Panxoliñas e as rondallas de Pontellas e Atios que se situarán ó principio e ó final da comitiva, animarán musicalmente a Cabalgata de Reis do Porriño que se celebrará o vindeiro domingo 5 de xaneiro, a partires das 18 horas.
As tres carrozas principais cos Reis Magos e as tres auxialiares partirán desde o Polideportivo Municipal e realizarán o percorrido habitual ata rematar na ráus peonis. A recepción dos Reis Magos e o seu séquito ós nenos e nenas do Porriño terá lugar na praza do Concello. No caso de choiva pasaríase á carpa Roxy.

Haberá caramelos brandos e sen gluten. A Concellería de Cultura ven de contratar o aprovisionamento de 1.500 kilos para esta Cabalgata e outros eventos ó longo do ano.

Para quen non poida seguir de xeito presencial a Cabalgata, a Concellería de Cultura contratou a retransmisión por “streaming” do mesmo xeito que se fixo ó día 1 co Concurso de Rondallas.

A Concellería de Cultura e a Policía Local revisaron o plan de seguridade para este evento que contempla a realización de diversos cortes de tráfico, sinalización dos mesmos e habilitación de rutas alternativas.
Asimesmo acordouse publicar nesta mesma páxina web do Concello, unha serie de recomendacións de seguridade apelando ó sentidiño de pais, nais e demaís persoas que esteán ó cargo dos nenos.