O Concello do Porriño comunica que a partir do venres 13 pecharánse as instalacións deportivas e culturais de titularidade municipal dacordo coas recomendacións das administracions autonómica e central para previr a expansión do coronavirus.

De tal xeito que pecharan os dous pavillóns do Polideportivo Municipal así como a Piscina Municipal, outras instalacións deportivas e e os diversos campos de futbol que dependen do Concello (Atios, Torneiros, Mosende, Budiño, Pontellas e Chenlo). Asimesmo pecharan o Centro Cultural Municipal, a Biblioteca e o Centro Cívico.

Por outra banda acordouse suspender o mercadillo ambulante dos martes ata o 31 de marzo inclusive.

Esta tarde o alcalde accidental, Pedro Pereira convocou aos grupos municipais a unha reunión para avaliar a posible adopción doutras medidas preventivas a implementar en instalacións de titularidade municipal, en consoancia coas recomendacións que a Xunta de Galicia e o Goberno Central adopten e comuniquen nas vindeiras horas.

Por outra banda, despois de reunirse este mediodía o Comité de Seguridade e Saúde do Concello do Porriño coa concelleira de Persoal, Lourdes Moure acordouse adoptar unha serie de medidas preventivas entre o persoal municipal, especialmente nos servizos de atención ao público. Entre elas, a colocación de dispensadores de solución hidroalcólica en todos os centros de traballo, priorizando as instalacións de atención abertas ao público. Asimesmo acordouse colocar guías explicativas para a correcta hixiene nos centros de traballo do Concello e reforzar a limpeza das instalacións de dependencia municipal.

A Alcaldía promulgou hoxe un bando no que avisa á veciñanza da necesidade de reducir a atención ao público nos servizos e edificios municipais.

O bando indica que “priorizarase a atención telefónica e telemática, evitando na medida do posible achegarse ós edificios municipais”.

Por outra banda, mañá venres haberá unha reunión con responsables e xefes dos diversos departamentos municipais para determinar e facilitar o teletraballo dos funcionarios naqueles servizos onde sexa posible.