O Concello de Porriño participará esta vindeira fin de semana no I Encontro de Participación e Adolescencia de Galicia que terá lugar no concello ourensán de Castrelo do Miño.

Porriño estará representado por unha delegación composta por catro alumnos de colexios da cidade máis un monitor e a responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Porriño, Noelia de la Fuente Pérez. O alumnos son dous do CEIP Cruz Budiño e outros dous do CEIP Antonio Palacios que participaran no recente pleno infantil celebrado no Concello o 10 de maio.

Porriño, nomeada Cidade Amiga da Infancia por UNICEF en 2018, celebra anualmente o pleno municipal infantil para aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno. Tratase de dar voz á infancia  e que as súas opinións sexan tidas en conta  na toma de decisións a nivel municipal. Nese eido co, UNICEF promove tamén a celebración dos consellos de participación infantil e de mocidade a nivel rexional como o que se celebrará o sábado 8 e o domingo 9 en Castrelo do Miño. Acudirán en total 50 nenos e nenas de toda Galicia.