O Concello do Porriño da un paso máis na súa aposta por unha administración electrónica innovadora, marcando un paso significativo na transformación dixital.

O acceso dos cidadáns e empresas á información do estado das súas xestións con esta entidade está dispoñible xa a través da Carpeta Cidadá do Goberno de España(https://carpetaciudadana.gob.es). Unha nova canle que ven a sumarse á sede electrónica municipal.

Tal e como explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, este avance estratéxico foi posible “grazas a un traballo previo de optimización e normalización dos procedementos municipais, co obxectivo de aportar unha maior eficiencia na prestación de servizos á veciñanza e ofrecer unha información veraz, actualizada e de calidade”.

A adopción da tecnoloxía na xestión administrativa non só simplifica os trámites, senón que tamén axiliza os procesos, reducinto tempos e mellorando a accesibilidade por parte da cidadanía.

A mellora das canles de comunicación coa cidadanía é unha premisa baixo a cal traballa o executivo, polo que xa traballa en varias iniciativas a maiores que como esta reflicten o compromiso do Concello coa modernización e a adaptación ás necesidades actuáis, ofrecendo canles de comunicación e acceso á información municipal desde calquera dispositivo electrónico.