Dende este xoves está aberto ao público o parque infantil do Cristo logo dunha reforma total do mesmo que abrangue a arranxo duns bambáns e substitución doutros, a retirada do chan de área e a colocación dun novo xogo adaptado a persoas con diversidade funcional, como adiantara o concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez, hai unhas semanas.
En total, o Concello investiu neste proxecto, desenrolado por HPC Ibérica, un total de 34.000€, incorporando un novo chan de caucho continuo ‘anti-impacto’, o devandito bambán para persoas con diversidade funcional– orzamentado en 4.000€- o peche do perímetro e a colocación de entradas ‘anti-can’.
Orlando Márquez, que este xoves estivo acompañado por Israel Mercader, que como noutros traballos do Concello, asesorou neste proxecto sobre integración e accesibilidade, sinalou que nas vindeiras semana empezará o labor para acondicionar tamén os parques do Centro Social de Atios, de Orbenlle, e A Forna, na parroquia de Budiño, os do centro social de Pontellas, o de Fontevella, na rúa Pío XII, ou o do Matadeiro, á beira do Louro.

Soledad Girón lembra que o obxectivo destes campamentos é o de “fomentar a conciliación familiar” durante os meses de lecer, “de aí que sexa a Concellería de Igualdade quen os organice”, ademais de impulsar a interacción e a integración entre todos os asistentes aos mesmos.
O domingo, día 9, ás 8 da tarde, está previsto o Concerto folk das Asociación Cultural San Xurxo de Mosende; ás 9 e media chegará a primeira das distintas verbenas previstas, neste caso a cargo da Orquestra Salazar.
O martes, 11, empezará ás 10 e media da mañá co Pasarrúas da Banda Popular de Tui; seguirá ás 12 coa misa solemne na Igrexa de Santa María, co Coro Orfeón Porriñés, dirixido por Antonio Paz.
Os traballos abrangueron a transformación da base da ponte, que se movera, con módulos prefabricados de formigón, de 2,50 por 2 metros; a colocación dunha varanda de seguridade nos laterais do camiño; a fixación de ‘aletas’ de contención para terras e o acondicionamento e reparación da estrada, que cedera, facendo que a auga filtrase e erosionase tanto o firme coma a base do paso tapando, ademais, as arquetas de drenaxe.