Axentes da Policía Local de O Porriño salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. O pasado luns 11, cando a Policía Local recibiu aviso do sinistro acudiron dous coches patrulla e atoparon ó conductor accidentado en parada cardíaca.
Os axentes acadaron estabiliza-lo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requiriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ó Centro de Saúde a recoller ó personal facultativo e leva-lo ata o lugar do sinistro.
O ferido foi finalmente trasladado ó Hospital Alvaro Cunqueiro onde se recupera desde o luns pasado.
Neste caso compre referir a colaboración prestada tamén pola Policía Local de Mos e pola Garda Civil de Tráficio que cooperaron na regulación do tráfico.

O Concello ten que suliñar que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior ós 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. Polo que non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia. Por esta razón desde a Concelleiría de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ó Sergas que 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia.