Este mércores 13 de novembro terá lugar a presentación da obra gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. A obra galardoada chamase “A sombra das árbores” e a súa autora é Ana Abad de Larriva.
A presentación celebraráse no Centro Cultural Municipal de O Porriño, a partir das 19 horas. Ademáis da autora asistirán a concelleira de Educación, Lourdes Moure; Francisco Castro, director de “Editorial Galaxia” e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro”.
O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presenta no Porriño.
No que atinxe á autora, Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia.