A ALCALDESA E MAILO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA ENTREGARON OS DIPLOMAS ÓS 16 PORRIÑESES QUE CURSARON O OBRADOIRO DE EMPREGO SOCIAL

Dezaseis porriñeses menores de 30 anos (doce mozas e catro mozos) concluiron hoxe a súa formación no Obradoiro de Emprego “Porriño Social” e recibiron os diplomas e títulos acreditativos da súa formación con válidez estatal. Eva García, alcaldesa de O Porriño e Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, presidiron o acto que se celebrou no salón de plenos do consistorio. Tamén asistiron Ignacio Rial, xefe territorial de Traballo, Sole Girón, concelleira de Servizos Sociais e maila directora do obradoiro.


Este curso de formación para personas desempregadas foi unha iniciativa participada polo Concello de Porriño e pola Xunta de Galicia e desenrolouse nos derradeiros seis meses no centro multiusos de Torneiros. Os participantes formaronse en atención sociosanitaria: oito de eles para atención en institucions como centros de día; os oito restantes para atención a domicilio.
Ignacio López-Chaves valorou como “unha decisión moi axeitada” a elección da atención sociosanitaria “pois cada vez máis institucions e particulares precisan personal formado”. El delegado territorial suliñou que “particularmente en Vigo é ainda máis alta” e animou a que algúns dos participantes no obradoiro “pensedes a posibilidade da iniciativa privada porque cada vez hai máis demanda de estes servizos”.
Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño mostrouse “moi contenta de que algúns de vos xa teñades contrato de traballo” e fixo votos por que “todas e todos teñades moítisima sorte no mercado laboral”. A alcaldesa citou o recente acordo plenario de incrementar a partida orzamentaria para axuda a domicilio ata un importe de algo máis de 800.000€ anuais, coa conformidade da corporación municipal.

O Concello acometerá medio cento de obras de saneamento, asfaltado, equipamentos escolares e deportivos por un millón de euros no que resta de mandato

O goberno municipal de Porriño ven de establecer unha folla de ruta en materia de obras que se acometerán ó longo das vindeiras semanas para melloras de saneamento, asfaltado asi como equipamentos escolares e deportivos que importarán 1 millón de euros e beneficiarán principalmente a todalas parroquias do concello.

A maior cuantía de ese orzamento procede dos 715.000 € que Deputación Provincial otorgaba dentro do “Plan Concellos” cuia asignación revisouse. “No lugar de investir esa dotación en dous megaproyectos,  preferimos acometer perto de 50 actuacions en unha diversidade de actuacions que mellorarán a moitísimos veciños que agardan por conectar as suas vivendas á rede de saneamento, polo arranxo de camiños, pola mellora de colexios como en Atios ou pola ampliación do Pabellón Municipal, por exemplo”, sinalou Eva García, alcaldesa de Porriño. A primeira autoridade municipal mantivo a principios de semana unha reunión en Deputación na que se acordou o reenfoque do destino desa partida orzamentaria.

De xeito que tras unha reunión do equipo de goberno cos técnicos municipais acordouse destinar 370.000 euros a 10 obras de saneamento que permitirán que 150 vivendas en diferentes parroquias se enganchen á rede. Asimesmo se consignan 100.000 euros para asfaltados e repavimentados nas sete parroquias e 166.000 euros en obras varias.

Tamén 60.000 euros para melloras en centros de ensino  “coma o CEIP “Fernández López” a fin de retirar o falso teito e o arranxo dos baños que non fixera a Consellería de Educación a pesar de terse reiterado a correspondente petición ou para acometer as obras nos vestiarios do CEIP de Atios, compromiso non ejecutado polo anterior responsable político desa materia”, declarou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda e Educación. Por último tamén se investirán 260.000 euros en actuacions deportivas entre as que destaca a reparación de gradas e ampliación do aforo do Pavillón Municipal con 300 prazas mais para chegar a meter 2.000 espectadores.

O concello de Porriño segue agardando polo plan de descontaminación do lindano que comprometeu a Xunta de Galicia

Ante as novas sobre a aparición de novos restos de lindano en monte comunal – a expensas da confirmación polos técnicos que recolleron mostras-, o Concello de Porriño ten que indicar que carece de información directa tanto pola parte da Comunidade de Montes de Torneiros como pola parte da Xunta de Galicia. Non obstante a alcaldesa de Porriño anunciou este mediodía que dará as instruccions necesarias para que se comprobe que non se ten cometida irregularidade algunha.

