A alcaldesa, Eva Garcia de la Torre, xunto con Uxío Benítez, deputado provincial de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, supervisou hoxe as obras realizadas polo organismo provincial para reordenar o tráfico e mellorar a seguranza viaria na estrada provincial EP-2405 entre Cerquido e Budiño, no lugar de A Costeira.
García de la Torre salientou que a obra supón “unha mellora ostensible” na ordenación da zona e asegurou que “coa construción da rotonda evítase a altísima sinistralidade que había tal e como estaba configurado o espazo. Agora os viandantes e as persoas usuarias adaptáronse perfectamente á existencia da glorieta, o que dá idea da necesidade que había de facela”.
Para o responsable das infraestruturas provinciais a nova glorieta ven a redistribuír a circulación e calmar a velocidade nunha intersección que ata o de agora era moi perigosa e fora escenario de diversos accidentes.
Benitez subliñou que a actuación en A Costeira incluíuse dentro do Plan de Interseccións da Estratexia de Mobilidade 3.0 da Deputación, que ten como un dos seus obxectivos prioritarios eliminar a violencia viaria e os puntos negros de toda a rede de estradas provincial.
Os traballos de mellora consistiron principalmente na ampliación do radio de curvatura da estrada principal, preto da conexión da EP-2405 da Deputación co parque empresarial das Gándaras, á altura do Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia.
Doutra banda, urbanizouse a zona con beirarrúas para prestar continuidade ao tránsito peonil, habilitáronse pasos de peóns e baixouse a velocidade máxima de 50 a 30 quilómetros hora. Tamén se solucionaron as drenaxes mediante a remodelación de beiravías e sumidoiros e instaláronse oito luminarias tipo led sobre columnas de nove metros, catro na propia glorieta e outras catro nas inmediacións da intersección.
O orzamento global ascendía inicialmente a 220.336,36€, sendo 21.534€ destinados a expropiacións e o resto á execución da obra. Finalmente a licitación pechouse por un prezo de 132.719,68.

Exposición de restos achados
O obradoiro, como sinalou a súa directora na presentación do mesmo, abrangue formación teórica e práctica sobre Atención Socio-sanitaria a Domicilio e a Institucións, durante un período de medio ano no cal os participantes cobrarán o salario mínimo interprofesional-que para este 2018 está establecido en 735,90€- e ao remate recibirán una Certificación Profesional.
No acto de presentación, a concelleira de Emprego, Soledad Girón, subliñou que esta formación abre as portas de futuros traballos e animou ás e os participantes a que aproveiten esta oportunidade que pode ser un paso importante de cara á integración no mercado laboral.
O tenente de alcalde, Manuel Carrera subliña que “as veciñas e veciños desta zona poderán ter servizo de auga potable, logo dunha modificación orzamentaria impulsada dende o Goberno local, á que opúxose o Partido Popular”, dado que se fixera pouco tempo despois de que o Pleno aprobase os orzamentos municipais, os primeiros que ten O Porriño en seis anos.
O Porriño será este sábado, día 29, ás 10 e media da noite, o ‘primeiro paso’ da xira do espectáculo ‘Noites de flamenco e blues’, da man de Raimundo Amador e Javier Vargas e a a súa ‘Vargas Blues Band’.
O considerado ‘concerto estrela’ das Festas do Cristo 2018, arrancará no escenario instalado na rúa Domingo Bueno, primeiro con actuacións de cada un dos protagonistas por separado para tocar xuntos, de seguido, no que se agarda que sexa o momento máxico co blues e o flamenco complementándose grazas a dous dos músicos máis singulares do país.
A actriz Mónica Camaño coa súa interpretación de “Proxecto Aurora” representou diante dun cento de alumnas e alumnas dos centros José Fernández López e Hermanos Quiroga, escenas nas que empregando frases que aínda se escoitan de cote, coma a muller e a sartén na cociña están ben”, e que son un exemplo moi claro de actitudes e comportamentos machistas e intolerantes que so buscan degradar ás mulleres.
A alcaldesa sinalou que “a discriminación e a violencia contra as mulleres non vai cambiar se a mentalidade dos mozos non cambia e temos que empezar por desterrar os micromachismos e os macromachismos que conducen á violencia”.