O Centro Cultural do Porriño será o escenario dunha innovadora exposición de arte contemporánea centrada no fogar e a familia, un proxecto que pretende achegar a arte actual ao público e xerar diálogos en torno a estes conceptos universais.

Baixo o título “Origen es: familia e fogar” a mostra inaugurarase o vindeiro 23 de decembro ás 18 h, permanecerá aberta no horario habitual do Centro Cultural ata o día 3 de xaneiro de 2025 e contará con máis de 20 obras de arte creadas por 14 artistas: Alba Fernández, Alicia Prieto, Andrea Chas, Ángel Cerezo, Carlos Tenorio, Carolina Ferro, Evian Alves, Iago Rodríguez, Iñigo Barreiro, Jimena Arenas, José Paniagua, Lucía Rodríguez, Saray M. Santos, Sofía Neira.

Os participantes son alumnos e alumnas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, así como graduados e artistas amateurs. A selección de piezas abarca diversas disciplinas, como pintura, escultura, textiles e incluso arte audiovisual, ofreciendo aos visitantes unha ampla e actualizada visión do panorama artístico actual.

Esta iniciativa xorde como parte dun traballo da asignatura “Xestión, ámbito artístico e mundo profesional”, impartida polo profesor Xosé M. Buxán Bran, que tamén exerce como decano da Facultade de Belas Artes e que, xunto coa comisaria da mostra, Ángela Estévez, presentou a mostra na Casa Consistorial.

Nesta proposta, pediuse ao estudantado do último curso que deseñase e xestionase un evento artístico real, brindándolles a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos e conectar co público a través da arte. E ese foi o caso da comisaria desta exposición, a porriñesa Ángela Estévez, quen debuta como xestora nun evento destas características. Con esta mostra, Ángela non busca soamente mostrar o talento emerxente, senón tamén acercar a arte contemporánea a persoas alleas ao eido artístico, fomentando a interese e a reflexión en torno ás temáticas propostas.

Arte para xerar diálogo

O fogar e a familia son conceptos profundamente persoais e universais ao mesmo tempo. A través desta exposición, os artistas compartirán os seus puntos de vista e experiencias, invitando ao público a reflexionar e dialogar sobre a importancia, os desafíos e as diversas interpretacións destes temas no contexto actual.

Esta iniciativa representa un espacio de encontro entre creadores e espectadores, onde a arte actúa como unha ponte para o entendemento e a comunicación. Desde a organización agradeceron  ao Concello do Porriño a súa colaboración, destacando quea Concellería de Cultura sigue apostando pola arte e a cultura como piares fundamentais para a comunidade.