A última hora da mañán firmouse a convocatoria do pleno da Corporación Local de Porriño que deberá ratificar a organización e reparto de tarefas e delegacións do goberno municipal así como a composición das comisións municipais.
A sesión plenaria terá lugar o venres 12 xullo, ás 18 horas.
Presentarase unha estructura de goberno de coalición pactado polo PSOE e o BNG. As negociacións están a piques de rematar nas vindeiras horas.
Proporánse seis dedicacións exclusivas coas mesmas retribucións económicas contempladas no Orzamento Municipal en vigor e reduciráse un dos dous cargos de confianza existentes.
Contemplase a creación de seis comisións informativas municipais, así como a periodicidade de plenos da Corporación e comisións.
As comisións informativas os penúltimos mércores de cada mes e os plenos celebraránse os últimos mércores de cada mes, en horario de tarde.