Obradoiro sobre novas profesións para o alumnado de ensino secundario

A Oficina Municipal de Información á Xuventude xunto coa Concellería de Educación levan a cabo, ata o 31  de maio, a actividade “Mentoring para adolescentes: obradoiro sobre novas profesións, Pensando no meu Futuro”, que se imparte polos centros de ensino secundario do Porriño. Hoxe correspondíalle ao alumnado de 4º da ESO do IES Ribeira do Louro.

¿Cómo podemos tomar boas decisións sobre o noso futuro? ¿Que opcións temos? ¿Cómo podemos saber que é axeitado para nós?. Os adolescentes enfróntanse a moitas preguntas e vense na obriga de tomar decisión sobre os seus estudos case sen reflexionar ou investigar as mellores opcións para eles. Este obradoiro aborda o proceso de autocoñecemento e as novas profesións nun formato de duas horas. Neste tempo proporcionarase aos estudiantes unha visión de conxunto sobre as novas profesións que existen grazas á tecnoloxía, cales poden desenrolar en Galicia e como coinciden eses perfís profesionais coas súas habilidades e intereses naturais.

Indice de contidos:

  • Novas profesións relacionadas coa tecnoloxía: intelixencia artificial, automatización e robótica, etc.
  • Sectores productivos en Galicia e estudios relacionados.
  • Moocs e formación online gratuita.
  • Detección de fortalezas e definición de obxectivos.

Estes obradoiros (teórico-práctico de 2 horas) son impartidos dende o 13 de maio e chegarán a un total de 177 alumnos de 3º e 4º da ESO.

 

 

Volve a Feira do Libro ao Porriño

Este venres, ás 11,30 horas e nas instalacións da Biblioteca Municipal, terá lugar a presentación da V Feira do Libro do Porriño, un evento cultural que volve ás rúas da nosa vila despois dun ano de parón forzoso pola pandemia.

Representantes da Federación de Libreiros de Galicia; María Victoria Alonso, Deputada provincial delegada de Cultura; Cami Moreira. Concelleira de Cultura do Porriño e máis, Eva García De La Torre, Alcaldesa do Porriño serán as persoas encargadas de facer a presentación.

A Feira que contará con cinco stands que se ubicarán na rúa peatonal fronte ao Concello, comezará o vindeiro xoves día 27.

Concello do Porriño e Federación de Libreiros organizan este evento que recibe, ademais, os apoios da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

As visitas guiadas teatralizadas retoman os actos do “Ano Antonio Palacios” en lembranza do excepcional arquitecto porriñés

O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés.

Levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto Palacios no casco urbano da súa vila natal. As visitas partirán do Templete de San Luis e incluirán a casa do Concello a Fonte do Cristo e a Botica Nova. Terán unha duración de 50 minutos e requiren de inscrición previa porque hai prazas limitadas.

As inscricións deben realizase a través de correo electrónico no enderezo cultura@oporrino.org. A partir do venres 21 e ata o xoves 27. A primeira destas visitas terá lugar o vindeiro sábado 29 de maio.

Coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal ante a tumba de Palacios, o Concello do Porriño comezou o pasado 27 de outubro os actos do “Ano Arquitecto Antonio Palacios” coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento. O Concello elaborou unha programación que se estenderá ata o 27 de outubro de 2021 e reunirá unha serie de actos e actividades culturais para divulgar a obra do recoñecido arquitecto porriñés.

 

 

Comeza en Mosende o “Ciclo de Música Medieval en Camiño”

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, vai desenvolver un ciclo de concertos de música medieval a realizárense nas igrexas e capelas das parroquias e barrios do termo municipal. A serie de concertos, titulados “Ciclo de Música Medieval en Camiño”, comezará o vindeiro domingo 23 de maio na parroquia de Mosende, na igrexa San Diego, ás 20:00 horas.

Segundo explica o departamento que dirixe a concelleira Cami Moreira “falamos de concertos líricos de cantigas medievais, da man da soprano e instrumentista, ESPERANZA MARA, co acompañamento de instrumentos medievais realizados por profesionais artesáns expertos en luthería medieval, que percorrerán as parroquias de Torneiros, Pontellas, Atios, Cans, Budiño, Chenlo, Carracido e San Bieito”.

