O parque infantil “A Forna” en Budiño vén de estrear unha tirolina de 12 metros de lonxitude, entre outras melloras sustanciais deste espazo de lecer da veciñanza desta parroquia porriñesa. A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez inspeccionaron o resultado das obras, financiadas polo Concello de Porriño cun orzamento de 29.264 € (IVE engadido).


Sendo a tirolina a mellora máis chamativa, vale a pena destacar ademáis a instalación dun circuito biosaudable e as melloras introducidas no parque infantil preexistente no que se colocou un columpio cesta para nenos e para personas con diversidade funcional.

O goberno municipal de Porriño tén en carteira acometer de seguido as melloras doutros dous parques infantis na travesía do Matadoiro e mailo parque Fontevella na rúa Pío XII.