O Porriño reunirá a 16 agrupacións no seu tradicional Certame de Rondallas

Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu tradicional broche de ouro ao Nadal co Certame de Rondallas. Miles de rondalleiras e rondalleiros sairán á pista do pavillón municipal de deportes para deleitar ao público nun evento que sempre completa aforo.

As normas serán as de sempre. Cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar a súa actuación. O tempo computarase desde o momento no que comecen a interpretar a primeira peza e finalizará unha vez que o último compoñente abandone a pista.

No evento participarán a Rondalla do CSCR de Beade (Vigo), a Rondalla Airiños da Lagoa (Baiona), a Rondalla da Asoc. Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo), a Rondalla da Asoc. Veciñal, Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns (Vigo) , a Rondalla do Centro Culutral A Merced de Chaín (Gondomar), a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui), a Rondalla da SCDR Helios de Bembrive (Vigo), a Rondalla da Asoc. Cultural, Social e Veciñal de Herville (Mos), a Rondalla da Asoc. Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), a Rondalla da Asoc. de Veciños do Galiñeiro de Vincios (Gondomar), a Rondalla Santiago de Parada (Mos) e as anfitrionas, a Rondalla Santa María do Porriño, a Rondalla da Santa Eulalia de Atios e a Rondalla da AC de Pontellas.

O certame dará comezo ás 17:30 h e estará precedido dun pasarrúas das agrupacións polo centro urbano, sempre que a climatoloxía o permita. As agrupación sairán simultaneamente ás 17 h do Centro Cívico, San Benito, praza Central e Avda. de Galicia.

Como cada ano, a entrada é libre e de balde ata completar aforo e as portas do pavillón abrirán ás 17 h.

O evento será retransmitido en directo nas redes sociais do Concello do Porriño.

O Porriño xa ten o seu décimo de Lotería Nacional na honra a Palacios

Coincidindo co 151 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés o Concello do Porriño presentou o primeiro décimo na súa honra. E é que a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre emitirá unha tirada especial de Lotería Nacional coa imaxe da Casa Consistorial. O décimo, para o sorteo do 30 de xaneiro de 2025, presentouse nun acto no que se sopraron as velas dunha torta e se festexou o aniversario cun brindis.  O alcalde, destacou que “hoxe é un día importante e quero agradecer aos que fixeron posible que este décimo leve O Porriño por toda España”.

REMATAN AS OBRAS DE RECUPERACIÓN DO TEMPLETE DE PALACIOS TRAS INVESTIR MÁIS DE 260.000 EUROS NA SÚA RESTAURACIÓN

A Xunta de Galicia acabou os traballos de restauración do templete de San Luis no Porriño, tras un investimento de máis de 260.000 euros para recuperar a obra do arquitecto Antonio Palacios que foi acceso á primeira liña da rede de Metro de Madrid e que se trasladou a este concello no ano 1970. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante a visita a este ben coincidiendo co aniversario do nacemento do urbanista en 1874.

Tal e como destacou o responsable de Cultura do Goberno galego, con esta actuación “recupérase para a súa merecida posta en valor unha obra emblemática dunha figura imprescindible e de referencia, tanto na arquitectura como no urbanismo de Galicia e España”, enxalzou.

Así mesmo, o conselleiro enmarcou esta intervención das accións que se están a levar a cabo na preservación de obras do prestixioso arquitecto e tamén encadrou a restauración do templete de San Luis dentro do compromiso da Xunta de “conservación, mantemento e posta en valor dos nosos bens patrimoniais para que sigan contando a nosa historia ás novas xeracións”.

Pola súa banda, o alcalde sinalou “que é un pracer visitar estas obras do Templete de San Luis, unha das máis importantes que ten o noso concello, e o feito de que poñamos en valor como nunca a figura do noso ilustre arquitecto con toda unha programación de actos nos que se enmarca esta obra é importante”. Lorenzo apuntou que “a obra está sen rematar e poder inauguralo co parque completo”.

Posta en valor dentro do Camiño Portugués

As obras buscaron acadar un espazo axeitado co obxecto de “mellorar a súa presenza no lugar e pór en valor a peza, ao tempo que se lle devolve o seu carácter arquitectónico”. Ademais, precisou que se repararon os danos nos elementos constructivos cunha cuberta e cun chan que facilite a súa conservación.

O conselleiro salientou o feito de que o templete está situado na entrada do Camiño Portugués ao seu paso polo Porriño, “razón pola que se tivo en consideración o seu emprazamento singular á hora de definir a intervención”, destacou.

