A partir de mañán venres 22, Porriño torna a se converter na capital do mel coa celebración da XXXI edición da Feira Apícola Rias Baixas queterá lugar o sábado 23 na praza Arquitecto Palacios. A Feira estará complementada polas Xornadas Técnicas de Apicultura que albergará o Centro Cultural Municipal, tamén ó longo do sábado. E como limiar terá lugar o venres unha actividade didáctica cara ós máis pequenos. Este ano os protagonistas serán os alumnos e alumnas do CEIP Fernández López que terán oportunidade de facer unha degustación de diversos tipos de mel.
Agrupación Apícola de Galicia, Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra e o CRIGP Mel de Galicia, organizadores da Feira, queren amosar de novo que “o mel galego, a pesar dos cambios económicos e sociais, segue a gozar dunha fortaleza e saúde envexables”, según palabras de José María Seijo, presidente dos apicultores gallegos.
Nesa mesma liña Esther Ordóñez apuntou que hoxendía hai en Galicia 3.500 apicultores e 176.000 colmenas rexistradas. “’Mel de Galicia’ é a denominación de orixe que tén máis colmenas adscritas, máis apicultores inscritos e que certifica máis producto cada ano”. “Temos un posicionamiento importante e ainda estamos por medrar máis ata o punto de que os apicultores poidan vivir deesta actividade por que ata de agora supon unha renda complementaria”, engadiu a presidenta da Indicación Xeográfica “Mel de Galicia”.
Os voceiros presentes na rolda de prensa de presentación celebrada hoxe no Concello de Porriño amosaron o seu agradecemento ós concellos da bisbarra coma Porriño polo traballo para a eliminación de niños de velutinas. “Trátase dunha loita biolóxica na que estamos moi comprometidos”, según indicou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.
Precisamente nas xornadas técnicas que se celebrarán en paralelo ca Feira, farase especial fincapé na prevención e loita contra esas plagas que amenazan ó sector apícola