O Concello de Porriño remitese ás actuacions realizadas tanto en 2017 coma en 2018, cando apareceron restos de lindano entre as terras que se removeron para as obras de saneamento e posteriormente de abastecimento de auga na zona.

Asimesmo o Concello de Porriño quere aproveitar esta circunstancia para lembrarlle á Xunta de Galicia que segue agardando polo plan de descontaminación que a administración autonómica comprometeuse a realizar en 2017 para o que se mantiveron reunions con veciños, comuneros e mailo propio Concello. Dito plan pretendía unha actuación integral xa que nesa zona do territorio porriñés, lamentablemente, constatouse a presenza de lindano no subsolo. Tristemente o compromiso da Xunta de Galicia no ten recibido consignación orzamentaria e segue sen executarse.

CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO PORRIÑO SOCIAL

Dezaseis porriñeses menores de 30 anos concluirán mañan mércores a súa formación no Obradoiro de Emprego “Porriño Social” que se impartiu nos derradeiros seis meses no centro multiusos de Torneiros. Os participantes formaronse en atención sociosanitaria: oito de eles para prestar atención en institucions como centros de día; os outros oito para atención a domicilio.
Este obradoiro de formación para personas desempregadas menores de 30 anos, é unha iniciativa participada polo Concello de Porriño e pola Xunta de Galicia. Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño presidirá o acto de entrega de diplomas xunto cos representantes da Xunta de Galicia.
“Este ano cumpre suliñar que rachouse coa tónica de que a meirande parte dos participantes fosen mulleres e tamén houbo homes. Semella un bo sinal” valorou Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais do goberno municipal porriñés.
No acto de conclusión do obradoiro, que se celebrará mañan mércores 27, ás 10 horas no salón de plenos do Concello, os participantes recibirán un diploma certificado de profesionalidade con válidez estatal.

Apelan á solidariedade dos porriñeses: “Doa sangue, súmate ó noso equipo”

A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) que integrou ó Centro de Transfusións de Galicia, apela á solidariedade dos porriñeses. Unha unidade móvil para recollida de doazons de sangue ubicaráse esta semana, durante tres días, a partir do mércores 27 e ata o venres 29 inclusive, na rúa Domingo Bueno, diante da cafetería “Skala”, en horario de tarde, entre as 16 h ás 21 h.

Diariamente necesitanse 500 doazons de sangue en Galicia para axudar a centos de enfermos e salvar moitas vidas.

A OMIX do Concello do Porriño inicia as actividades do programa “Corto e Cambio”

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño anuncia o desenrolo a partir de esta última semana de marzo do programa “Corto e Cambio” dirixido a prevención do consumo de alcohol, drogas e tabaco entre adolescentes. Inscribironse máis de 150 mozos e mozas porriñeses para elaborar audiovisuais para sensibilizar á mocidade. A campaña focalizarase entre o alumnado nos dous Institutos de Secundaria do Concello.
A campaña pretende previr mediante a sensibilización sobre as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo deste tipo de sustancias. Os alumnos participantes contarán co apoio dunha psicóloga para traballar os contidos mais teóricos e dun titulado en comunicación audiovisual para apoiar na parte técnica de todo o que rodea a elaboración das pezas audiovisuais.
“O traballo basearase na utilización doutros recursos audiovisuais realizados por mozos e mozas de idades similares, de xeito que lles sexa mais doado empatizar e implicarse na elaboración de novas pezas audiovisuais que axuden aos seus compañeiros/as a identificar os riscos físicos e psíquicos para a saúde derivados do consumo deste tipo de sustancias, a analizar a presión grupal como factor favorecedor do inicio no consumo, a desmontar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo e adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos”, según apunta Noelia de la Fuente, responsable de la OMIX.
As sesións de traballo durarán ata finais do mes de maio, que será cando se presenten as pezas audiovisuais elaboradas por cada un dos grupos, nun acto organizado polo concello coincidindo co festival de Cans.

O CONSORCIO DO LOURO CELEBROU O DIA MUNDIAL DA AUGA CON ACCIONS DE CONCIENCIACION CARA Á POBOACION

A edición e distribución dun manual de bos usos titulado “No Consorcio do Louro amamos a auga” e a convocatoria da IV edición do Concurso de Debuxo entre escolares dos catro concellos consorciados, constituen as dúas accions divulgativas que hoxe se presentaron na súa sede en Guillarei. Eva García, alcaldesa de Porriño e presidenta do Consorcio de Augas do Louro participou xunto cos alcaldes de Salceda, Marcos Besada e Tui, Carlos Vázquez Padín, na presentación desas accions de concienciación á poboación coas que “queremos achegar unha mensaxe sobre a importancia de coidar un recurso que non é ilimitado”.
A distribución do manual, do que se editaron 6.000 exemplares, fixose en colaboración co comercio local dos catro concellos. Ainda completarase coa entrega tamén ós escolares dos centros docentes de Porriño, Mos, Salceda e Tui.


