Antón Sío Lago, do CEIP “Antonio Palacios” foi o gañador do “III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño” que recibiu de máns de Eva García de la Torre. A Alcaldesa de Porriño asistiu á clausura do Torneo xunto coa concelleira de Educación , Lourdes Moure.
Finalmente foron 122 os rapaces e rapazas de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, os que participaron na competición celebrada hoxe.
Este ano correspondeulle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
Alicia Rodríguez (“Santo Tomás”) foi a segunda clasificada e o seu compañeiro de “cole” Diego Vázquez quedou terceiro. Noa Teixeira Alvarez e Javier R. Rocha, ambos do CEIP Antonio Palacios, completaron as cinco primeiras prazas.