“O Ciclo de Música Medieval en Camiño, é unha posta en valor do noso patrimonio cultural, literario e musical; á vez que se dinamizan estes espazos, facendo unha descuberta deles, amais da relixiosa, tamén a cultura”, engadiu Moreira.

A Concellería de Cultura estableceu que as apersoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo reservasmusicamedieval@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer a reserva dunha cadeira, para levar o control do aforamento e, finalmente, poder contactar en caso de xurdira algún gromo da Covid.

O prazo para inscrición previa rematará as 00:00 horas do venres 21. No caso de non completarse o aforo coas reservas solicitadas, completarase coas persoas que se acheguen o mesmo domingo, recollendo igualmente os datos de nome, apelidos e teléfono de contacto.

Convocadas comisións informativas municipais que prepararán o vindeiro pleno corporativo

A aprobación definitiva do contrato coa nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán nas comisións informativas que se celebrarán este venres 21, preparando o vindeiro pleno ordinario da Corporación que terá lugar o mércores 26. 

A aprobación provisoria desa adxudicación decidíuse en marzo e agora levase a pleno para a súa ratificación. O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptouse a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma “Soom Management”, a explotación da Piscina Municipal.  Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, desa instalación deportiva.

Adxuntamos documento “pdf” coas convocatorias e temarios das catro comisións municipais informativas que se celebrarán. 

1118_001

O Tribunal de Contas do Reino arquiva a denuncia feita polo voceiro do PP contra a alcaldesa, Eva Garcia e varios concelleiros, por diversas contratacións

Este mediodía o Tribunal de Contas do Reino comunicou a resolución pola que non admite a trámite a denuncia feita por Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do PP que acusaba de supostas contratacións irregulares á alcaldesa, Eva Garcia e a varios concelleiros do goberno municipal. O fallo do Tribunal de Contas tamén inadmite as imputacións realizadas polo Xulgado Contecioso Administrativo nº 1 de Pontevedra.  

A resolución do Tribunal de Contas subliña textualmente que “Del examen de la documentación aportada e incorporada a estos autos, tanto la remitida por el Juzgado de lo Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra como la presentada por el denunciante, se deduce la existencia de prácticas de contratación irregulares por parte del Ayuntamiento de O Porriño que el propio Ayuntamiento no ha negado, sino que únicamente ha tratado de justificar. Así se ha puesto de manifiesto la existencia de contrataciones verbales que han prescindido del procedimiento legalmente establecido y que no han dado lugar a la exigencia de responsabilidades. No obstante, las alegaciones del denunciante y la documentación aportada no concretan de modo suficiente la existencia de un perjuicio efectivo y evaluable económicamente causado al Ayuntamiento de O Porriño, más allá de apuntar que el daño al patrimonio municipal es enorme. Tal y como manifiestan tanto el Ministerio Fiscal como el representante legal del Ayuntamiento, de lo actuado se deriva la ausencia de elementos constitutivos de la responsabilidad contable por alcance a los fondos públicos dado que no se cuestiona la efectiva realización de los servicios encargados por el Ayuntamiento”.

De seguido, o Tribunal de Contas do Reino resolve: “Primera: Inadmitir la acción pública ejercitada por D. Manuel Alejandro Lorenzo Alonso. Segunda: Declarar el archivo de las presentes Diligencias Preliminares, al no existir supuesto alguno de responsabilidad contable”.

 A alcaldesa Eva García, manifestou a súa “enorme satisfacción” pola resolución do Tribunal de Contas do Reino e que sirva de “exemplo para outros xulgados para que se arquiven todas as investigacións baseadas en denuncias sen fundamento”.

A alcaldesa indicou que a resolución do Tribunal de Contas do Reino “é un alivio ante a estratexia do PP de levarme permanentemente ante os tribunais, buscando crucificarme e non por que existan ilegalidades senón para poner permanentemente en cuestión a miña honestidade”, engadiu Eva Garcia.

A alcaldesa comprobou o avance das catas xeotécnicas para o proxecto de supresión do paso a nivel

A alcaldesa, Eva Garcia comprobou este mediodía o avance das catas que se realizan cara á redacción do estudo xeotécnico, estudio de alternativas, proxecto básico e de construtivo para suprimir o paso a nivel no centro do Porriño. 

Estes traballos realizanse polas empresas “GOC” e “Prointec”, adxudicatarias do contrato por un importe de 854.602,78 euros (IVE incluido).