“Resulta imprescindible que a veciñanza coñeza que o cambio climático limita un recurso que pensábamos que era inesgotable e que non é de balde” engadiu a alcaldesa de Porriño. Eva García salientou “o enorme traballo que se fai nesta Estación Depuradora do Louro non só para o tratamento das augas residuais senon tamén na investigación I+D+I en productos de valor engadido que aquí realizan”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda suliñou “o excelente manual editado para esta ocasión” do mesmo xeito que Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui dixo que “resulta moi positivo que se transmitan dun xeito moi didáctico modos de aforro”.
Finalmente Llerena Perozo, autora do manual que tamén estivo na presentación,
ponderou que “terán que ser os nenos e nenas os que actúen como prescriptores nos seus respectivos fogares ante os seus pais e avós”.
Por outra banda anunciouse a inminente apertura do prazo, no mes de abril, para a elaboración e presentación de debuxos para o IV Concurso convocado polo Consorcio de Augas do Louro entre os escolares de 3º e 4º de Primaria dos colexios dos catro concellos consorcíados. Este ano pretendese que os debuxos teñan como tema principal o ciclo urbano da auga e os traballos poderán presentarse ata o 31 de maio. Os premios entregaranse o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

22 de marzo: Día Mundial da Auga

O venres 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo, o Consorcio de Augas do Louro que actualmente preside Eva García, alcaldesa de Porriño, vai celebrar en Guillarei unha serie de actos vencellados coa data. Trátase de accions de divulgación e concienciación cidadá acerca da importancia e valor da auga.

Unha das accions vai dirixidas ós máis cativos. Consiste na cuarta edición do Concurso de Debuxos, baixo o lema “Investigadores da auga”. Outra das accions do Consorcio baseáse na presentación do libro “No Consorcio do Louro amamos a auga” do que se editaron 6.000 exemplares que van ser repartidos entre a veciñanza dos concellos de Porriño, Tui, Salceda e Mos. Trátase dun manual de bos usos da auga cuia distribución realizase en colaboración co comercio local dos catro concellos.

O manual inclue numerosos consellos para habituarnos na nosa vida cotiá a valorar un recurso tan imprescindible coma limitado.

Presentación da XXXI Feira Apícola PORRIÑO VOLTARA A SER A CAPITAL DO MEL DAS RIAS BAIXAS

A partir de mañán venres 22, Porriño torna a se converter na capital do mel coa celebración da XXXI edición da Feira Apícola Rias Baixas queterá lugar o sábado 23 na praza Arquitecto Palacios. A Feira estará complementada polas Xornadas Técnicas de Apicultura que albergará o Centro Cultural Municipal, tamén ó longo do sábado. E como limiar terá lugar o venres unha actividade didáctica cara ós máis pequenos. Este ano os protagonistas serán os alumnos e alumnas do CEIP Fernández López que terán oportunidade de facer unha degustación de diversos tipos de mel.
Agrupación Apícola de Galicia, Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra e o CRIGP Mel de Galicia, organizadores da Feira, queren amosar de novo que “o mel galego, a pesar dos cambios económicos e sociais, segue a gozar dunha fortaleza e saúde envexables”, según palabras de José María Seijo, presidente dos apicultores gallegos.
Nesa mesma liña Esther Ordóñez apuntou que hoxendía hai en Galicia 3.500 apicultores e 176.000 colmenas rexistradas. “’Mel de Galicia’ é a denominación de orixe que tén máis colmenas adscritas, máis apicultores inscritos e que certifica máis producto cada ano”. “Temos un posicionamiento importante e ainda estamos por medrar máis ata o punto de que os apicultores poidan vivir deesta actividade por que ata de agora supon unha renda complementaria”, engadiu a presidenta da Indicación Xeográfica “Mel de Galicia”.


Os voceiros presentes na rolda de prensa de presentación celebrada hoxe no Concello de Porriño amosaron o seu agradecemento ós concellos da bisbarra coma Porriño polo traballo para a eliminación de niños de velutinas. “Trátase dunha loita biolóxica na que estamos moi comprometidos”, según indicou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.
Precisamente nas xornadas técnicas que se celebrarán en paralelo ca Feira, farase especial fincapé na prevención e loita contra esas plagas que amenazan ó sector apícola