O proxecto completouse cunha cuberta para protexer ao edificio das inclemencias meteorolóxicas e dar acubillo a posibles actividades, coa instalación dun elemento de vidro semellante ao cartel orixinal da parada do Metro e a incorporación cun novo sistema de iluminación de presenza e ornamental. Por último, co fin de axudar a entender á veciñanza e visitantes o que foi esta edificación, reflectiuse no despece do pavimento e marcouse a proxección da antiga marquesiña cun cambio de textura.

Construído en 1919

O templete foi construído en 1919 por Antonio Palacios para acceder á estación de Metro na Gran Vía en Madrid. Está incluído no proxecto que lle encargou en 1917 a Compañía Metropolitana e que comprendía o deseño e a decoración de todos os espazos interiores e exteriores da liña Sol-Ventas.

A construción orixinal contaba cun ascensor no seu interior que quedou en desuso despois de colocarse as escaleiras mecánicas. Isto acelerou a súa desmontaxe en 1970. Foi posteriormente enviado ao Porriño por ser a cidade natal do arquitecto, despois de varias alternativas para a súa localización en Madrid e na actualidade está colocado no Campo da Feira.

Ampliamos o horario de atención para atender os requerimentos de limpeza de fincas

Ampliamos o horario de atención para informar sobre os requerimentos de obrigatoriedade de limpeza das fincas e tramitar os seguintes formularios :

  • solicitude de ampliación do prazo requerido
  • inexistencia de masa a xestionar
  • non titularidade da propiedade

Atención presencial no Concello do Porriño en horario de mañá e tarde: de 9 a 14 h e de 16:30 a 19:30 h Para acudir en horario de tarde é preciso pedir cita nos teléfonos 649 897 084 / 686 734 630

Tamén se desprazará persoal ás parroquias en horario de 9 a 14 h: Centro Cultural de Mosende (mércores 8 de xaneiro), Sede da Entidade Local de Chenlo (xoves 9 de xaneiro), CC A Forna de Budiño (venres 10 de xaneiro), CC de Atios (luns 13 de xaneiro), CC San Salvador de Torneiros (martes 14 de xaneiro) e CC de Cans (mércores 15 de xaneiro). 

A caravana do Concello do Porriño retoma as visitas ás parroquias

O vindeiro mércores 15 de xaneiro arranca de novo a oficina municipal móvil do Concello do Porriño para achegar a administración local á vecinanza do rural. Un servizo pioneiro co que o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa atención directa e cercana aos veciños e veciñas.

Como sempre desprazarase os mércores de 9 a 13 h ao lugar sinalado. Comezará en Mosende , no torreiro de San Diego, o 15 de xaneiro. Estará no torreiro de Cans o 22 de xaneiro, o 29 de xaneiro no local social de Atios, o 5 de febreiro chegará á Forna de Budiño, o 12 de febreiro recalará en San Salvador de Torneiros, o 19 de febreiro no centro cultural de Pontellas, o 26 de febreiro no centro cultural de Chenlo e o 5 de marzo nas Mimosas de Carracido.

Como sempre, proporcionarán unha cobertura completa ás necesidades da veciñanza, incluíndo temas relacionados coa atención cidadá, urbanismo, limpieza, obras públicas ou saneamento. Permitirá rexistrar entradas e saídas de documentos, realizar consultas e recibir asesoramento sen necesidade de desprazarse ao centro urbano.

O Porriño aposta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro protocolo de actuación

O Concello de Porriño deu un paso histórico ao licitar por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta (CES) de gatos nas colonias felinas do municipio. O contrato, adxudicado á asociación protectora de animais INMA por un importe superior aos 23.000 euros, ten como obxectivo garantir o benestar destes animais e o control da súa poboación, aliñándose coa lexislación vixente e promovendo unha xestión ética e responsable das colonias.

O servizo licitado inclúe unha serie de medidas fundamentais para o manexo adecuado dos gatiños da rúa. Entre elas, destácanse a atención veterinaria integral, que abarca desparasitación, vacinación, e microchipeado; a captura e a súa posterior liberación no seu lugar de orixe ou, no seu caso, a súa entrega en adopción.

O método CES implementarase coa intención de controlar a poboación de gatos e mellorar as súas condicións de vida. O procedemento realizarase co máximo respecto cara aos animais, empregando gaiolas trampa baixo supervisión para evitar o estrés dos felinos. Todos os animais capturados serán avaliados por veterinarios antes de ser esterilizados e marcados para facilitar a súa identificación e seguimento.

