O Concello do Porriño garante que manterá con normalidade a recollida do lixo no termo municipal, a través da empresa concesionaria “Ascan” como ven de facer ó longo desta semana, a pesares dos problemas de indisponibilidade que afectan á planta de transferencia de “Sogama” ubicada no Polígono Industrial de A Granxa.

Eses problemas proceden “da circulación ferroviaria co transporte dos residuos urbanos” e da parada técnica da planta de tratamento de “SOGAMA” por traballos de mantemento que se realizan dende o pasado sábado, segundo a versión que a “Sociedade Galega do Medio Ambiente” trasladou este mediodía ó Concello do Porriño.

 

A petición de Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza, “SOGAMA” comunicou por e-mail unha explicación sobre esta circunstancia.

A comunicación de “SOGAMA” sinala unha serie de problemas xurdidos: unha avería eléctrica no Complexo de Cerceda ocurrida o 2 de outubro e dúas incidencias na operativa de transporte e acarreo dos contenedores ás plantas empacadoras de Vigo, Porriño e O Rosal que aconteceron o 3 de outubro.

A explicación de SOGAMA ó Concello do Porriño conclue “en resumo: houbo situacións excepcionais nun prazo de tempo moi breve que non permitiron movilizar servicios adicionais  (…) provocando unha merma total da disponibilidade das plantas anteditas”

Non obstante a comunicación indica que “SOGAMA así como as adxudicatarias da xestión das plantas de transferencia e do servizo de transporte, estamos a poñer todos os recursos dispoñibles para solucionar esta situación e devolver a normalidade ás plantas (entre elas a de Porriño) esperando que ó longo do día de hoxe se realice o baleirado total dos camions e mañá sábado se restaure o normal funcionamento”.