As brigadas municipais están a traballar nos desbroces e limpeza nas parroquias

As brigadas municipais están a traballar nestes días nas labouras de desbroce e limpeza, baixo a dirección do novo concelleiro Sergio Casal. Os traballos fixeronse en Chenlo, Mosende Atios e tamén en parques públicos de Porriño.
As tarefas desenrolanse en colaboración coas comunidades de montes para dar cumprimento á normativa da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia sobre franxas de seguridade pola prevención de lumes forestais.

A alcaldesa do Porriño reclama por carta á Xunta de Galicia as melloras prometidas na travesía de A Vaquería e garante o pleno respaldo do Concello ás reivindicacións veciñais

Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño reclamará por carta á Xunta de Galicia o proxecto de reforma da estrada PO-510 que comprometera a Consellería de Infraestructuras cos veciños de A Vaquería para resolver o problema de inseguridade vial que denuncian. Se non hai resposta en dez días, a Alcaldesa trasladará ós demáis grupos municipais da Corporación que apoien ás movilizacións dos veciños de A Vaquería que “se levarían ata Santiago de Compostela, ás portas mesmas da Consellería co noiso apoio e presenza”, declarou Eva García.
A rexedora municipal trasladou a unha comisión veciñal de A Vaquería “o pleno respaldo da Alcaldía ás súas reivindicacións”. Asimesmo Eva García comprometeuse a mandar “de inmediato” unha carta a Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestrcuturas para lembrarlle que durante a pasada campaña electoral o PP prometera realizar e entregar ós vecinos, nun prazo de 15 días, un proxecto de mellora da de seguridade vial na travesía da estrada autonómica PO-510 “do que non hai noticia”. Na súa misiva, a alcaldesa requiere á conselleira unha respota no prazo de dez días.
Os veciños deste barrio da parroquia de Budiño reclaman pasos de peóns, semáforos e isletas. Como as súas peticións no foron atendidas ainda pola Xunta, están a cortar diariamente o tráfico, nun carril da estrada, dúas veces ó día.

EVA GARCÍA REITERA A SÚA CONFIANZA NA XUSTIZA E MANTÉN A SÚA FOLLA DE RUTA PARA A FORMACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

Eva García de la Torre expresou este serán a súa “confianza na Xustiza” e afirmou que a decisión da Audiencia Provincial coñecida hoxe “non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal de Porriño.
A Sala Cuarta da Audiencia de Pontevedra anulou a senteza que dictou o Xulgado Penal nº1 da capital que absolvía a Eva García dun presunto delito de falsedade en documento oficial pola denuncia duns particulares durante o seu exercicio profesional como avogada. “A Audiencia revoca esa sentenza ó entender que o Xulgado Penal non contemplou un presunto delito de deslealdade profesional que fora imputado pola Fiscalía contra mín durante a vista oral e polo tanto se retrotraen as actuacións ó Xulgado Penal para que o seu titular se pronuncie sobre ese suposto” explicou a propia afectada.
Eva García reiterou a súa confianza en acadar de novo unha sentenza absolutoria como xa acontecera no anterior xuizo y manifestou a súa confianza no Poder Xudicial.
Por outra banda esclareceu que este feito xudicial “é alleo á miña actividade política polo tanto non afecta a miña condición de alcaldesa ni modificará a miña folla de ruta para rematar as negociacións e formar goberno municipal de progreso para Porriño”, segundo dixo.

Comezou polo edificio de “Instalauto” a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas na cidade

Persoal especializado da empresa “Rentokil” comezou a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas. Na imaxe adxunta observase a que se situou no edificio abandoado de “Instalauto”, o carón da Praza Central. Precisamente nese punto do casco urbán así como noutros producironse queixas reiteradas de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios o que motivou que o Concello de Porriño, ante estas peticións contratase á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica.

A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, obtivo a semana pasada a correspondente autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar as labouras de trampeo que se alongarán durante un ano, a través de accións mensuais.

Polas estimacións dos técnicos de “Rentokil”, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán da cidade.

A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse tamén no edificio do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous comprobouse que as pombas colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte destas aves.

