A Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros organiza a terceira edición da Festa da Cervexa Artesanal do Val da Louriña. Comezará hoxe venres ás 20 horas coa actuación da escola de gaitas “Agarimo”. Logo pasarán polo escenario “The Turre’s Band” e “Aragonat Band”.
O sábado continuará a Festa da Cervexa Artesanal, a partir do mediodía amenizada pola actuación da charanga “Ronco&Fol” e con outras actuacións ó longo do día.
Para comer e lecer haberá cervexa artesá, obradoiros de elaboración, pulpeira, hamburguesas, empanada e tortilla así como postos de venda de artesanía.