ESTE SERÁN PARTIDO AMISTOSO ENTRE A SELECCIÓN FEMININA DA REPUBLICA DOMINICANA E O BALONMAN PORRIÑO

Este serán, ás 20,30 horas no Polideportivo Municipal terá lugar un partido amistoso entre a selección feminina da República Dominicana e o Balonmán Porriño . O encontro forma parte da preparación que está a realizar o combinado centroamericano que se atopa concentrado en Mondariz na Residencia Cemar. Estárán ata o 16 de xullo para preparar a súa participación nos Xogos Panamericanos que terán lugar a finais de mes no Perú. Na súa estadía e concentración en Mondariz está a colaborar o club Balonmán Porriño.

Axentes da Policía Local evitaron a extensión dun lume no interior do bar restaurante “La Cueva”

Varios axentes da Policía Local do Porriño e o responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron en axuda do propietario e persoal do Bar Restaurante “La Cueva”, na praza Arquitecto Antonio Palacios onde se declarou ás 13.48 horas un lume no interior da cociña que tivo a súa orixe nunha freidora.
Os axentes empregaron unha manta que mollaron con auga para afogar as lapas ata a chegada dunha doración do Parque Comarcal de Bombeiros de Porriño que remataron de extinguir o lume e de ventilar o local do fume. 
Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais agás unas lixeiras quemaduras que sufriu o propietario do establecemento das que foi atendido polo personal de Emerxencias Sanitarias que se desplazou e trasladado ó Centro de Saúde de Porriño. Posteriormente foi derivado e atendido na Unidade de Queimados de POVISA onde horas despois deronlle a alta.


Tanto o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodriguez que foi un dos axentes que interviron na extinción do sinistro como os concelleiros Sergio Casal e David Alonso acudiron a interesarse polo sinistro e polos traballadores do local.

O vindeiro sábado terá lugar a presentación do Edificio “Praza de Ramiráns” que resolve unha conflictiva promoción inmobiliaria

Unha promoción inmobiliaria que quedou obstruída pola crise do ladrillo chega ó seu termo. O sábado 6 de xullo, ás 11 horas, terá lugar a presentación do edificio “Praza Ramiráns”, organizada pola firma “Copernicus”  que retomou o vello emprendemento de “Paseo Marítimo” que naufragou co estallido da burbulla do ladrillo.

Duas axencias inmobiliarias de Porriño “Inmonova” e “LM Inversións” teñen á venta os pisos de 2, 3 e 4 dormitorios con prezos dende 83.000 euros que os interesados poderán visitar o sábado con motivo dunha xornada de portas abertas entre as 10 horas e as 19 horas.

A promoción naceu no ano 2005 baixo o nome “Edificio Paseo Marítimo” pero despois de diversas peripecias, o proxecto quedou en vía morta. En 2009 paralizaronse as obras, en 2011 a promotora anterior entrou en liquidación e finalmente fixose cargo a SAREB (alcumado como “o banco malo”).
No ano 2017 “Copernicus”, un fondo de inversión, adquiriu o edificio e reanudou as obras deste inmoble con cinco andares e baixo cuberta que alberga 147 viviendas.

Arranca o Campamento de Verán para axudar á conciliación familiar no Porriño

A partir de hoxe comeza a actividade do Campamento de Verán 2019 que organiza o Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade e co financiamento da Deputación Provincial. O Concello promove esta actividade como medida de conciliación para as familias de Porriño.

Serán un total de 120 nenos e nenas nacidos entre 2007 e 2014 que disfrutan das diferentes actividades, xogos e talleres que componen este programa lúdico de ocio e tempo libre, durante o mes de xullo ata o 9 de agosto. As actividades do Campamento de Verán 2019 desenrolanse nas instalacións do Pabellón e Piscina municipais así como no colexio público Fernández López.

O Club Atletismo Porriño fará coincidir o domingo a XIV Carreira de Xóvenes Atletas co Memorial “As Agüíñas Diego Salgueiriño”

O Club de Atletismo de Porriño informou que este ano fará coincidir a XIV edición da Carrera de Xóvenes Atletas coa celebración do Memorial “As Agüiñas Diego Salgueiriño”.

O evento deportivo terá lugar este domingo 30, a partir das 10 horas. Desenvolverase nas instalacións do Club no Polígono Industrial A Granxa e nos montes aledaños, segundo informou á Concellería de Deportes, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porriño.

Dito evento consta de distintas probas dende a categoría Pitufos ata Cadete e tamén categoría absoluta, sendo todas elas carreiras a pé. O Club estima unha presenza de unhas 200 persoas entre participantes e organización.

Entrega da segunda edición do Premio Roberto Vidal Bolaño

O Concello de Porriño lembra que este sábado 29 terá lugar a entrega do II Premio “Roberto Vidal Bolaño” para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.

O premio corresponderá a Ana Abad de Larriva pola obra “A sombra das árbores”, segundo o fallo do xurado, coñecido hai días, ó que se dará lectura durante a ceremonia. Comezará ás 19 horas no Instituto de Ensino Secundario Ribeira do Louro coas intervencións do escritor Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia; Delio García Represas, profesor do IES Ribeira do Louro, e Lourdes Moure, concelleira de Educación.

O Concello sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinará coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada.

