A Concellería de Limpeza do Porriño, que dirixe Orlando Márquez, vén de poñer en marcha a instalación de 6 composteiros no barrio de San Sebastián, coma “primeira medida do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que permitirá a reciclaxe de restos orgánicos das vivendas do concello”.
Para a utilización dos composteiros, que estarán funcionando nun prazo de 10 días, o Concello organizará distintas charlas, que anunciará nos vindeiros días, para explicar o funcionamento dos mesmos.
Orlando Márquez, quen adianta que a instalación dos composteiros seguirá na Urbanización O Pinar, subliña que este sistema para converter os restos de comida e vexetais en fertilizante natural, “non esixe máis que uns 10 ou 15 minutos á semana, non ten custos de mantemento ou funcionamento e pode realizarse, sen molestias e sen cheiros, en calquera zona”.
O lixo diario que xeran os fogares contén contén máis dun 50% de refugallos orgánicos que poden reciclarse e retornar a terra en forma de ‘humus’ para plantas e cultivos, “por cada 100 quilos de lixo orgánico poden lograrse ata 15 quilos de compost”.
O concelleiro salienta que o uso dos composteiros permite aforrar gastos na recollida do lixo, “estímase que ao redor de 40€ por familia e ano”; evita o emprego de bolsas de plástico posto que “os refugallos orgánicos vértense directamente no composteiro, sen usar bolsa”, e reduce a contaminación: “en primeiro lugar a que causa o transporte do lixo e, segundo a que se produce ao queimar os refugallos”.

Carrera indica que esta obra,que contou cun orzamento superior aos 10.000€ procedentes de fondos municipais, realizouse con persoal contratado con cargo á axuda da
García de la Torre salientou que a obra supón “unha mellora ostensible” na ordenación da zona e asegurou que “coa construción da rotonda evítase a altísima sinistralidade que había tal e como estaba configurado o espazo. Agora os viandantes e as persoas usuarias adaptáronse perfectamente á existencia da glorieta, o que dá idea da necesidade que había de facela”.
Os traballos de mellora consistiron principalmente na ampliación do radio de curvatura da estrada principal, preto da conexión da EP-2405 da Deputación co parque empresarial das Gándaras, á altura do Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia.
Exposición de restos achados
O obradoiro, como sinalou a súa directora na presentación do mesmo, abrangue formación teórica e práctica sobre Atención Socio-sanitaria a Domicilio e a Institucións, durante un período de medio ano no cal os participantes cobrarán o salario mínimo interprofesional-que para este 2018 está establecido en 735,90€- e ao remate recibirán una Certificación Profesional.
No acto de presentación, a concelleira de Emprego, Soledad Girón, subliñou que esta formación abre as portas de futuros traballos e animou ás e os participantes a que aproveiten esta oportunidade que pode ser un paso importante de cara á integración no mercado laboral.
O tenente de alcalde, Manuel Carrera subliña que “as veciñas e veciños desta zona poderán ter servizo de auga potable, logo dunha modificación orzamentaria impulsada dende o Goberno local, á que opúxose o Partido Popular”, dado que se fixera pouco tempo despois de que o Pleno aprobase os orzamentos municipais, os primeiros que ten O Porriño en seis anos.
O Porriño será este sábado, día 29, ás 10 e media da noite, o ‘primeiro paso’ da xira do espectáculo ‘Noites de flamenco e blues’, da man de Raimundo Amador e Javier Vargas e a a súa ‘Vargas Blues Band’.
O considerado ‘concerto estrela’ das Festas do Cristo 2018, arrancará no escenario instalado na rúa Domingo Bueno, primeiro con actuacións de cada un dos protagonistas por separado para tocar xuntos, de seguido, no que se agarda que sexa o momento máxico co blues e o flamenco complementándose grazas a dous dos músicos máis singulares do país.