A Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero reuníuse hoxe na casa consistorial de Porriño coa asistencia de responsables da Subdelegación do Goberno, da Garda Civil, da Policía Local e do Centro de Información á Muller e Servizos Sociais do Concello de Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade presidiron a reunión de traballo que tratou diversas medidas de coordinación entre estas institucions e as forzas e corpos de seguridade. Asimesmo revisaronse as últimas cifras sobre denuncias, ordes de protección de víctimas e de afastamento de agresores.
Porriño é un dos once concellos da provincia de Pontevedra que está integrado no Sistema de Seguemento Integral da Violencia de Xénero (VIOGEN) para a prevención de situacions de risco e protección das víctimas.
Precisamente os representantes do Concello informaron ós restantes asistentes das actividades formativas que se desenrolarán ó longo do mes de maio nos diversos eidos da seguridade feminina e protección xurídica e tamén do tratamento das víctimas e os protocolos de actuación ó cargo dos profesionais que teñen que atenderlas