O Festival de Combos trasladase ó Centro Cultural Municipal polo risco de choiva

O departamento de Cultura do Concello do Porriño vén de informar do cambio de ubicación do Festival de Combos que terá lugar o sábado 22 a partir das 19 horas. Pasase ó Centro Cultural Municipal. A decisión está motivada polo risco de choiva que desluciría o espectáculo caso de manterse na praza do Concello. O evento está organizado por Maison Escola de Música e Danza

Festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño

A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño. A actuación a cargo das agrupacións da Escola comezará ás 20 horas. Cando remate o festival entregaránse as notas chamando ós alumnos por cursos.

Por outra banda, a dirección da Escola Municipal informa cara ó vindeiro curso que a preinscipción de alumnos xa matriculados comezou o pasado día 14 e seguirá ata o 28 deste mes de xuño (en horario de 16,30 a 20,30 horas) na propia Escola.Para novos alumnos, as preinscripcións abriránse o 1 de xullo ata o 31 de xullo, tramitándose no Centro Cultural Municipal.A matrícula formalizarase por rigurosa orde de entrega de preinscripcións.

Eva García de la Torre investida como alcaldesa do Porriño con maioría absoluta

Eva García de la Torre foi investida hoxe como alcaldesa do Porriño con maioría absoluta. Recibiu 9 votos (4 do PSOE, 2 do BNG, 2 de EU Son Porriño e 1 da UDDL) fronte ós 8 votos que acadou Manuel Alejandro Rodríguez, candidato do PP e que corresponderon ós concelleiros dese partido.
Eva García recibiu o bastón de mando da mesa de idade que presidiu a sesión constitutiva asesorados polo secretario municipal que proclamou o resultado da votación realizada en furna.


Nas súas primeras declaracións ó termo da sesión a alcaldesa reelecta para un novo mandato ata 2023 manifestou sentirse “feliz e cargada de responsabilidade porque Porriño é un concello que tén un enorme potencial e a carga de traballo é moi grande para acadar que Porriño sexa canto pode ser durante estes vindeiros catro anos”.
Con respecto ó inminente futuro a partir do luns 17, a alcaldesa reelixida sinalou que “imos seguir negociando para un goberno de coalición. Estamos avanzada nas conversas co BNG e agardo que academos un acordo”. “Agardo que teñamos por diante catro fructíferos, cheos de proxectos e obxetivos que cumprir para os veciños do Porriño”, fianlizou Eva García.

Eva García anuncia acordo co BNG e EU Son Porriño para a súa investidura como alcaldesa que tamén apoiará Manuel Carrera

Eva García de la Torre vén de anunciar este mediodía un acordo cos concelleiros do BNG e de EU Son para súa investidura como alcaldesa de O Porriño que tamén apoiará Manuel Carrera, concelleiro electo por UDDL. Deste xeito a actual alcaldesa será reelecta con maioría absoluta cos votos do PSOE (4), BNG (2), EU Son Porriño (2) e UDDL (1) que sumarían 9 fronte ós 8 do PP.
O acordo para a investidura de Eva García negociouse nas dúas últimas semanas e ainda hoxe continuarán os contactos para concluir os flecos.
Por outra banda a alcaldesa tamén informou que despois da sesión constitutiva da nova corporación municipal que terá lugar mañá, “continuarán as reunións para a formación dun goberno de progreso que en principio será co BNG”, declarou Eva García.
A sesión constitutiva da nova corporación comezará ás 12 horas. O concelleiro de maior idade e o máis novo formarán a mesa de idade que xunto co secretario municipal presidirá a sesión. Despois da toma de posesión dos 17 concelleiros e concelleiras mediante xuramento ou promesa da Constitución, procederase a votación para elección da alcaldesa que unha vez investida pronunciará un breve discurso e pechará a sesión.

O Concello do Porriño será o primeiro de Galicia en ter un curso permanente de defensa persoal feminina que comezará este sábado 15

O Concello do Porriño tomou a decisión de proseguir co curso de defensa persoal feminina que se realizou no pasado mes de maio e que pase a ser de carácter permanente. Deste xeito O Porriño será o primeiro concello de Galicia en ter ese curso de forma continuada, segundo a decisión que tomaron a alcaldesa Eva García e maila concelleira de Seguridade, Lourdes Moure baseándose na grande acollida e repercusión que tivo entre as mulleres do Porriño e bisbarra.
De feito foron as propias alumnas as que instaron a manter de xeito permanente este tipo de formación para garantir a súa seguridade e saber como respostar diante de calquera agresión. Das 137 mulleres que participaron no primeiro curso xa hai 68 que confirmaron a súa asistencia a estas novas xornadas formativas.
O curso comezará este sábado día 15 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 2. A formación realizaráse en dous sábados ó mes. A vindeira clase será o 29 de xuño. Non compre anotarse para asistir. Abonda con acudir con roupa deportiva no lugar e hora. A Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar.
Despois da celebración do primeiro curso, fíxose por encargo da Concellería de Seguridade unha enquisa de carácter anónimo entre as participantes para coñecer o seu nivel de satisfacción. Mediante un baremo de 1 a 10, puntuaron diferentes factores do curso (organización, horarios, metodoloxía empregada, opinión global del curso) resultando unha media de 9,20, que indica un nivel de satisfacción moi alto.

A sesión constitutiva da nova Corporación Municipal do Porriño celebrarase a mediodía

O sábado 15 de xuño, ás doce do mediodía, terá lugar a sesión constitutiva da nova corporación municipal do Porriño electa nos comicios do pasado 26 de maio.

A sesión iniciaráse coa constitución da mesa de idade que formarán o concelleiro de maior idade e a concelleira máis xove que actuarán asesorados polo secretario do Concello. A continuación toman posesión os dezasete membros da nova corporación mediante a fórmula de xuramento ou promesa á Constitución, segundo elixan. E finalmente se procederá á votación para elexir alcalde ou alcaldesa que tomará posesión ante a Corporación.

Pleno de aprobación de actas da corporación municipal saínte

A corporación municipal do Porriño do mandato 2015/2019 celebrou hoxe unha sesión plenaria extraordinaria previa a súa disolución. O pleno tivo como único asunto da orde do día, a aprobación de actas pendentes de anteriores sesións. Asistiron 14 dos 17 corporativos.

Tratábase das actas dos 1/19, 2/19, 3/19 e 4/19 correspondentes ás sesións plenarias de 4 de marzo, 1 de abril, 29 de abril e 6 de maio. Todas estas actas aprobarónse por unanimidade.

O grupo municipal do PP alegou que faltaría unha acta máis correspondente a outro pleno, de maio de 2018, no que se aprobou o orzamento municipal. O secretario do Concello explicou que esa acta non estaba aprobada por unha enmenda que o propio PP presentou. Segunda as explicacións do secretario municipal, no seguinte pleno o grupo do PP votou en contra da súa propia enmenda e da aprobación da acta.

A corporación local do Porriño celebrará un pleno municipal extra para aprobación de actas

A corporación municipal do Porriño celebrará este mércores, ás 14 horas, un pleno extraordinario. Tratase dunha sesión obrigatoria para a aprobación das actas pendientes de sesións anteriores, como suliña a orde día da sesión que adxuntamos.
A sesión tamén servirá para a despedida dalguns dos actuais concelleiros e concelleiras en funcións que non repetirán na vindeira corporación que saiu das furnas do pasado 26M e que se constituirá o sábado 15.