A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, coa ocasión do Samaín anuncia que mañá sábado exporanse na rúas e nos arredores da Casa Consistorial, as cabazas decoradas por escolares de Primaria dos colexios do Porriño.
A temática foi libre e o material decorativo tamén. Non houbo restricións técnicas nin materiais, segundo informou a OMIX.
Os traballos xa rematados, un total de 205 cabazas, recolléronse hoxe venres en cada colexio participante.
Mañá sábado estarán expostos nas rúas da vila dende ás 12:00 ata ás 22 30 horas, a consecuencia da restrición horaria imposta polo toque de queda vixente na comunidade autónoma.
Entre as 22,30 e as 22,45 do sábado 31 de outubro, as/os nenas/nenos/pais/nais, que así o desexen poderán pasar a recuperar as súas cabazas. Por tratarse de pezas perecedoiras o concello non se fai responsable da súa integridade.
Os demais traballos serán recollidos por persoal do Concello para a súa posterior reciclaxe.