O subcampión galego de Kick Boxing adestrará ás mulleres que participan no curso de defensa persoal feminina

Juan Rivera, subcampeón de Galicia en Kick Boxing modalidade K1, participará o sábado na instrucción ás mulleres que están a participar no curso permanente de defensa persoal feminina que patrocina o Concello do Porriño. Juan Rivera é de Mos e leva unha carreira deportiva exitosa que en breve propiciará o seu salto ó profesionalismo como dice o seu entrenador, Juan Alonso que tamén é outro dos monitores do curso de defensa persoal feminina.

Lembremos que o Concello do Porriño tomou a decisión de proseguir coas clases de defensa persoal feminina despois do éxito acadado polo curso que se realizou no pasado mes de maio. A partir de agora con carácter permanente. Deste xeito O Porriño é o primeiro concello de Galicia en ter ese curso de forma continuada, segundo a decisión que tomaron a alcaldesa Eva García e maila concelleira de Seguridade, Lourdes Moure baseándose na grande acollida e repercusión que tivo entre as mulleres do Porriño e bisbarra.
De feito foron as propias alumnas as que instaron a manter de xeito permanente este tipo de formación para garantir a súa seguridade e saber como respostar diante de calquera agresión. Das 137 mulleres que participaron no primeiro curso xa hai 68 que participan nesta acción formativa continua.
O curso comezou o pasado sábado 15 de xuño no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 2. A formación realizase en dous sábados ó mes. A vindeira clase será o sábado 29 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas. Non compre anotarse para asistir. Abonda con acudir con roupa deportiva no lugar e hora. A Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar na organización e instrucción das mulleres participantes.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto visitou á Alcaldesa co gallo do campus do “PBB”

Paco Martín Micó, presidente da Federación Galega de Baloncesto pasou hoxe pola Alcaldía a saudar a Eva García e reiterar a colaboración dese estamento con Porriño. O presidente atopábase na cidade co gallo do Campus do “Porriño Baloncesto Base”. Ó encontro sumaronse David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo. Pasaron revista ás liñas actuais de colaboración e ás que nun futuro poderían manterse entre Federación Galega de Baloncesto e Concello do Porriño.

No que atinxe ó Campus do “PBB” no que participan 236 nenos e nenas de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, vén celebrandose durante esta semana no Polideportivo Municipal e concluirá mañá sábado. Pasaron nestes días, entre outros, Martín Iglesias ex-xogador do Porriño Baloncesto Base que actualmente milita no Barcelona. A participación deste e outros xogadores de nivel foi unha das novidades do mesmo xeito que Lucas Vaquero que asumiu a dirección do Campus, avalada pola súa experiencia como xogador e entrenador da Liga EBA en Porriño.

O Campus do Porriño Baloncesto Base concluirá o sábado a mediodía e á clausura asistirán Eva García, alcaldesa de O Porriño e David Alonso, concelleiro de Deportes.

A Conselleira de Infraestructuras xa tén a carta da Alcaldesa do Porriño coas reivindicacións dos vecinños de A Vaquería

A Alcaldesa do Porriño cumpriu co seu compromiso cos veciños de A Vaquería e xa remititu unha carta coas reivindicacións á titular da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia. Na misiva que a conselleira Ethel Vázquez xa tén no seu poder, Eva García escribe “solicitoche do xeito máis atento nos informes sobre os avances no proxecto de asfaltado da estrada programado para o mes de setembro”.
E a continuación engade a carta da alcaldesa á conselleira: “a comunidade de montes da dez días para a resposta (…) polo que en caso contrario, espero que entendas que a miña obriga é estar da man dos vecinos para que teñan liñas descontinuas, isletas, pasos de peóns…”

A Alcaldesa advirte que “os vecinos ameazan con mobilizacións nas portas da Consellería e o meu compromiso é con eles”. Lembremos que Eva García comprometeuse cos veciños de A Vaquería a trasladar ós demáis grupos municipais que apoien ás movilizacións dos veciños que “se levarían ata Santiago de Compostela”.
Actualmente os veciños deste barrio da parroquia de Budiño están a cortar diariamente o tráfico, nun carril da estrada, dúas veces ó día.

Unha comitiva municipal agradece ó Comandante Naval de Tui a colaboración no pasado Triatlón Concello do Porriño e visita ás obras de arranxo da pista deportiva do CEIP de Atios

Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa Eva García realizou unha visita á Comandancia Naval de Tui para agradecer ó seu máximo responsable, o capitán de corbeta Ignacio Tobarra, a colaboración inestimable da Armada no pasado Triatlón Concello do Porriño.

A proba disputada o pasado 8 de xuño con 205 participantes desenrolouse sen incidencias. A parte sempre máis perigosa é o tramo inicial de natación, cun percorrido de 750 metros no río Miño, debido ás correntes fluviais. Foi impecable grazas á inestimable colaboración do persoal da Comandancia que ademáis cedeu a súa darsena para realizar a primeira transición cando o participantes collen a súas bicicletas para facer o segundo tramo da proba.

O capitán de corbeta Ignacio Tobarra informou á alcaldesa e resto da comitiva municipal do Porriño que en breve será destinado a Madrid e que polo tanto haberá relevo no mando da Comandancia de Tui.

De retorno a Porriño a comitiva municipal detivose no CEIP de Atios para comprobar o resultado das obras de arranxo da pista deportiva cuberta nas que se investiron 19.390 euros durante o pasado mandato 2015/2019 polo goberno de Eva García. Ainda resta por rematar a construcción dos baños que se acometerá en breve. Asimesmo comprobaron o resultado doutras actuacións no exterior do centro docente realizadas en colaboración coa ANPA.