Deixamos unha selección de imaxes da exposición de cabazas decoradas por escolares de Primaria dos colexios do Porriño coa ocasión do Samaín, iniciativa promovida pola Concellería de Educación e a OMIX.

A temática  foi  libre e o material decorativo tamén. Non houbo restricións técnicas nin materiais. Recolléronse 205 cabazas, segundo informou a OMIX.