Eva García de la Torre foi investida hoxe como alcaldesa do Porriño con maioría absoluta. Recibiu 9 votos (4 do PSOE, 2 do BNG, 2 de EU Son Porriño e 1 da UDDL) fronte ós 8 votos que acadou Manuel Alejandro Rodríguez, candidato do PP e que corresponderon ós concelleiros dese partido.
Eva García recibiu o bastón de mando da mesa de idade que presidiu a sesión constitutiva asesorados polo secretario municipal que proclamou o resultado da votación realizada en furna.


Nas súas primeras declaracións ó termo da sesión a alcaldesa reelecta para un novo mandato ata 2023 manifestou sentirse “feliz e cargada de responsabilidade porque Porriño é un concello que tén un enorme potencial e a carga de traballo é moi grande para acadar que Porriño sexa canto pode ser durante estes vindeiros catro anos”.
Con respecto ó inminente futuro a partir do luns 17, a alcaldesa reelixida sinalou que “imos seguir negociando para un goberno de coalición. Estamos avanzada nas conversas co BNG e agardo que academos un acordo”. “Agardo que teñamos por diante catro fructíferos, cheos de proxectos e obxetivos que cumprir para os veciños do Porriño”, fianlizou Eva García.