Os centros educativos do Porriño centralizan a recollida solidaria de alimentos e produtos de hixiene infantil coa ocasión de celebrarse este martes 1 de decembro o “Giving Tuesday”. O “Martes de dar” é un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.

Este ano 2020, por iniciativa dos nenos e nenas do Porriño e segundo acordouse no último pleno infantil celebrado, está a realizarse unha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menores recursos. Recomendouse doar cremas, toalliñas, purés, leites e alimentos infantís de todo tipo.

A alcaldesa Eva Garcia e a concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiron este mediodía ao CEIP “Fernández López” a entregar o seu donativo persoal e a comprobar co director do colexio, Benito Rodríguez como vai a campaña. A recollida aínda continuará mañá mércores.

O “Giving Tuesday” ou “Martes de dar” naceu como alternativa ao Black Friday e Cyber Monday, que promoven o consumismo.