As imaxes que acompañan esta nova dan boa fe do exitazo que está a ter a recollida de alimentos que se realiza con motivo do #GivingTuesday e que continuará ata o vindeiro mércores día 11.


Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello de O Porriño tivo que se trasladar cara o Multiusos de Torneiros todos os alimentos que se recolleron ata de agora. A campaña nos colexios e institutos de Porriño foi impresionante, dando cumprimento ó acordo que acadara o último pleno infantil celenbrado pola mocedade porriñesa.
Tanto a responsable da OMIX como Lourdes Moure, concelleira de Educación volven a facer público un chamamento para que todos aqueles porriñeses e porriñesas que o desexen se anoten como voluntarios. Hai ainda por diante unha importante tarefa de clasificar e embalar todos estes productos para despois realizar a achega ás familias de Porriño máis necesitadas.

Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado poderán informarse e/ou inscribirse no Centro Cultural Municipal, ata o día 11 de decembro.

Ó mesmo tempo a Concellería de Educación e a OMIX, tomando como punto de partida esta experiencia do #GivingTuesday, anuncian a futura posta en marcha dun programa municipal de voluntariado.