O Goberno Municipal de Porriño ten que lamentar novamente a política de atrancos e maniobras que os concelleiros do PP e nomeadamente o seu voceiro, están a empregar para dificultar a gobernabilidade da nosa vila.
Agora o PP está a sacar peito pola consecución dun pleno extraordinario convocado para o luns 26 de agosto cuia orde do día pretende realmente prolongar o pagamento a proveedores do Concello e persigue unha revisión de oficio da facturas de tres exercicios e polo tanto a nulidade das facturas, algo inédito no municipalismo galego.
O Goberno Municipal ten solicitados informes á Intervención Municipal e tamén á Deputación Provincial ante semellante proposta.
Namentres o Goberno Municipal ten que lembrar que as maniobras do PP impediron xa hai case que duas semanas a celebración do pleno municipal que ía celebrarse o pasado 30 de xullo. Aquela sesión tivo que cancelarse ante un erro administrativo que o Partido Popular pretendía aproveitar para solicitar a invalidez dos posibles acordos que se adoptaran na sesión como o o propio PP anunciara.
Como xa dixera entón este gonberno municipal resulta altamente contradictorio que o PP reivindique o pago das facturas pendentes e cando atopámonos ante unha sesión plenaría na que figuraban duas propostas que facilitarían o pago de máis de dous millóns de euros en débedas, poñan impedimentos para a celebración do pleno.
Lembramos que na sesión plenaria cancelada destacaban as propostas de aprobación de sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios.
Unha das propostas era para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros.
A outra proposta era para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros.
Agora é o PP con ese pleno extra, o que quere é botar abaixo toda a facturación e soterrar ós proveedores a outro longa espera.