O club Porriño Baloncesto Base celebra a XXI edición do seu campus

Cunha participación de máis de 220 inscritos, rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, celebrase dende hoxe e ata o 29 de xuño o campus do “Porriño Baloncesto Base” coa colaboración fundamental do Concello do Porriño.
O club anunciou moitas novidades preparadas con respecto ás edicións anteriores. Unha delas é o relevo na dirección do campus que corre a cargo de Lucas Vaquero que exporá a súa experiencia como xogador e entrenador de Liga EBA en Porriño.
Ademáis de baloncesto, nesta vixésimo primera edición destacan actividades de tempo libre baixo a dirección de May de la Peña que permitirán que os participantes disfruten de actividades como scape room, fornite en vivo, chikung, cabuyería, plogging, slackline, ultimate, power fitness e diversos obradoiros. Se as condicións meteorolóxicas permiten volverán a practicar Kayak no río Miño e volverán ás piscinas de Ourense.

https://photos.app.goo.gl/dyBzu3QqRPrSLiSP8

O edificio do Concello do Porriño alumeado en verde polo Día Mundial da “ELA”

Como amosa a fotografía, esta noite o edificio consistorial do Porriño luce en cor verde, en solidariedade cos enfermos de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Deste xeito o Concello do Porriño sumouse a iniciativa de ámbito estatal e galego “Luz pola ELA”, promovida polas asociacións de enfermos de esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso, que buscan sensibilizar á sociedade.
A operativa técnica do alumeado en verde do consistorio corresponde á empresa “X Quatro Espectáculos”. Empregan proxectores de alta luminosidade Parled, de baixo consumo.

O edificio do Concello será alumeado en verde polo Día Mundial da “ELA”

Esta noite o edificio consistorial de Porriño estará alumeado en verde como sinal de adhesión do Concello co Día Mundial da “ELA” (Esclerose Lateral Amiotrófica). Tratase dunha efeméride impulsada polas asociacións de pacientes para que a sociedade coñeza esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso da que se diagnostican unha media de tres novos casos diarios en España. En Galicia o ano pasado detectaronse 54 novos casos, unha prevalencia maior ca noutras rexións o que está vencellado co envellecemento da poboación.

A iniciativa de ámbito nacional, que na nosa comunidade autónoma canaliza “AGAELA” (Asociación Galega de Afectados pola ELA), noméase “Luz por la ELA” e persegue que nas principais cidades de Galicia os monumentos emblemáticos ou edificios dos concellos sexan alumeados en cor verde.

A empresa “X Quatro Espectáculos” encargase da operativa do alumeado mediante proxectores de alta luminosidade Parled de baixo consumo. O alumeado comezará ó redor das once da noite xa que hoxe o ocaso está previsto a partir das 22,12.

Porriño volverá a disfrutar ciclismo coa celebración da “Challenge Rías Baixas”

Este fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da “Challenge Rías Baixas” que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23. A proba, organizada polo club “Master da Louriña” cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e “master”, homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.

A Challenge consta de tres etapas: a primeira, denominada “Gran Premio Ponteareas” é unha contra reloxo individual de 8 kilómetros que transcurrirá polo parque de Avisoureira, en Guláns. o sábado pola mañá. Pola tarde, a partir das 17 horas, disputaráse a segunda etapa, “Gran Premio de Mos”, en liña, de 81 kilómetros. E o domingo 23 será a etapa final, Gran Premio do Porriño, de 85 kilómetros en liña. A saída neutralizada será a partir das 10,30, dende a Avenida Domingo Bueno. O pelotón partirá en dirección Tui pola estrada N-550. O final de etapa, previsto ó redor das 13 horas será ante o Palco de San Benito, na rúa Manuel Rodríguez.

Tanto a Challenge Rías Baixas así como a recente Xarotos Gran Fondo, a outra proba que organiza Master da Louriña, movilizan en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converten Porriño no epicentro destes eventos.

Co gallo da presentación de ambas, celebrada hai días na praza do Concello, o presidente da Federación Galega de Ciclismo manifestaba que “valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súa sensibilidade para co noso deporte”, sinalou Juan Carlos Múñiz, presidente federativo.
Pola súa banda a alcaldesa Eva García manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, dinamización social e o ambiente que supoñen estes eventos deportivos para a hostelería e comercio de Porriño” que ademáis “volve a reinvidicase como O Concello do Deporte”.