha subvención municipal de 50.000 euros

Eva García, alcaldesa de Porriño vén de recibir notificación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que comunica que levanta a cautela que establecera meses antes e que, polo tanto, por fin autoriza a reconstrucción da capela de San Campio, na parroquia de Pontellas.
Deuse a coincidencia de que o Concello de Porriño recibiu a notificación de Patrimonio xusto na mesma tarde que ocurría o gravísimo lume que afectou onte a catedral parisina de Notre Dame. Como no caso do templo francés, en Pontellas a capela de San Campio resultara gravemente afectada por un lume que se declarou na tarde do 16 de xullo do ano pasado, en plenas festas patronais. As lapas destruiron o teito e a estructura interior da capela e tamén bancos e algunhas das tallas religiosas.
Eva García agarda que as obras poidan acometerse o máis cedo posible para o que compre resolver o proxecto de reconstrucción que financiou o Concello de Porriño que ademáis aporta unha subvención de 50.000 euros que xa comprometera a alcaldesa cos vecinos e o párroco de Pontellas.
A ermita de San Campio, datada en 1838, “ten un valor moi importante para o patrimonio cultural e histórico de Porriño polo que a súa recuperación resulta primordial para este goberno municipal”, sinalou Eva García.

APRAZADA A FESTA INFANTIL DO MÉRCORES 17 DEBIDO Á MALA PREVISIÓN METEOROLÓXICA. ADIASE Ó SÁBADO.

O Concello de Porriño informa do aprazamento da Festa Infantil que dentro da programación do Abril Cultural ía celebrarse pasado mañán mércores 17. Á vista da mala previsión meteorológica para ese día, decidiuse adiar ó sábado 20 de abril.

A Festa Infantil celebraráse na Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 17,30 horas co programa previsto de música, globoflexia, pintacaras e Os Minion.Tratase dun espectáculo patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.