Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade asistirán maña sábado á primeira quenda de veciñas e veciños do concello que recibirán un curso de conducción segura, de xeito gratuito, e impartido por pilotos de rallys. Alcaldesa e concelleira entregarán diplomas acreditativos ós participantes cando rematen as clases prácticas, ó redor das 13 horas.

Cada sábado un grupo paritario de homes e mulleres, composto por 30 persoas máximo, recibirán clases teóricas no Multiusos de Torneiros e logo prácticas nun circuito habilitado no PPI-6 do Polígono Industrial de A Granxa. En cada quenda seleccionanse por idades. Nesta primera de mañá, acudirán persoas de 18 a 40 anos. Na seguinte, prevista para o 19 de outubro, serán persoas maiores de 40 anos.

Catro pilotos de rallys galegos, entre eles Ivan Ares e José Pintor campións de España no 2017, son os encargados de impartir a parte práctica a cada participante a bordo dun vehículo cedido á Policía Local do Porriño, encargada de organizar a o curso “Conduce con xeito”.