Ademais, o pasado pleno municipal aprobou o primeiro protocolo de control de colonias felinas, que regulará a inscrición de novas colonias, o rexistro de voluntarios, e os procedementos para a adopción de gatos. Este protocolo ten como finalidade mellorar a calidade de vida dos felinos e  fomentar a concienciación sobre a importancia da esterilización e a adopción.

Con esta iniciativa, o Concello do Porriño quere reforzar o seu compromiso co benestar animal e coa colaboración de colectivos e voluntarios, quen serán clave na xestión das colonias e o desenvolvemento das accións establecidas no protocolo.

“O noso principal obxectivo é garantir o benestar animal e controlar a poboación de gatos rueiros, que poidan convivir connosco sen molestias e en boas condicións sanitarias”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Antía Carrera, “pero tamén queremos fomentar a concienciación e colaboración da sociedade en xeral, que se impliquen e coñezan a importancia de coidalos”.

No mesmo sentido expresouse o alcalde, Alejandro Lorenzo, “en definitiva o que buscamos é implementar unha xestión responsable das nosas colonias felinas e promover un modelo de convivencia harmónica entre os animais e a veciñanza. Porque O Porriño somos todos”

 

 

A cativada do Porriño promete moitos sorrisos e abrazos para este 2025

Como xa é tradición no  Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro.

Desde as 11 da mañá, pequenos e grandes disfrutaron da festa mentres os máis pequenos deron as badaladas á súa maneira. Nun escenario decorado para a ocasión, a animación, os obradoiros navideños, os personaxes infantís e a música envolveron ás familias nun ambiente de pura maxia.

Alma, Daniela e Triana foron as encargadas de dirixir as badaladas para dar a benvida ao novo ano, un ano que, como dixeron, “será un novo comezo para todos os nenos e nenas do Porriño. E por iso estamos aquí xuntos, porque nós somos como o novo ano, somos o futuro”.

As mestras de cerimonia fixeron público un compromiso da cativada da vila: “Hoxe aquí, xuntos, prometemos estudar un montón e aprobar todo no cole e no instituto. Prometemos que cada mala cara converterase nun sorriso este 2025 e cada mala palabra, nun abrazo”. Xusto antes de comezar a soar as badaladas deixaron ben claro que “este ano seguro será o mellor ano, pero iso hai que empezalo como se merece”.

E así foi. Co reloxo do Concello marcando as doce en punto, os nenos tomaron as súas uvas de gominola e brindaron con champán de chocolate, facendo desta experiencia un momento inolvidable.

Un dos momentos máis agardados foi o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona que saíu ao escenario tan pronto sonou a última badalada para sorpresa da cativada.

Lembramos que ás 12 da noite, O Porriño vivirá a tradicional celebración pre-fin de ano cos maiores, que tamén disfrutarán das badaladas ao ritmo de El Combo Dominicano e con Raquel Atanes e Juan Fuentes como presentadores. Será na Avda. Domingo Bueno. Os actos comenzarán ás 19 h co pasarrúas das tres rondallas (Rondalla Santa Eulalia de Atios, Rondalla da AC Pontellas e Rondalla Santa María do Porriño). Ás 22 h comezará o concerto de El Combo Dominicano e ás 12 h en punto soarán as badaladas que darán paso ao 2025, que chega con cotillón, chocolate para todos e unha sesión dj para recibilo como merece.

Antonio Palacios acompañará aos Reis Magos no Porriño

Como xa é tradición no  Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro. 

Desde as 11 da mañá, pequenos e grandes disfrutaron da festa mentres os máis pequenos deron as badaladas á súa maneira. Nun escenario decorado para a ocasión, a animación, os obradoiros navideños, os personaxes infantís e a música envolveron ás familias nun ambiente de pura maxia.

Alma, Daniela e Triana foron as encargadas de dirixir as badaladas para dar a benvida ao novo ano, un ano que, como dixeron, “será un novo comezo para todos os nenos e nenas do Porriño. E por iso estamos aquí xuntos, porque nós somos como o novo ano, somos o futuro”. 

As mestras de cerimonia fixeron público un compromiso da cativada da vila: “Hoxe aquí, xuntos, prometemos estudar un montón e aprobar todo no cole e no instituto. Prometemos que cada mala cara converterase nun sorriso este 2025 e cada mala palabra, nun abrazo”. Xusto antes de comezar a soar as badaladas deixaron ben claro que “este ano seguro será o mellor ano, pero iso hai que empezalo como se merece”. 

