O Concello do Porriño en colaboración coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia (ASEIA) ven de poñer en marcha un servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes nesta sirtuación de confinamento que estamos a vivir.
A prestación deste apoio sicolóxico tamén abrangue a coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos. Realizase por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social. Encarganse de dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de illamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19.
A atención é gratuita e pode solicitarse a través de teléfono e/ou por email:
O Concello do Porriño axiliza esta semana o pagamento a proveedores por un importe global de 400.000 euros correspondentes a facturas deste primeiro trimestre co propósito de inxectar líquidez na economía local, prácticamente paralizada pola situación de estado de alarma sanitaria.
“Seguimos intentado paliar os efectos desta pandemia mediante o pago a pequenos proveedoresde tal xeito que esta semana axilizaronse trámites para aboar 400.000 euros en facturas pendentes do primeiro trimestre deste ano”, declarou a alcaldesa Eva García.
A rexidora indicou que mediante tele traballo tanto Intervención, Tesoreria, Secretaria e a propia Alcaldía “seguen a tramitarse máis pagamentos tanto por suministros como luz, telefonía e recollida de basuras así como con servizos prestados por outros proveedores cuia licitación está en marcha”, rematou Eva García.
Lembremos que en materia económica o Concello do Porriño acordou hai unha semana o aprazamento de todas as obrigas tributarias municipais ata que rematen as medidas de confinamento.
Ao longo deste martes recibironse no almacén do Banco de Alimentos “SOS Porriño”, 21 toneladas de productos doados por industrias do sector alimentario da contorna e tamén pola Cruz Vermella.
Nos vindeiros días continuaran as achegas doutras empresas segundo comprometeron con David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais que xestionou unha achega extra tendo en conta a actual situación do estado de alarma. Segundo os datos recabados polos técnicos do departamento de Servizos Sociais, a demanda de axuda extra para familias máis necesitadas no Porriño medrou ao dobre do habitual.
Hoxe recibironse as achegas de “Eurobanan” que aportou 300 kilos de froita fresca (plátanos e mazás); 750 kilos de peixe conxelado (bacallau e pescada) doados por Noribérica, e 20.000 kilos de alimentos non perecedoiros aportados pola Cruz Vermella. Tratase da primeira das achegas semestrais que realiza a ong para “SOS Porriño”.
Nos vindeiros días agardanse as achegas doutras firmas e distribuidores da contorna que anunciaron a súa colaboración como “El Corte Inglés”, “Coren”, “Froiz”, “Mercadona”, “Carrefour”, “Frinova” e “Pescapuerta” entre outras.
A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño invitan a poboación infantil e xuvenil do Porriño a participar activamente na actividade “Clip Club TV”, proposta polo Comité de UNICEF Galicia.
“Tratase de manter activos a os nosos nenos e xovenes mediante proxectos e actividades que lles fagan máis levadeira esta corentena”, manifestou Lourdes Moure, concelleira de Educación que invita a mocedade porriñesa “a participar na iniciativa proposta por UNICEF.
A concelleira sinalou que “estamos moi orgullosos de cómo está a comportarse a infancia e a xuventude porriñesa durante este estado de alarma. De xeito que iniciativas como as que plantexa semella que pode contribuir a facerlles máis doado o confinamento na casa”, asegurou Moure Varela.
A iniciativa “Clip Club TV” consiste nunha canle de YOUTUBE onde os
protagonistas son os nenos, as nenas e os adolescentes a través dos seus propios videos contándo como están a vivir esta corentena. UNICEF conta para esta iniciativa co apoio da “Alcantara Family Foundation”, vencellada a os xogadores de futbol Tiagho (Bayern Munich), Rafinha (R.C Celta) e o pai de ambos, Mazinho, ex xogador do equipo vigués.
Segundo explica Marta Andrade, de UNICEF, “pretendemos que se miraches unha película ou unha serie, ou ben un libro que te gustou, graba un video e recomendallo a outros rapaces. Igual coa música que estés a escoitar ou cunha receita de cociña ou unha coreografóa ou un baile que queiras compartir”, indicou.
O xeito de participar é moi sinxelo: tan só hai que grabar un video co teléfono móbil, tablet ou ordenador, en formato horizontal e evitando o contraluz que sexa breve (non máis de minuto e medio), evita ruidos e se podes en galego preferiblemente
Para subir os vídeos e moi doado: conectándose a www.clipclubtv.com
A Alcaldesa Eva García ven de firmar un bando adicado aos nenos e nenas de O Porriño polo seu comportamento exemplar axudando a vencer o coronavirus.
A idea de facer este bando infantil é por iniciativa da Concellería de Educación que dirixe Lourdes Moure e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX.
Porriño que é Cidade Amiga da Infancia nomeada pola UNICEF dende 2018, quere rendir deste xeito unha homenaxe aos máis pequenos de cada fogar pola súa contribución para superar esta pandemia.
Diversas industrias do sector de elaboración de productos alimentarios sitas na contorna están a realizar doazóns ao Concello do Porriño para poder abastecer ás familias máis necesitadas.
Segundo novos cálculos do departamento de Servizos Sociais, a cifra de familias en risco de exclusión social pasou das 150 censadas ás 300 debido á paralización de actividades económicas derivada do estado de alarma e do endurecemento das medidas de confinamento pola pandemia do “Covid-19”.
Hoxe foi a empresa “Nova Pescanova” a que fixo entrega de 200 kilos de elaborados de peixe cuio reparto realizaron a Agrupación de Protección Civil e o propio concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso coa axuda de voluntarios que colaboran con Banco de Alimentos “SOS Porriño”.
