Un grupo de mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra impartiron hoxe ós vecinos e veciñas asistentes unha charla informativa sobre a compostaxe, previa a entrega dos composteiros entre os peticionarios. Os sesenta veciños que solicitaron composteiros estaban convocados este mediodía no Multiusos de Torneiros

Despois da charla informativa, os mestres explicaron ós asistentes como se realiza a montaxe dos composteiros que se entregaron embalados e que estaban almacenados no Multiusos.

O Concello recibiu 80 composteiros individuais do Plan Revitaliza para o seu reparto entre veciños de O Porriño que os solicitaran para as súas vivendas. Como quedaron composteiros sen adxudicar e agardase que haxa maior demanda, “ avindeira semana abriremos un novo prazo de solicitudes para pedirllos que prolongaremos ata xaneiro”, anunciou Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente. A solicitude pódese rechear a solicitude no rexistro do Concello.

O desarrollo da compostaxe no concello de O Porriño e a vinculación da veciñanza co tratamento e reciclaxe dos residuos orgánicos foi unha tarefa iniciada no anterior mandato municipal polo ex concelleiro Orlando Marquez.