E así foi. Co reloxo do Concello marcando as doce en punto, os nenos tomaron as súas uvas de gominola e brindaron con champán de chocolate, facendo desta experiencia un momento inolvidable.

Un dos momentos máis agardados foi o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona que saíu ao escenario tan pronto sonou a última badalada para sorpresa da cativada. 

Lembramos que ás 12 da noite, O Porriño vivirá a tradicional celebración pre-fin de ano cos maiores, que tamén disfrutarán das badaladas ao ritmo de El Combo Dominicano e con Raquel Atanes e Juan Fuentes como presentadores. Será na Avda. Domingo Bueno. Os actos comenzarán ás 19 h co pasarrúas das tres rondallas (Rondalla Santa Eulalia de Atios, Rondalla da AC Pontellas e Rondalla Santa María do Porriño). Ás 22 h comezará o concerto de El Combo Dominicano e ás 12 h en punto soarán as badaladas que darán paso ao 2025, que chega con cotillón, chocolate para todos e unha sesión dj para recibilo como merece. 

Acometemos a mellora de 13 marquesiñas cunha inversión de máis de 24.000 euros

O Concello do Porriño culminou recentemente unha serie de melloras en varias marquesiñas de autobús no municipio, con especial atención á instalación dunha nova parada na entrada do IES Pino Manso, unha intervención moi demandada pola comunidade educativa.

A nova marquesiña no IES Pino Manso, que foi completamente derrubada debido ao estado de deterioro que presentaba, renovouse cunha moderna estrutura de aceiro inoxidable (inox) de 8600 x 5000. Ademais, conta cun tellado de panel de sándwich imitación tella e un acabado interior que imita a madeira, o que non só mellora a súa funcionalidade, senón tamén a súa estética. A intervención supuxo un investimento de máis de 16.000 euros e responde á  necesidade do centro educativo, que buscaba unha maior seguridade e confort para os estudantes e persoal do instituto.

Simultaneamente, levaronse a cabo traballos de reparación en doce marquesiñas de autobús situadas en diversas parroquias do municipio, en Atios, Budiño, Mosende e Pontellas. Nestas localidades reparáronse os tellados, garantindo que os usuarios e usuarias das paradas de transporte público conten coa protección necesaria ante as inclemencias do tempo. O investimento nestas reparacións superou os 18.100 euros.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo destacar a importancia destas melloras: “Desde o Concello sempre traballamos para responder as necesidades da nosa comunidade, e a renovación destas marquesiñas era unha necesadide urxente e real. A do IES Pino Manso era unha das solicitudes máis insistentes da comunidade educativa, e nos enorgullece poder dar resposta a esta demanda, mellorando a seguridade e a comodidade dos nosos mozos e mozas. Seguiremos traballando para mellorar as nosas infraestruturas e garantir unha contorna máis segura e accesible para todos.”

O Porriño corre por unha boa causa: Carreira solidaria de Nadal

O Concello do Porriño celebrará a tradicional Carreira de Nadal o vindeiro domingo 29 de decembro, un evento aberto a todas as idades. A proba, cun percorrido accesible de tan só 4 quilómetros, consistirá en dúas voltas ao circuíto urbano (2+2 quilómetros) e terá como punto de saída a Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 11:00 horas.

Esta carreira non só será unha oportunidade para practicar deporte, senón tamén para mostrar o lado máis solidario do pobo. Todos os participantes deberán deixar un donativo solidario, que deberá ser unidade de produtos ou alimentos para bebés (como artigos de hixiene, cueiros, leite ou cereais) ou pasta tipo macarrón ou espiral.

Estes produtos serán posteriormente distribuídos polo programa municipal de alimentos SOS Porriño entre as familias do municipio con menos recursos, colaborando así a mellorar as súas condicións durante estas festas.

A inscrición á carreira é totalmente gratuita e poderá realizarse a través da ligazón dispoñible en ecultura.net , que estará aberto ata as 23:30 h do 27 de decembro. Tamén se poderá inscribir de forma presencial o propio día do evento, na zona habilitada para tal fin preto da saída da proba, antes de que comece a carreira.

Todos os corredores deberán estar na zona de saída 10 minutos antes do inicio da proba para poder colocarse de forma adecuada e garantir o bo desenvolvemento do evento.

A Carreira de Nadal está organizada polo Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, que contribúe á promoción do deporte en familia e á creación de eventos que unen o deporte e a solidariedade.

Desde o Concello do Porriño convidan á veciñanza a unirse a esta xornada festiva e solidaria que promete ser un éxito rotundo.