Mañá martes recibiránse as doazóns das empresas “Eurobanan”, que aportará 300 kilos en froitas e “Coren” que doa 250 kgs. en diversos elaborados cárnicos. E nos vindeiros días “apalabraronse as entregas de “Pescapuerta”, “El Corte Inglés” e “Frinova” que garantirán o aporte de outra tonelada e media máis de alimentos para solventar esta emerxencia”, manifestou o concelleiro David Alonso.
O Concello do Porriño ven de lanzar a convocatoria do concurso “Batalla de Debuxantes: ImprovisDado”, dirixida a debuxantes con idades comprendidas entre os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou extranxeira. Terán que desenvolver de xeito profesional ou aficionado algunha das seguintes disciplinas artísitas vencelladas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada.
A convocatoria lanzase dende a Concellería de Cultura e a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) como un estímulo para os creativos, para que poidan traballar dende as súas casas pese ao actual confinamento polas medidas do estado de alarma. Dado que poden facer os seus debuxos na casa e ser envíados por vía telemática, dentro de prazo establecido con propósito de chegar a competir na fase final.
Neste senso indicar que a inscrición é de balde. Os debuxos deberán presentarse por vía electrónica en formato JPG ou PDF cunha resolución igual ou superior a 1.200 px por 1.200 px. Deberán envíarse escaneados ao correo info@vellaescola.com indicando como asunto: InscriciónConcurso ImprovisDado”.
O prazo de envío dos debuxos comezará o 1 de maio e estará aberto ata o 30 de xuño.
De entre todos os debuxos presentados serán seleccionados os artistas que concurrirán á final que sí será presencial, que está prevista pata celebrarse o 19 de setembro. Terá unhas regras específicas e unha dotación económica en premios que se detallan nas bases da convocatoria que podese consultar nesta mesma páxina web do Concello e tamén na web do departamento de Cultura.
A alcaldesa Eva Garcia promulgou un decreto polo que o Concello de O Porriño comunica o aprazamento de todas as obrigas tributarias municipais ata que rematen as medidas de confinamento, suspensión de actividades económicas e restricción da movilidade con motivo da pandemia de coronavirus.
A rexidora porriñesa explicou que “imos devolver pagamentos xa realizados por servizos que non puideron prestarse como por exemplo aos usuarios da piscina municipal,”. Asimesmo Eva Garcia indicou que “están a valorarse outras medidas entre as que estudamos como facer cos recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI), pero de momento, aprazaremos os devengos”, sinalou a alcaldesa.
O Consorcio de Augas do Louro anuncia aos veciños de Porriño, Salceda, Mos e Tui o aprazamento do pago das taxas con motivo da situación de alarma por coronavirus.
O comité directivo do Consorcio que preside a alcaldesa de O Porriño, Eva García, valorou os efectos económicos que as medidas de confinamento e cese das actividades decretadas están a provocar especialmente nas familias e pequenos comercios así como as limitacións que esta situación supón aos usuarios para acceder fisicamente ás entidades bancarias.
Polo que decidiuse modificar o calendario fiscal de 2020 aprazando 20 días, ata o 30 de abril, a data de pago en voluntaria dos recibos de novembro-decembro de 2019, retrasar dous meses os prazos de inicio e fin de pago en voluntaria dos recibos de xaneiro-febreiro de 2020 e retrasar un mes os prazos previstos para os recibos de marzo-abril de 2020.
Por outra banda, o Consorcio lembra que o importe dos recibos que emite depende en grande medida do consumo de auga realmente realizado polo que todos aqueles establecementos que tiveran que cesar a súa actividade durante os meses de marzo e abril verán cómo se reduce o importe do recibo proporcionalmente á cantidade de auga non utilizada.
O Consorcio tamén informa que as persoas en risco de exclusión social están exentas do pago das taxas polo que, de darse esta situación a consecuencia do estado de alarma por coronavirus, poden solicitar dos servicios sociais municipais os informes que acrediten esta nova situación para poder acceder a esta exención.
O Consorcio lembra aos usuarios que mantén a súa disposición o número 900810103 así como a súa sede electrónica e páxina web as 24 horas do día.
O Concello do Porriño, a través do departamento de Cultura, ven de promover unha programación especial titulada “Para pasar unha corentena” ideado para o seu seguimento “on line” a consecuencia das restriccións que impon a prórroga do estado de alarma pola pandemia do “Covid-19”.
Esa programación especial que se pode consultar na páxina web do departamento de Cultura, comeza hoxe con unna lembranza á celebración do Día Mundial do Teatro.
Na programación incluense ligazóns para ver e seguir diversas propostas artísticas e culturais para todo tipo de públicos como “Novo Cinema Galego”, conferencias do programa “TDEx Galicia”, funcións de teatro, sesións de contacontos e tamén co Salón virtual do Libro de Pontevedra.
Asimesmo vencellanse tamén diversas propostas da Biblioteca Municipal como unha ligazón con El Libro total”, unha biblioteca dixital gratuita con máis de 45.000 títulos dispoñibles, e tamén outra ligazón con “#KeepReadingencasa”, unha proposta de Editorial Planeta que ira publicando para a súa descarga libre e gratuita, importantes obras de autores contemporáneos “bestsellers” como Dan Brown, Larsson, María Dueñas ou Zafón, así como da literatura infantil e xuvenil como Blue Jeans ou Gerónimo Stilton.