Estudos e probas previas

O proxecto en redacción permitirá eliminar o paso a nivel existente na cabeceira sur da estación de O Porriño. Os traballos xeotécnicos na contorna do paso a nivel incluen a toma de mostras e o análise do chan mediante calicatas, penetrómetros e sondaxes.

Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño, que comprobou hoxe o desenvolvemento das catas, expresou o “agradecemento do Concello con Adif polo cumprimento dos compromisos adquiridos e pola búsqueda de financiamento a través da UE para materializar esta vella arela dos porriñeses”, segundo manifestou.

Cando remate o estudo xeotécnico, será posible no estudo das alternativas para determinar a solución máis axeitada para a supresión do paso a nivel.

Segundo adiantou ADIF, a futura actuación en O Porriño vai dispoñer de orzamentos a cargo dos fondos “Next Generation” da Unión Europea. 

A Concellería de Cultura ofrece o préstamo do piano de cola do Centro Cultural Municipal

O Concello do Porriño, dende a Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.

Os interesados deberán acreditar: Un mínimo de estudos relacionados coa música, a través da presentación da matrícula nun conservatorio, academia ou centro especializado ou titulo pertinente; e capacidade de manexo do instrumento a través dun vídeo ou enlace onde se mostre a experiencia no uso do piano. (No caso de non poder acreditar mediante estudos).   

 

Entre as condicións, a Concellería de Cultura estableceu que terán preferencia as alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música do Porriño, acreditándoo mediante a presentación da copia da matrícula, ou carta do seu profesor recomendando os ensaios co instrumento. Tamén terá prioridade as usuarias e usuarios menores de idade (ata 16 anos) deberán vir acompañadas dunha persoa adulta responsable.

O horario do centro para os ensaios será, de luns a venres, de mañá: de 10 a 12 hora, e de tarde: de 17 a 19 horas. O tempo máximo de duración do ensaio será de 2 horas por persoa. E poderán ensaiar un máximo de 3 persoas ao día.

As solicitudes faranse a través do correo electrónico cultura@oporrino.org indicando en asunto: solicitude de uso do piano, anexando o formulario normalizado e a documentación acreditativa pertinente en cada caso.

Para máis información consultar na web de Cultura.

Solicitude de uso do piano de cola

Celebración en Atios do Día das Letras Galegas 2021

 
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, colabora coa parroquia de Atios nos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2021.
 
O departamento que dirixe Cami Moreira informa que colabora coa Asociación Cultural “Os Penediños” de Atios nos actos organizados en homenaxe a Xela Arias e que se desenvolverán a partir das 16,30 horas e ao longo da tarde, segundo o programa que aparece na imaxe adxunta.
A subliñar, tamén, a colaboración da Deputación Provincial.
 

O Concello continúa coa celebración das Letras Galegas coa exposición “Poesía do retrato”

 
Despois de que a mocidade do IES Ribeira do Louro, fixera o proxecto plástico das lonas que están expostas no Centro Cultural Municipal e no Concello, desde o 6 deste mes podemos gozar dos poemas de Xela Arias e retratos do fotógrafo Xulio Gil que forman parte da exposición ““Poesía do Retrato” no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. Ata o 30 de maio.
 
A concelleira de Cultura, Cami Moreira, xa expresa no limiar do libro-catálogo da exposición, que :
“A poeta XELA ARIAS, foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.
A súa pegada, parte dun proxecto artístico onde encaixan harmonicamente novos espazos para a poesía, como son a fotografía, a música a pintura, verdadeiras coartadas que afondan no empoderamento do corpo feminino e na perspectiva de xénero.
A súa poesía son azoutes de vida descarnada, de palabra tensa e contida, lonxe do artificio e a retórica; puro corpo onde sentir a violencia da existencia humana na que irremediablemente nos construímos, nos destruímos e nos reconstruímos nun rodopío continuo, non exento da beleza da palabra que se fai voz, que se fai murmurio, que se fai berro, que se fai alento…”.
 
Con esta homenaxe do Concello do Porriño a Xela Arias tamén se recoñece a dimensión pública e comprometida, non só como poeta, senón tamén de quen sempre estivo posicionada a favor da lingua galega, de quen prestou a súa voz en mobilizacións cívicas, como as que se produciron pola marea negra do Prestige.
Innegable é a súa contribución, case como pioneira no labor da tradución á nosa lingua dos textos fundamentais da literatura universal.