A reparación das humidades no acceso principal ó Pavillón 1 do Polideportivo Municipal xa están prácticamente rematadas. En consecuencia, tamén pudo reabrirse o ximnasio sito debaixo que padecía filtracións e permaneceu pechado ata que consumaron as obras de reparación do acceso.
David Alonso, concelleiro de Deportes comprobou hoxe o resultado das obras realizadas que se financiaron cunha achega de 41.503 € aportada pola Deputación de Pontevedra con cargo ó Plan Concellos 2018/2019. A reforma foi executada pola firma “Revcom Energías Renovables SL”.
O colectivo de persoas inscritas en ximnasia de mantemento xa voltaron a utilizar o ximnasio do mesmo xeito que persoal da Garda Civil que o empregan por convenio co Concello.
Neste local, situado debaixo do acceso, colocouse unha superficie de espuma para aillar do parquet que atópase deteriorado polas humidades. “En breve mudaremos ese solo de parquet o que intentaremos que se faga nun fin de semana para aminorar molestias ós usuarios”, manifestou o concelleiro de Deportes.